• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Máis de trescentos escolares participan na I Marcha Ciclista de Boiro

Abr 21 Escrito por 
BOIRO> Máis de trescentos escolares de Boiro de idades comprendidas entre os sete e os nove anos de distintos centros educativos tomaron esta mañá coas súas bicicletas as rúas do casco urbano. Tratábase da primeira Marcha Ciclista Escolar organizada polo equipo de educación vial da Policía Local e tiña como principal finalidade poñer en práctica os coñecementos adquiridos ó longo do curso nas clases. A marcha partiu ás once da mañá dende a propia Praza do Concello. Houbo dous percorridos, un para os mais pequenos, de pouco mais de un quilómetro, atravesando as rúas peonís, e outro máis longo, de cinco, que chegou ata Escarabote. Ataviados cos seus respectivos cascos e co seu flamante chaleco, que lle foi entregado pola organización a cada participante, disfrutaron dunha xornada fóra do habitual. Acompañando ós cativos no seu percorrido, o propio alcalde, Xoán Xosé Dieste, que non quixo perderse a convocatoria, e que mesmo encabezou a marcha durante case todo o percorrido.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    i marcha ciclista de boiro    Escolares    educacion vial   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O novo libro de X.V. Domínguez bate record de vendas na Feira do Libro de Ribeira
    RIBEIRA> Con doce libros ás costas, José Vicente Domínguez segue a afrontar cada nova publicación coa mesma ilusión. A súa última novela ‘Por mucho que ahora me quieran’ vén de presentarse na Feira do Libro de Ribeira con gran éxito de vendas.
  • Os pantaláns de Cabo de Cruz estarán rematados en setembro
    BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar .
  • O BNG de Boiro defende a súa xestión na construción do aparcadoiro de Anegral
    BOIRO> O BNG de Boiro respostou ás críticas formuladas polo alcalde en relación ó mal estado en que deixou o anterior goberno a praza da Boqueira de ANegral. Acusan ademais ó actual goberno de querer darlle un uso privado a esta infraestrutura.
  • Sardiñas aptas para tódolos petos na véspera da noite de San Xoán
    BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente.
  • Nove expositores achegan as últimas novidades literarias a Ribeira na III Feira do Libro
    RIBEIRA> Inaugurada oficialmente a Feira do Libro de Ribeira. Nesta terceira edición conta con nove expositores que permanecerán na praza do concello ata o domingo. Tódolos libreiros ofrecerán un descontó do dez por cento nas compras e haberá actividades de animación.
  • Leiceaga pide maior implicación da Xunta no deseño dun Plan de Xestión Marisqueira
    RIANXO> O voceiro do PSdeG-PSOE fixo esta mañá unha visita ós Lombos do Ulla, a onde acudiu en compaña de varios patróns maiores e representantes de Confrarías arousás para analizar a caída da produción nesta zona de libre marisqueo. No encontro mantido en Rianxo, Fernández Leiceaga aludiu tamén á necesidade de que se estremen os controis de contaminación na Ría e que se actualicen os estudos sobre a produtividade marisqueira na zona, xa que os últimos foron realizados hai xa quince anos. Máis duro se mostrou o patrón maior rianxeiro, Miguel Ángel Iglesias, quen xunto as patroas maiores de Vilanova e Cabo de Cruz, María José Vales e Raquel Soto, respectivamente, acompañou ó voceiro socialista na súa visita ós Lombos do Ulla. Iglesias reclamou actuacións urxentes para mellorar a produtividade dos Lombos e por extensión a de toda a Ría, da que viven moitas familias. O patrón maior rianxeiro lamentou tamén que a campaña do ano que vén vai estar condicionada pola escasa produtividade, polo que, segundo el, será novamente un ano perdido.
HomeBARBANZA - NOIAMáis de trescentos escolares participan na I Marcha Ciclista de Boiro Top of Page

Síguenos en facebook