• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O inicio da rexeneración do porto noiés é cuestión de días

Abr 18 Escrito por 
NOIA> Todo listo en Noia para o inicio das obras de rexeneración da zona portuaria. O presidente de Portos de Galicia visitará o peirao onde xa está instalada a maquinaria para executar a primeira fase do dragado.
A visita de José Juan Durán ten por obxecto das as últimas indicacións antes do inminente comezo dos traballos que permitirán dragar unha superficie duns vinte e cinco metros cadrados. A retirada dos residuos e dos lodos depositados nos fondos, que permanecerán temporalmente nunha balsa de decantación, permitirá recuperar a navegabilidade na zona portuaria. Aínda que o inicio desta actuación estaba previsto para o mes de decembro, o concello recolleu a petición da confraría de retrasala ata o peche da campaña marisqueira. Durante o desenvolvemento dos traballos realizarase a toma de mostraxes para constatar que as obras non poñen en risco as zonas produtivas. Esta primeira fase conta cun orzamento de preto de trescentos mil euros Enmárcase nun plan plurianual, presupostado en tres millóns de euros, a acometer en tres exercicios grazas ás achegas de Portos de Galicia e de Costas do Estado.
Etiquetado como Noia    MurosNoia    Portos de Galicia    rexeneracion ria   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PSOE sonense denuncia a obstrución ó seu labor de oposición
    PORTO DO SON> Os socialistas quéixanse de que, no que vai de ano, non se incluiron na orde do día dos plenos as súas iniciativas, a pesar de telas rexistradas en tempo e forma. Para o grupo municipal socialista esta situación é un exemplo máis da censura que está a levar a cabo o grupo de goberno cos grupos da oposición. Segundo eles no que vai de ano na orde do día dos plenos non se incluíu ningunha das súas mocións, presentadas en tempo e forma. Poñen como exemplo a situación vivida na última sesión plenaria na que faltaron as súas tres propostas, unha para dar viabilidade á piscina municipal, outra solicitando un plan municipal de educación e outra na que pedían mais medios materiais e formación para a loita contra a praga da vespa velutina. Despois de pedirlle as correspondentes explicacións ó equipo de goberno por esta situación, non descartan acudir ó Valedor, ante o que consideran un continuo entorpecemento ó seu labor coma concelleiros.
  • A mostra de curtas de 'Vila de Noia' recibe máis de 1.200 traballos
    NOIA> Esta pasada fin de semana remataba o prazo de presentación de traballos para a próxima edición do festival. Máis de 1.200 traballos. A maioría deles na sección de ficción. Unha cifra importante e que vén a demostrar o enorme interese que levanta este certame audiovisual. A súa procedencia do máis dispar. En total uns 42 países diferentes, entre os que se atopan a India, Hong Kong, Taiwan, Australia ou mesmo Canadá. Todos competirán por facerse coa estatuilla da Mostra de Curtas "Vila de Noia", que servirá como pasaporte para os próximos premios Goya, xa que este ano é festival volverá a ser colaborador. As curtametraxes seleccionadas serán anunciadas o próximo 9 de outubro e serán proxectadas durante a semana do festival, que terá lugar do 1 ó 11 de novembro.
  • Máis produtores arousáns traballarán este ano na campaña marisqueira de Noia
    NOIA> A razón que explica este éxodo é a merma de ingresos que padecen nas súas concesións. Algo chamativo pero totalmente legal. Nos últimos anos, e cada vez máis, as confrarías arousás están a notar unha baixa importante no número dos seus socios. Estas baixas coinciden ademais coa apertura da campaña extractiva en Noia prevista para este próximo luns. Os produtores arousáns alugan ou compran a armadores noieses a súa embarcación co permiso correspondente para poderen traballar nas súas concesións. O éxodo vén provocado fundamentalmente pola merma de ingresos no libre marisqueo. Algo totalmente legal. Trátase fundamentalmente de mariscadores de Rianxo, Cabo de Cruz, Cambados ou a Illa. As boas expectativas para o inicio da campaña en Noia provoca que cada vez sexan máis os que deciden cambiar de aires e buscarse a vida pagando importantes cantidades de diñeiro. E aínda así compénsalles.
  • Portos de Galicia inviste no Xufre uns 21.000 euros
    A ILLA> Portos de Galicia mellora as condicións de traballo no porto do Xufre na Illa de Arousa. O ente autonómico investiu nestas accións uns 21.000 euros, que tal e como lles diciamos, axudaran a mellorar as condicións dos traballadores que fan uso do porto.
  • O BNG aposta pola xestión directa da planta de compostaxe de Servia
    NOIA> Os nacionalistas fan esta solicitude a cinco anos vista para o remate da concesión que a Mancomunidade Serra do Barbanza mantén coa firma FCC. Para o BNG nestes anos da man de FCC vivíronse situacións esperpénticas, na que os máximos prexudicados polo servizo de recollida do lixo foron os propios veciños, queixándose do trato que a empresa dá ós concellos que integran Serra do Barbanza. Para os nacionalistas unha das mellores opcións sería a xestión directa do complexo. Ademais avogan por unha mellora do servizo que se presta a través da ampliación e renovación da planta de Servia, hoxe totalmente obsoleta, así como que se estude a viabilidade da entrada doutros concellos da zona á entidade como poden ser Rianxo, que xa mostrou interese, ou Outes.
  • Aposta decidida pola náutica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
    PONTEVEDRA> A aposta por potenciar Galicia como destino náutico é decidida. Esta mañá en Pontevedra presentouse o proxecto Ecodestin, que busca potenciar este sector na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A iniciativa, financiada con fondos europeos, conta con dous millóns de orzamento, e levarase en principio a dezasete portos galegos. Potenciar Galicia como destino náutico único e educativo é o obxectivo do Proxecto Ecodestin. A iniciativa busca integrar o patrimonio na oferta náutica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O plan conta cun investimento de máis de 2 millóns de euros, e desenvolverase dende o 2017 ao 2019. Combarro, Sanxenxo, Cabo da Cruz, Vilagarcía de Arousa ou Cambados son algúns dos portos galegos sobre os que actuará este plan, aos que se suman oito portugueses. A intención é atraer visitantes nacionais e, sobre todo, internacionais, facendo especial fincapé na promoción en Francia, Alemaña, Países Escandinavos e Norte América. Ofrecendo un produto completo e atractivo. Ademais deste proxecto, nas rías galegas xa funcionan os minicruceiros, os dez ferries previstos para o mes de setembro e as excursións en veleiro. Todo dando forma a unha oferta náutica que agarda estar a pleno rendemento o vindeiro ano.
HomeBARBANZA - NOIAO inicio da rexeneración do porto noiés é cuestión de días Top of Page

Síguenos en facebook