• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A oposición pide un pleno extraordinario sobre as xuntas de concelleiros delegados

Abr 17 Escrito por 
PORTO DO SON> Os tres grupos da oposición en Porto do Son solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para dar conta das reunións de concelleiros delegados. A pesar das reiteradas peticións de información, denuncian que non contan coas actas destas xuntanzas nas que os edís están a ser remunerados, supoñendo un custo de dez mil euros no que vai de lexislatura.
Dende o comezo da lexislatura, os grupos da oposición puxeron en dúbida a legalidade deste órgano que, polo momento, leva custado preto de dez mil euros ás arcas municipais. A falla de explicacións por parte do executivo levounos a convocar un pleno extraordinario. Os grupos denuncian o escurantismo destas xuntas posto que tan só existen tres actas das numerosas reunións. Demandarán a elaboración dun informe por parte de secretaría municipal para determinar a legalidade destas xuntanzas. Ademais do gasto de cartos públicos, os grupos da corporación denuncian que este órgano está a adoptar acordos, cando non ten competencia para facelo. Pola súa banda, o alcalde declinou pronunciarse ó respecto polo que haberá que agardar á celebración do pleno extraordinario para que o goberno clarifique as dúbidas plantexadas pola oposición.
Etiquetado como Porto do Son    muros noia    Pleno Extraordinario   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PSOE sonense denuncia a obstrución ó seu labor de oposición
    PORTO DO SON> Os socialistas quéixanse de que, no que vai de ano, non se incluiron na orde do día dos plenos as súas iniciativas, a pesar de telas rexistradas en tempo e forma. Para o grupo municipal socialista esta situación é un exemplo máis da censura que está a levar a cabo o grupo de goberno cos grupos da oposición. Segundo eles no que vai de ano na orde do día dos plenos non se incluíu ningunha das súas mocións, presentadas en tempo e forma. Poñen como exemplo a situación vivida na última sesión plenaria na que faltaron as súas tres propostas, unha para dar viabilidade á piscina municipal, outra solicitando un plan municipal de educación e outra na que pedían mais medios materiais e formación para a loita contra a praga da vespa velutina. Despois de pedirlle as correspondentes explicacións ó equipo de goberno por esta situación, non descartan acudir ó Valedor, ante o que consideran un continuo entorpecemento ó seu labor coma concelleiros.
  • A Xunta inviste máis de trinta mil euros na mellora da accesibilidade no CEIP Santa Irene
    PORTO DO SON> A Xunta de Galicia investiu máis de trinta mil euros nas obras de mellora da accesibilidade do CEIP Santa Irene en Porto do Son. O delegado territorial na Coruña supervisou esta mañá os traballos consistentes na construcción dun baño adaptado e a dotación de rampas nos accesos ás aulas e á biblioteca.
  • A Feira Celta de Porto do Son potenciará a súa esencia castrexa
    O pasado celta de Porto do Son volverá a apoderarse da vila durante a última fin de semana deste mes. Máis de cento vinte postos de artesanía integrarán o mercado celta que estará amenizado por diversos grupos musicais e de animación. O programa complétase cos espectáculos de gran formato que terán lugar na praza Nova. Off Todo a punto en Porto do Son para a Feira Celta que entre o vinte e oito e o trinta de xullo devolvera a vila ás súas orixes. A inauguración oficial terá lugar o venres ás cinco da tarde cando abrirá as súas portas o mercado celta que este ano conta con máis postos e estenderase ó longo de máis rúas. Durante toda a fin de semana duendes, bufóns, elfos ou ananos percorrerán este mercado nos numerosos pasarrúas previstos. Ademais da animación haberá espectáculos de gran formato como Lenda ou Errantes que se desenvolverán principalmente pola noite. Desenvolverase ademais un campamento celta, a cargo de do grupo de recreación Hípica celta, onde recrearán a vida da sociedade castrexa coa organización de torneos de tiro con arco ou actividades de culto ós deuses. Inserto O concello decidiu este ano cambiar de empresa e apostar por Rivendel Mercados que a partir de agora asumirá a organización. A súa proposta está máis preto da temática celta polo que agardan manter a esencia coa que naceu a feira.
  • O Rompetiño Jump achegará a cultura urbana a Porto do Son
    PORTO DO SON> Máis de dez mil persoas achegaranse esta fin de semana ata Porto do Son para participar no Rompetiño Jump. Trátase dun evento de cultura urbana que combina música e deporte organizado pola firma textil ‘Rompiendo Clothing’ .
  • Máis dun cento de exemplares participarán no XVII Concurso Nacional Canino de Porto do Son
    PORTO DO SON> Os mellores cans de toda Galicia daranse cita este domingo en Porto do Son, onde se celebra a décimo sétima edición do Concurso Nacional Canino. A xornada previo terá lugar un monográfico sobre o dogo alemán con máis de cincuenta participantes.
  • Porto do Son converterase en sede dos Encontros Universitarios sobre Odontoloxía
    PORTO DO SON> Porto do Son acollerá entre o 29 de xuño e o 1de xullo as primeiras xornadas universitarias de odontoloxía. Acudirán ó redor dun cento de participantes de diversas universidades de España e Portugal.
HomeBARBANZA - NOIAA oposición pide un pleno extraordinario sobre as xuntas de concelleiros delegados Top of Page

Síguenos en facebook