• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A flota de artes menores vese obrigada a devolver miles de quilos de xarda ó mar

Abr 19 Escrito por 
PORTO DO SON> O peche da pescaría da xarda na provincia da Coruña trae de cabeza á flota de artes menores. Á espera do reconto que determine si xa se esgotou o cupo, as embarcacións vense obrigadas a devolver miles de quilos ó mar.
Os mariñeiros viven esta situación con desesperación, ó ter que desprenderse das capturas da especie que abunda nestas datas en augas galegas e que lles aseguraría un xornal diario. E tamén con medo ante as multas ás que se enfrontan . Consideran insuficiente o cupo de quince por cento para pesca accidental posto que a flota artesanal non ocasiona ningún dano á pescaría. Así mesmo, entenden que a política de eliminación dos descartes cara á que camiña a UE non é coherente coa obriga de devolver as capturas ó mar. Cansos desta situación que se ven repetindo nos últimos anos xa recorreron á Federación de confrarías e ó Ministerio de Pesca. Polo momento, sen obter unha solución polo que xa non saben a que porta pechar.
Etiquetado como Porto do Son    MurosNoia    Marítima Pesca Marisqueo    artes menores   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PSOE de Lousame pide que os inmobles con usos agropecuarios non paguen o IBI
    LOUSAME> O PSOE de Lousame está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para conseguir a redución completa do IBI para aquelas propiedades destinadas a usos agropecuarios. Instan ó goberno municipal a establecer a máxima bonificación para este tipo de infraestruturas nun concello eminentemente rural.
  • Noia converterase en Agosto na sede internacional da Arpa
    NOIA> Noia acollerá entre o dous e o catro de agosto o Festival Internacional de Arpa. Nesta cuarta edición destaca a alta participación de artistas locais que compartirán escenario coas máis grandes figuras internacionais nesta disciplina.
  • Os pantaláns de Cabo de Cruz estarán rematados en setembro
    BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar .
  • Oposición ó peche do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes
    OUTES> A comunidade educativa anuncia que non parará ata conseguir a anulación da medida por parte de Educación. Con berros coma este....a comunidade educativa do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes oponse á decisión da consellería de Educación de pechar o centro para o vindeiro curso escolar. Unha decisión que ninguén agardaba e que mesmo os colleu por sorpresa, na véspera do inicio das vacacións. Visiblemente emocionada a directora do colexio, Mercedes Cereijo, relatáballe ó resto de profesores, pais, familiares e veciños en xeral, que esta mañá acudiron en masa ó colexio atendendo a chamada realizada pola ANPA, como foi o anuncio desa drástica decisión da Xefatura Territorial, abrindo as portas á fusión co outro colexio do Concello, o CEIP da Serra de Outes. Dende a ANPA non entenden as razóns que levan a Consellería a tomar esta decisión sen previo aviso, máxime cando hai prevista unha matricula duns 72 nenos para o curso que vén. Tampouco entenden que dende o Concello se mire para outro lado e non se respalden as súas reivindicacións. A súa idea é seguir mobilizándose ata conseguir que se anule esta medida que consideran inxusta. Ademais dos escritos remitidos á Consellería demandando un cambio de postura na súa decisión, unha das primeiras accións a realizar foi a recollida de sinaturas de xeito presencial e tamén a través da plataforma change.org.
  • A Garda Civil intervén preto dos mil litros de Coca-Cola en Noia
    NOIA> A Patrulla Fiscal da Garda Civil de Noia procedeu á realización de varias inspeccións administrativas en distintos establecementos de Porto do Son e Noia. Netes locais interviron máis de 2.600 botellas de vidro e máis de 1.300 botes de Coca Cola por carecer da correspondente información ó consumidor en lingua oficial, sendo a súa posible orixe danesa ou francesa. Durante as inspeccións os axentes tamén se fixeron con 192 paquetes de tabaco de contrabando. Todo o material incautado foi precintado nos propios establecementos quedando a disposición da propia autoridade sancionadora.
  • Sardiñas aptas para tódolos petos na véspera da noite de San Xoán
    BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente.
HomeBARBANZA - NOIAA flota de artes menores vese obrigada a devolver miles de quilos de xarda ó mar Top of Page

Síguenos en facebook