09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O goberno da Pobra nega un mal funcionamento no Centro de Atención ó Discapacitado

Abr 19 Escrito por 
POBRA> Saen así ó paso das denuncias realizadas por varios pais de usuarios que tiveron que deixar de acudir ó centro ó comunicárselle que tiñan preferencia os nenos menores de seis anos.
O edil de servizos Sociais. Miguel Alamancos, e a directora do CAD, Julia Rey, compareceron en rolda de prensa para aclarar a polémica suscitada a raíz das queixas dun grupo de pais de nenos usuarios do centro, ós que se lles comunicou que os seus fillos tiñan que deixar de asistir ó servizo de atención temperá que se presta nas instalacións, ó ter prioridade os menores de seis anos. Dende o Concello sinalan que os nenos son dados de alta do servizo cando cumpren os seis anos porque así o esixe o propio decreto da Xunta polo que se rexe, aínda que poden seguir participando nas outras actividades que se desenvolven no centro. Dende Servizos Sociais apúntase a que en ningún momento se deixou a ningunha familia desatendida. É máis decidiu facerse unha aposta firme por este servizo que mesmo no último ano permitiu a contratación dunha logopeda.
Etiquetado como Barbanza    Pobra do Caramiñal    CAD    mal funcionamentp    servizo    atencion    nenos    0 a 6 anos    queixas   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • A Pobra acollerá este sábado un espectáculo de homenaxe a Valle e a García Martí
    POBRA> A actividade, organizada pola Asociación Cultural Eiradela, mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional . ‘Un mar de historias de Valle-Inclán a García Martí’. Este é o novo espectáculo que nos ofrece a asociación Cultural Eiradela, que será presentado ó público este próximo sábado ás oito da tarde no teatro Elma. A proposta xurde ademais para homenaxear a dous dos escritores máis ilustres. O espectáculo mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional, así como fotografía, xa que se proxectarán imaxes antigas, moitas delas dos propios fondos do museo Valle-Inclán. O espectáculo dará comezo ás oito da noite. A entrada será de balde ata completar aforo.
  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
  • Cinco colexios e unha asociación cultural colaboran no festival de Cáritas de Ribeira
  • Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos
    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal.
  • A asociación Ondiñas Mainas reproduce Rianxo nun belén de ganchillo
    RIANXO> Este sábado inaugurábase en Rianxo o belén organizado pola asociación Ondiñas Mainas. Non se trata dun nacemento ó uso senón que está elaborado integramente con figuras de ganchillo e representa os personaxes e lugares máis senlleiros da vila.
HomeBARBANZA - NOIAO goberno da Pobra nega un mal funcionamento no Centro de Atención ó Discapacitado Top of Page

Síguenos en facebook