• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Noia acollerá este sábado unha velada de boxeo, kick boxing e K1 Profesional

Abr 18 Escrito por 
NOIA> A competición, organizada polo Club de Lucha Noia, arrancará ás oito e media tarde e incluirá combates profesionais e amateurs en distintos pesos e categorías.
Os amantes dos deportes de contacto terán unha cita este próximo sábado en Noia, no pavillón Alonso Rodríguez, coa celebración da ‘Fighters Noia’. Unha velada que incluirá combates de gran nivel en tres modalidades como son o boxeo, o e o K1 profesional. A actividade está organizada polo Club de Lucha Noia, que conta coa colaboración do concello noiés, e tamén de numerosas casas comerciais. A primeira competición en subir ó ring será boxeo coa disputa de dous combates da categoría xoven. Á esta seguiralle a modalidade de kick boxing, para rematar co k1 profesional, coa presenza de loitadores de talla internacional, algún deles Campión de Europa como o marroquí Mohamed Rizqi ou aspirantes ó título mundial como é o caso de Maikel García. Dende o Concello animaron ós veciños a acudir ese día a velada, xa que de seguro non defraudará a ninguén. O prezo das entradas será de 15 euros en silla e 10 en grada. Dende a organización agardan completar o aforo, con previsión duns mil asistentes.
Etiquetado como MurosNoia    Noia    Deportes    Boxeo    kickboxing    k1 profesional    club de lucha noia    moises hermo    maikel garcia   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Presentada a XX Carreira Popular de Ribeira
    RIBEIRA> Entre as novidades da proba, que terá lugar o próximo sábado 30 de setembro, figura o seu cambio de percorrido. Varias serán as novidades este ano na carreira popular de Santa Uxía. Unha delas será o cambio de percorrido para evitar así que se produzan as problemáticas restricións de tráfico no casco urbano da cidade. A proba, que este ano chega a súa vinte edición, forma parte do Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña e do Circuíto de Carreiras Arousa Norte. Nela tomarán parte tódalas categorías, dende o máis pequenos ós veteranos, prevéndose unha participación próxima o milleiro de corredores. As inscricións poderán realizarse ata o xoves 28 de setembro a través da web municipal www.riveira.gal ou en www.emesports.es.
  • O Carlos I Silgar distinguido como de garantía en turismo deportivo
    SANXENXO> O hotel Carlos I de Silgar recibiu o distintivo Sporttoury de mans da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Unha distinción que o acredita como un establecemento con garantías en turismo deportivo.
  • O PSOE sonense denuncia a obstrución ó seu labor de oposición
    PORTO DO SON> Os socialistas quéixanse de que, no que vai de ano, non se incluiron na orde do día dos plenos as súas iniciativas, a pesar de telas rexistradas en tempo e forma. Para o grupo municipal socialista esta situación é un exemplo máis da censura que está a levar a cabo o grupo de goberno cos grupos da oposición. Segundo eles no que vai de ano na orde do día dos plenos non se incluíu ningunha das súas mocións, presentadas en tempo e forma. Poñen como exemplo a situación vivida na última sesión plenaria na que faltaron as súas tres propostas, unha para dar viabilidade á piscina municipal, outra solicitando un plan municipal de educación e outra na que pedían mais medios materiais e formación para a loita contra a praga da vespa velutina. Despois de pedirlle as correspondentes explicacións ó equipo de goberno por esta situación, non descartan acudir ó Valedor, ante o que consideran un continuo entorpecemento ó seu labor coma concelleiros.
  • A mostra de curtas de 'Vila de Noia' recibe máis de 1.200 traballos
    NOIA> Esta pasada fin de semana remataba o prazo de presentación de traballos para a próxima edición do festival. Máis de 1.200 traballos. A maioría deles na sección de ficción. Unha cifra importante e que vén a demostrar o enorme interese que levanta este certame audiovisual. A súa procedencia do máis dispar. En total uns 42 países diferentes, entre os que se atopan a India, Hong Kong, Taiwan, Australia ou mesmo Canadá. Todos competirán por facerse coa estatuilla da Mostra de Curtas "Vila de Noia", que servirá como pasaporte para os próximos premios Goya, xa que este ano é festival volverá a ser colaborador. As curtametraxes seleccionadas serán anunciadas o próximo 9 de outubro e serán proxectadas durante a semana do festival, que terá lugar do 1 ó 11 de novembro.
  • Máis produtores arousáns traballarán este ano na campaña marisqueira de Noia
    NOIA> A razón que explica este éxodo é a merma de ingresos que padecen nas súas concesións. Algo chamativo pero totalmente legal. Nos últimos anos, e cada vez máis, as confrarías arousás están a notar unha baixa importante no número dos seus socios. Estas baixas coinciden ademais coa apertura da campaña extractiva en Noia prevista para este próximo luns. Os produtores arousáns alugan ou compran a armadores noieses a súa embarcación co permiso correspondente para poderen traballar nas súas concesións. O éxodo vén provocado fundamentalmente pola merma de ingresos no libre marisqueo. Algo totalmente legal. Trátase fundamentalmente de mariscadores de Rianxo, Cabo de Cruz, Cambados ou a Illa. As boas expectativas para o inicio da campaña en Noia provoca que cada vez sexan máis os que deciden cambiar de aires e buscarse a vida pagando importantes cantidades de diñeiro. E aínda así compénsalles.
  • O BNG aposta pola xestión directa da planta de compostaxe de Servia
    NOIA> Os nacionalistas fan esta solicitude a cinco anos vista para o remate da concesión que a Mancomunidade Serra do Barbanza mantén coa firma FCC. Para o BNG nestes anos da man de FCC vivíronse situacións esperpénticas, na que os máximos prexudicados polo servizo de recollida do lixo foron os propios veciños, queixándose do trato que a empresa dá ós concellos que integran Serra do Barbanza. Para os nacionalistas unha das mellores opcións sería a xestión directa do complexo. Ademais avogan por unha mellora do servizo que se presta a través da ampliación e renovación da planta de Servia, hoxe totalmente obsoleta, así como que se estude a viabilidade da entrada doutros concellos da zona á entidade como poden ser Rianxo, que xa mostrou interese, ou Outes.
HomeBARBANZA - NOIANoia acollerá este sábado unha velada de boxeo, kick boxing e K1 Profesional Top of Page

Síguenos en facebook