09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O BNG da Pobra esixe a retirada dos postes na estrada de Roupión a Banda

Abr 19 Escrito por 
POBRA> O vial foi obxecto dunha mellora recentemente que supuxo a súa ampliación.
A ampliación do vial de acceso de Roupión a Banda, na parroquia de Santa Cruz, levada a cabo hai varios meses con cargo ós orzamentos municipais deixou unha imaxe bastante lamentable, cos postes de alumeado e telefonía no mesmo lugar no que estaban, no medio e medio da calzada. O BNG, que xa reclamara no seu día a ampliación da estrada, faise eco agora de novo do malestar dos veciños da zona por esta situación, pedíndolle ó equipo de goberno a súa intermediación coas respectivas compañías para que procedan á retirada dos postes. Dende o BNG apuntan a que a situación non provocou ata o de agora ningún incidente, pero está claro que a súa actual ubicación constitúe un risco evidente para a seguridade viaria.
Etiquetado como Barbanza    Pobra do Caramiñal    Bng    retirada    postes    telefonia    alumeado   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • A Pobra acollerá este sábado un espectáculo de homenaxe a Valle e a García Martí
    POBRA> A actividade, organizada pola Asociación Cultural Eiradela, mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional . ‘Un mar de historias de Valle-Inclán a García Martí’. Este é o novo espectáculo que nos ofrece a asociación Cultural Eiradela, que será presentado ó público este próximo sábado ás oito da tarde no teatro Elma. A proposta xurde ademais para homenaxear a dous dos escritores máis ilustres. O espectáculo mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional, así como fotografía, xa que se proxectarán imaxes antigas, moitas delas dos propios fondos do museo Valle-Inclán. O espectáculo dará comezo ás oito da noite. A entrada será de balde ata completar aforo.
  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
  • Cinco colexios e unha asociación cultural colaboran no festival de Cáritas de Ribeira
  • Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos
    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal.
  • A asociación Ondiñas Mainas reproduce Rianxo nun belén de ganchillo
    RIANXO> Este sábado inaugurábase en Rianxo o belén organizado pola asociación Ondiñas Mainas. Non se trata dun nacemento ó uso senón que está elaborado integramente con figuras de ganchillo e representa os personaxes e lugares máis senlleiros da vila.
HomeBARBANZA - NOIAO BNG da Pobra esixe a retirada dos postes na estrada de Roupión a Banda Top of Page

Síguenos en facebook