• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Rianxo en Común critica o proceso de municipalización do servizo de abastecemento de auga

Abr 20 Escrito por 
RIANXO> Dende a formación denuncian o retraso do equipo de goberno na posta en marcha da comisión que ía estudar este proceso, a escasos meses xa do vencemento da prórroga do contrato dada hai un ano á actual empresa concesionaria do servizo.
Dende a súa chegada á corporación, Rianxo en Común vén apostando pola municipalización do servizo de abastecemento de auga no municipio, pero observan como dende o grupo de goberno se está a ralentizar o proceso, a escasos meses xa do vencemento da prórroga do contrato dada hai un ano á actual empresa concesionaria do servizo. En pleno o pasado ano acordouse a creación dunha comisión que se encargaría de elaborar un informe para o cambio de modelo, aínda que a súa aprobación de constitución non se produciu ata o pasado mes de marzo. Dende Rianxo en Común aluden á necesidade de recuperar para o público o servizo de abastecemento de auga, na súa aposta de xestión dos bens básicos baseados en criterios de ben común e tamén de sustentabilidade, pero tamén de aforro, ó considerar que sería máis beneficiario para os veciños. Pola súa banda o alcalde, Adolfo Muíños, negou que non existise interese por parte do equipo de goberno na municipalización do servizo, todo o contrario. Segundo el nestes últimos anos estiveron precisamente a darse os pasos para conseguir este cambio de modelo de xestión.
Etiquetado como Barbanza    Rianxo    rianxo en comun    anton castro    municipalizacion    servixo abastecemento auga    retraso    contrato    comision   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O BNG da Pobra denuncia a falla de transparencia nos contratos e compras do Concello
    POBRA> Os nacionalistas fanse eco destas presuntas irregularidades, ás que mesmo o propio interventor municipal pon reparos. Dende o BNG consideran que se trata de algo bastante habitual por parte do actual goberno de Nós Pobra á hora de realizar calquera tipo de compra ou contrato. Por esta razón pídenlle ó executivo que deixe de realizar estas prácticas a todas luces irregulares, e se axuste á normativa vixente e as propias recomendacións que lle fai o propio servizo de intervención municipal.
  • Novo acto vandálico en Ribeira contra o patrimonio municipal
    RIBEIRA> Nesta ocasión o ataque producíase no edificio do centro social existente na parroquia de Carreira. Segundo informaron fontes do propio goberno local, despois dunha primeira inspección nas instalacións os desperfectos poderían ascender a uns trinta mil euros. Ademais da rotura de varios vidros da carpintería exterior, os destrozos afectaron ó cadro eléctrico, no alumeado de emerxencia e noutros mecanismos coma enchufes e interruptores. A situación obrigará ó executivo a retrasar o inicio da última e definitiva fase de construción do inmoble. Unha actuación xa adxudicada que estaba a piques de iniciarse por importe duns 213 mil euros. o Concello deberá agora habilitar unha partida económica para arranxar todos estes desperfectos. O Concello xa denunciou este lamentable suceso na Policía Nacional co fin de dar co paradoiro do posible ou posibles autores.
  • Presentada a XX Carreira Popular de Ribeira
    RIBEIRA> Entre as novidades da proba, que terá lugar o próximo sábado 30 de setembro, figura o seu cambio de percorrido. Varias serán as novidades este ano na carreira popular de Santa Uxía. Unha delas será o cambio de percorrido para evitar así que se produzan as problemáticas restricións de tráfico no casco urbano da cidade. A proba, que este ano chega a súa vinte edición, forma parte do Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña e do Circuíto de Carreiras Arousa Norte. Nela tomarán parte tódalas categorías, dende o máis pequenos ós veteranos, prevéndose unha participación próxima o milleiro de corredores. As inscricións poderán realizarse ata o xoves 28 de setembro a través da web municipal www.riveira.gal ou en www.emesports.es.
  • Concello e ARE promoven a campaña 'En Rianxo, ao noso xeito'
    RIANXO> A inicitiva busca a dinamización do comercio e a hostalería local, ó tempo que fomentar o uso do galego. Marchamo de calidade e promoción do galego. As áreas de Promoción Económica e o Servizo de Normalización Lingüística de Rianxo xunto coa Asociación Rianxeira de Empresarios son os promotores desta novidosa campaña baixo o lema ‘En Rianxo, ao noso xeito’. Trátase dunha iniciativa que ten unha dobre finalidade. Por unha banda a dinamización do comercio e a hostalería da vila, e por outra fomentar o uso do galego. A campaña terá varias fases ó longo do ano. A primeira delas levarase a cabo de inmediato e consistirá no reparto dunhas pegatinas identificativas co lema da campaña, así como tamén outros produtos. Na iniciativa tomarán parte non só aqueles locais hostaleiros e comercios integrados na ARE, senón que estará aberta a tódolos establecementos que o desexen.
  • Os fogos do Nazareno foron aprazados para o sábado por mor do tempo
    POBRA> A Pobra despediu onte pola noite as festas do Nazareno despois de catro días de celebracións. Polo día, como vén sendo tradición, a xornada estivo dedicada especialmente ós máis pequenos. Aínda así boa parte das actividades previstas no programa víronse condicionadas por mor do tempo. Xa pola noite a chuvia, que caeu por momentos a mesta néboa, obrigaron tamén á suspensión da gran tirada de fogos artificiais no paseo do Areal, que pon o broche final ós festexos. A comisión de festas do Divino Nazareno decidiu a última hora aprazar o espectáculo pirotécnico para a noite do sábado. Si se mantivo a verbena, a cargo da orquestra Olympus que reuniu na Praza Maior a multitude de persoas.
  • Hostaleiros de Ribeira recadan 650 euros en favor de SOGAPS
    RIBEIRA> Na iniciativa colaboraron oito establecementos da localidade que destinaron o 10% da caixa feita o pasado sábado 2 de setembro a partir das once da noite. Este é o momento no que Antonio Lijó, en nome dos hostaleiros dos oito establecementos que participaron nesta iniciativa lle facía entrega do cheque á presidenta da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla. A axuda, que ascendeu a uns 635 euros, foi recadada durante a noite do pasado sábado 2 de setembro e corresponde co 10% da caixa feita neses locais despois das once da noite. A iniciativa tivo tamén unha gran acollida entre os clientes. Dende SOGAPS agradeceuse a iniciativa e a colaboración por parte deste grupo de hostaleiros de Ribeira. A axuda será destinada a un proxecto deportivo máis ambicioso que ten previsto poñer en marcha a entidade. Os oitos locais que participaron nesta campaña foron o Bar Plaza, A Recoveira, Ventos Vellos, O Niño do Cuco, Oliver & Stanley, Chiringuito Pedra Pateira, A Galeguiña e O Noite Lounge.
HomeBARBANZA - NOIARianxo en Común critica o proceso de municipalización do servizo de abastecemento de auga Top of Page

Síguenos en facebook