• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os alumnos do CIFP Coroso viven os ralis da man de experimentados pilotos

Abr 18 Escrito por 
RIBEIRA> Os alumnos de automoción do Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso achegáronse ós segredos do mundo dos ralis da man de destacados pilotos galegos. Fixérono no marco das Xornadas Motor Competición.
A paixón polo mundo do motor que une ó equipo educativo do departamento de automoción do CIFP Coroso culminou coa organización destas xornadas. O obxectivo é achegar ós preto do oitenta alumnos do ciclo os pormenores das competicións automobilísticas. Ademais de observar as compoñentes e o mecanismo dos coches de rali, durante os tres días que duran as xornadas os alumnos terán ocasión de compartir as experiencias de destacados pilotos galegos. Esta mañá foron Manolo Senra e os irmáns Vallejo os que puxeron o aprendido na súa dilatada carreira ó servizo dos mozos ribeirenses. Nas próximas xornadas pasarán polo centro ribeirense outros nomes con grande peso nos ralis como Iván Ares ou Martín Bello.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    cifp coroso    Automobilismo    Rali   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • AMICOS aposta pola contaminación cero
    RIBEIRA> A asociación AMICOS converterase na primeira entidade de España en medir a súa pegada de carbono. Ó longo deste ano medirán as súas emisións de CO2 que compensarán ambientalmente coa prantación de árbores.
  • O sorteo da Primitiva de onte deixou un premio de 82 mil euros en Rianxo
    RIANXO> O boleto premiado con cinco acertos máis o complementario foi selado na administración ‘O Mexillón de Ouro’. Durante toda a mañá, nada máis ter coñecemento da nova, foron moitos os clientes desta administración de lotarías ‘O Mexillón de Ouro’, situada na rúa de Arriba, os que se achegaron a comprobar se o seu boleto era o que resultara agraciado no sorteo de onte da Primitiva. En total 82 mil euros. Cinco números máis o complementario. Polo de agora descoñecese a identidade do afortunado ou afortunados, aínda que todo apunta a que se trate de alguén da vila.
  • A alta mortaldade do berberecho compromete a súa recuperación en Arousa
    POBRA> Malas novas para os mariscadores de Arousa que confiaban na recuperación do berberecho de cara á presente campaña. Sen embargo, nas últimas semanas detectouse unha alta mortaldade da especie que fai pensar novamente na marteilia.
  • O proxecto de remodelación do mirador da Pedra da Rá opta a outro premio
    RIBEIRA> A obra de remodelación do mirador da Pedra da Rá en Ribeira volve a optar a un novo galardón, despois de facerse cos Premios FAD de Arquitectura e COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta vez opta ós VII Premios de Arquitectura Ascensores Enor. A obra deseñada por Carlos Seoane atópase entre as 21 obras finalistas a este certame cuxo fallo darase a coñecer no mes de novembro. Xunto ó miradoiro de Pedra da Rá, optan ó galardón o Museo das Coleccións Reais de Madrid, a Escola de Arquitectura do Antigo Hospital Militar de Granada ou o Auditorio de Lugo, entre outras.
  • Rianxo en Común critica o retraso na presentación dos orzamentos municipais
    RIANXO> Dende a formación acusan ó executivo de estar a incumprir a legalidade que obriga a telos presentados antes do 31 de decembro do ano anterior.
  • Os cativos de Ribeira descobren a súa vocación na Semana dos Oficios
    RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións.
HomeBARBANZA - NOIAOs alumnos do CIFP Coroso viven os ralis da man de experimentados pilotos Top of Page

Síguenos en facebook