• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Oleada de roubos na Pobra esta madrugada

Abr 19 Escrito por 
POBRA> A situación xa puxo en estado de alerta a numerosos comerciantes e hostaleiros da vila que reclaman maiores medidas de vixilancia.
A librería Ler, na céntrica rúa da Paz, foi precisamente un dos brancos dos ladróns esta pasada noite. Os amigos do alleo entraron no establecemento despois de romper a luna do escaparate cunha pedra de grandes dimensións. Unha vez no interior foron a pola caixa rexistradora. O botín neste caso non foi alto, apenas unhas moedas que podería haber de cambio. O que máis lle doe ó seu propietario son os cuantiosos danos causados. Este non foi o único establecemento asaltado. Durante a noite os ladróns tamén entraron nunha tenda de informática na zona do Lagar, unha tenda de deportes no centro Comercial o Adro e nunha cafetería da Alameda. A situación está a provocar unha certa alarma na vila, polo que os empresarios e hostaleiros piden o incremento da vixilancia para evitar este tipo de sucesos. Policía Local e Garda Civil investigan xa a posible autoría destes roubos. Segundo as primeiras hipóteses todo parece indicar que se trata da mesma persoa ou persoas, na maioría dos casos reicidentes.
Etiquetado como Barbanza    Pobra do Caramiñal    Roubos    libraria ler    Malestar    alarma    Vixilancia   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Sardiñas aptas para tódolos petos na véspera da noite de San Xoán
    BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente.
  • Nove expositores achegan as últimas novidades literarias a Ribeira na III Feira do Libro
    RIBEIRA> Inaugurada oficialmente a Feira do Libro de Ribeira. Nesta terceira edición conta con nove expositores que permanecerán na praza do concello ata o domingo. Tódolos libreiros ofrecerán un descontó do dez por cento nas compras e haberá actividades de animación.
  • Leiceaga pide maior implicación da Xunta no deseño dun Plan de Xestión Marisqueira
    RIANXO> O voceiro do PSdeG-PSOE fixo esta mañá unha visita ós Lombos do Ulla, a onde acudiu en compaña de varios patróns maiores e representantes de Confrarías arousás para analizar a caída da produción nesta zona de libre marisqueo. No encontro mantido en Rianxo, Fernández Leiceaga aludiu tamén á necesidade de que se estremen os controis de contaminación na Ría e que se actualicen os estudos sobre a produtividade marisqueira na zona, xa que os últimos foron realizados hai xa quince anos. Máis duro se mostrou o patrón maior rianxeiro, Miguel Ángel Iglesias, quen xunto as patroas maiores de Vilanova e Cabo de Cruz, María José Vales e Raquel Soto, respectivamente, acompañou ó voceiro socialista na súa visita ós Lombos do Ulla. Iglesias reclamou actuacións urxentes para mellorar a produtividade dos Lombos e por extensión a de toda a Ría, da que viven moitas familias. O patrón maior rianxeiro lamentou tamén que a campaña do ano que vén vai estar condicionada pola escasa produtividade, polo que, segundo el, será novamente un ano perdido.
  • A Pobra presenta o seu programa deportivo de verán
    POBRA> Entre as actividades ofertadas destaca o obradoiro de conciliación ‘Móvete’, destinado a nenos dos tres ós doce anos. O programa deseñado polo departamento de Deportes pobrense para este verán inclúe actividades do máis variado, dirixidas a tódalas idades, dende os máis pequenos ata os adultos, desenvolvéndose nas instalacións deportivas municipais, na praia de Cabío ou noutras zonas do entorno natural do Concello. Como en anos anteriores a programación estará dividida en varios apartados: escolas deportivas de clubs, actividades para adultos, actividades no mar e na praia ou competicións deportivas nas que se incluirán o torneo de fútbol praia 3x3, o torneo de xadrez, a regata de traíñas bandeira Concello da Pobra ou a milla urbana nocturna, entre outras. A maiores tamén se ofertarán os obradoiros de conciliación ‘Móvete’, destinados a nenos dos tres ós doce anos. Dende o Concello animan a participar nas actividades. Para máis información os interesados poden dirixirse ó Departamento de Deportes pobrense cuxas oficinas atópanse ubicadas na casa de Cultura Raquel Fernández Soler
  • Malestar veciñal en Palmeira pola posible instalación dunha antena de telefonía móbil
    RIBEIRA> O BNG de Ribeira recolle a preocupación dos veciños de Palmeira pola instalación dunha antena de telefonía móbil preto do campo de fútbol. Segundo os nacionalistas na dita zona xa existe outra antena, mais a que se pretende instalar agora vai ser moito máis potente e non se está tendo en conta a opinión da veciñanza para a súa colocación. Tanto o BNG como os propios veciños consideran que a dita instalación podería situarse nun lugar máis afastado e reducir as radiacións electromagnéticas que poden prexudicar a saúde. Os nacionalistas teñen intención ademais de realizar unha pregunta ó respecto no pleno do próximo luns para coñecer se a empresa xa solicitou permiso para a instalación da dita antena.
  • Ánxela Franco visita as melloras acometidas pola Deputación na residencia de AMICOS
    BOIRO> A deputada provincial, Ánxela Franco, visitou as instalación da residencia de AMICOS en Comoxo. Grazas a unha achega da Deputación, procedeuse á pavimentación do exterior do centro e dotouse dun xerador eléctrico para garantir o correcto subministro.
HomeBARBANZA - NOIAOleada de roubos na Pobra esta madrugada Top of Page

Síguenos en facebook