• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Boiro deixa escapar unha nova oportunidade de aproximarse á salvación

Abr 17 Escrito por 
BOIRO> Os boirenses non pasaron do empate a ceros ante o Palencia, un dos seus máximos rivais á hora de eludir o descenso.
Nova oportunidade malgastada polo Boiro no seu difícil camiño de amarrar a permanencia na categoría. O encontro de onte contra o Palencia estaba marcado coma crucial no calendario dos boirenses á falla de catro xornadas para o remate da competición ligueira. Ante si un rival cos seus mesmos apuros, metido tamén de cheo na loita para eludir o descenso. Os dous equipos sairon de inicio con medo, sabedores do que ambos conxuntos se xogaban. O adestrador local meteu no campo a todo o seu arsenal ofensivo consciente do que se xogaba e da importancia dos tres puntos. A primeira ocasión para o Boiro non tardaría en chegar. Un centro de Juampa non foi aproveitado por Rubén Rivera. A partir de ahí chegadas de unha a outra área con certo perigo, pero o marcador parecía non querer moverse. Antes do descanso Cano tería unha nova oportunidade para o Boiro, aínda que o seu remate pegaría no poste. Coa segunda metade, chegaba tamén a ocasión máis clara para os locais. Rubén Rivera despois de roubarlle o balón a un defensa plántase só nun man a man co meta visitante e o seu remate estrélase no longueiro. A partir de ahí o dominio do Boiro foi case absoluto. Os locais meteron ó Palencia practicamente no seu campo, pero o marcador xa non se movería do cero a cero inicial. Nos minutos finais do encontro, nunha xogada embarullada, o colexiado expulsou ó local Jimmy por un golpe fortuito coa plancha no peito dun rival. Cun menos os boirenses tiveron que resistir as embestidas finais dun Palencia que quería pero que tampouco podía. O Boiro cae unha posición, é décimo oitavo con 35 puntos, superado agora precisamente por un Palencia cos mesmos puntos pero co gol average a favor. Para atar a permanencia, ó Boiro quedaranlle catro partidos a priori complicados: Celta B, Pontevedra, Racing de Ferrol e Burgos. Polo que respecta ó resto de resultados dos equipos galegos cabe destacar unha nova vitoria do Celta B, esta vez ante o Coruxo, cero a catro, e segue compartindo liderato coa Cultural Leonesa. Un conxunto este último que superaba precisamente ó Racing de Ferrol por tres a un. Nesta xornada o Somozas, actual colista, deu a sorpresa e impúxose no outro derbi galego da xornada ó Pontevedra por un gol a cero.
Etiquetado como Barbanza    Deportes    CD Boiro    palencia    2ªb    grupo1    salvacion    permanencia    Fútbol   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O sorteo da Lotaría Nacional deixa trescentos mil euros en Ribeira
    RIBEIRA> A administración Número de Ribeira entregou o primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional deste xoves. A totalidade da serie, premiada con trescentos mil euros, vendeuse no restaurante Praia do Vilar moi frecuentado por turistas.
  • A escaseza de polbo dispara os prezos no mes de maior demanda
    A escaseza de capturas de polbo no mercado galego provocou unha escalada dos prezos deste cefalópodo que chegou a alcanzar os quince euros. A pesar destas contías non aptas para moitos petos, o produto segue tendo moita saída neste mes de agosto cando se incrementa notablemente a demanda. Off A pesar do bo arranque nas dúas primeira semanas trala veda, a campaña do polbo está a atravesar peores momento dada a escaseza do recurso. Tanto é asi, que algunhas embarcacións optaron por cambiar de arte. Inserto Escasean as capturas nun mes no que aumenta a demanda, especialmente por parte do sector hostaleiro. Estes dous factores inflúen no prezo que nas últimas semana acadou unha media de quince euros. Aínda así, os profesionais agardan a que a situación mellore da cara ós próximos meses, ó igal que acontecera o pasado ano cando a aparición de abundante cefalópodo a partir do mes de outubro fixo que se pechara a campaña cun dos mellores resultados dos últimos anos.
  • Entrebateas contará cun día máis de festival na súa segunda edición
    POBRA> Por segundo ano, a Pobra acollerá o festival Entre Bateas, promovido pola asociación cultural Xente ás Leiras. Desenvolverase a última fin de semana de agosto e contará cun día máis que na primeira edición.
  • Os praceiros de Ribeira opóñense á suba da taxa por ocupación de postos
    RIBEIRA> Malestar no seo da asociación de praceiros de Ribeira ante a suba das taxas por posto en máis dun trinta por cento. O presidente da entidade mantivo este mediodía unha xuntanza con responsables do concello para solicitar que se manteñan os prezos, que xa experimentaran un incremento co traslado ó novo mercado.
  • Os vándalos volven causar danos nos Muíños de Amendo
    RIBEIRA> Novos actos vandálicos na contorna dos muíños do río Amendo, na parroquia ribeirense de Carreira. Ademais de arrancar unha porta, os autores destes feitos destrozaron diverso mobiliario urbano así como ferramentas e maquinaria dos muíños.
  • IC Boiro súmase ás críticas polo proxecto de saneamento no río Breiro
    BOIRO> Ó igual que fixeran outros grupos da oposición, Iniciativa Cidadá de Boiro oponse ó proxecto de saneamento que se está a levar a cabo no río Breiro. Cualifícano de despilfarro e de atentado ecolóxico posto que supuxo a tala de numerosas árbores autóctonas.
HomeBARBANZA - NOIAO Boiro deixa escapar unha nova oportunidade de aproximarse á salvación Top of Page

Síguenos en facebook