• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O xuíz decreta o arquivo provisional do caso Diana Quer e levanta o segredo de sumario

Abr 19 Escrito por 
RIBEIRA> O xulgado de Instrución Número Un de Ribeira decretou o sobresemento provisional da causa pola desaparición de Diana Quer e o levantamento do segredo de sumario. O xuíz notificáballe a decisión ós pais este mércores nas dependencias xudiciais de Ribeira.
A piques de cumprirse oito meses da desaparición de Diana Quer, o proceso penal queda paralizado temporalmente. O xuíz comunicaba esta mañá ós pais o sobresemento provisional da causa así como o levantamento do segredo de sumario. Facíao nas dependencias xudiciais de Ribeira a onde chegaban por separado. Ás once e media da mañá facía a súa entrada Diana López Pinel expresando o seu desexo de que non se alzase o segredo sumarial E media hora máis tarde chegaba Juan Carlos Quer que non quixo facer declaracións ata escoitar as resolucións do auto xudicial. A primeira en abandonar os xulagos foi a nai visiblemente afectada polo arquivo do caso. De igual modo, o pai expresou a súa tristeza por esta decisión que, aínda que respecta, non comparte. Solicitou ademais o máximo respecto para a súa filla ante o que cualificou de feito lamentable que lle podería ter acontecido a calquera familia. O sobresemento provisional non implica o fin da investigación por parte da Policía Xudicial que mantén abertas varias liñas de traballo. Sen embargo, a falta de probas contundentes que poidan sinalar un sospeitoso ou o móbil da desaparición levou ó xuíz a arquivar temporalmente o caso que podería reabrirse no momento en que aparezan novos indicios.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    sucesos    diana quer   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Boiro Novo lamenta a perda de subvencións para a rehabilitación de espazos públicos
    BOIRO> Dende a formación sinalan que, ó contrario que Rianxo, o equipo de goberno deixou pasar a convocatoria beneficiarse das subvencións para a rehabilitación das escolas unitarias de Praia Xardín e destinalas a vivendas sociais. Por outra banda Boiro Novo tamén se referiu a dous acordos plenarios aprobados por unanimidade hai dous anos que buscaban a rehabilitación integral da rúa Principal e que a día de hoxe seguen no esquecemento pola incapacidade do equipo de goberno de xestionalos.
  • Rianxo destinará as vivendas dos mestres a situacións de emerxencia social
    RIANXO> O concello de Rianxo rehabilitará o primeiro bloque das antigas vivendas dos mestres para o seu uso social. Destinaranse a persoas en situación de emerxencia ou en risco de exclusión que poderán habitalas de xeito puntual, á espera doutro recurso para garantir o seu benestar.
  • O RC Deportivo asina un convenio coas escolas de fútbol de Boiro
    BOIRO> A escola de fútbol municipal de Boiro vén de asinar un acordo de colaboración co Deportivo da Coruña. No marco deste acordo, desenvolveranse accións formativas, competicións, campus e mesmo saídas para asistir ós partidos do primeiro equipo.
  • Ribeira acollerá este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo
    RIBEIRA> Na proba tomarán parte os mellores taekwondistas galegos que agardan poder obter praza para o Nacional. O pavillón municipal da Fieiteira converterase este sábado pola mañá no centro de tódalas miradas para os afeccionados ó taekwondo coa disputa do Campionato Galego Absoluto. A cita está organizada polo club anfitrión, o Natural Sport e a Federación Galega de Taekwondo, e conta coa colaboración do propio Concello. No campionato tomarán parte un total de 25 clubs, ó redor de cento vinte loitadores, que competirán en distintos pesos e categorías. Del sairán ademais os representantes galegos que acudirán ó nacional. O club anfitrión participará neste torneo con varios loitadores, agardando facer un bo papel e repetir os éxitos acadados en anos anteriores, aínda que nesta ocasión non van de favoritos. Dende o executivo local destacaron a importancia que ten para a localidade o feito de poder acoller este tipo de probas, animando ós veciños a acudir ese día ó pavillón municipal. Aproveitarase este campionato para dedicalo tamén ó rexeitamento da violencia de xénero.
  • O PP pide explicacións sobre os usos da antiga escola do Camiño Ancho
    POBRA> Os populares denuncian que está a ser empregada coma vivenda social sen aprobarse aínda un regulamento municipal sobre os seus usos. Despois de presentar a correspondente denuncia na Policía Local, na que se constata a veracidade dos feitos. O PP decidiu presentar no Concello un escrito no que lle solicita ó goberno municipal a autorización outorgada a esa persoa para o uso desa dependencia municipal ou se as instalacións cumpren cos requisitos legais para o seu uso coma vivenda. Dende o Concello quixeron aclarar esta situación. O alcalde confirmou de que non é a primeira vez que se dá, e en anteriores ocasións xa se acolleu a outros veciños sen recursos ou que estaban pasando por dificultades.
  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
HomeBARBANZA - NOIAO xuíz decreta o arquivo provisional do caso Diana Quer e levanta o segredo de sumario Top of Page

Síguenos en facebook