• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Boiro inicia co Celta B o seu particular vía crucis cara a permanencia

Abr 21 Escrito por 
BOIRO> Á falla de catro xornadas para o remate da competición os boirenses ocupan praza de descenso directo. Son décimo oitavos con 35 puntos.
O Club Deportivo Boiro enfrontarase este domingo ó Celta B. O choque antóllase complicado para os de Fredi que necesitan imperiosamente a vitoria se queren continuar o ano que vén na división de bronce do fútbol español. Ó partido non chega no seu mellor momento, con sete xornadas sen coñecer o trunfo. Todo o contrario que un Celta B, con pleno de vitorias nos últimos oito partidos disputados, o que o situou líder desta 2ª B, empatado a puntos co Racing de Santander. Na ida en Barraña os vigueses impuxéronse por un claro un a catro. O encontro, cuxo comezo está fixado para o domingo ás doce da mañá, seguro reunirá a moitos afeccionados boirenses que se achegaran a Vigo a presenciar o choque. Nesta xornada destacar tamén o dobre enfrontamento entre equipos galegos como e o caso do duelo ferrolán entre o Racing de Ferrol e o Somozas e o dos pontevedreses Pontevedra co Coruxo.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    Deportes    Fútbol    CD Boiro    celta b    2ªb    grupo1    permanencia   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O BNG esixe solucións ante unha nova vertedura no río Listres
    RIBEIRA> Para os nacionalistas a actitude do goberno local non está a ser a apropiada, acusándoo de actuar con pasividade ante esta problemática. Atendendo a unha denuncia dos propios veciños da zona, o BNG vén de facerse eco dun novo vertido de augas residuais no río Listres, nos Areeiros. Segundo os nacionalistas o foco do problema parece ser, unha vez máis, o aliviadoiro do tanque de tormenta existente no lugar. O BNG criticou a pasividade do Concello con este problema e as escasas solucións que se lles están a dar ós veciños afectados. A través dun escrito presentado no Concello, o BNG pídelle ó goberno local que solicite a Augas de Galicia o informe realizado sobre esta vertedura e se ten pensado esixir algunha responsabilidade a quen corresponda por este suceso.
  • O Barbanza sofre tamén o 'domingo negro' de lumes
    BOIRO> O incendio afectou a varias zonas da parroquia de Cures. Durante a tarde-noite chegou a activarse a situación dous debido á proximidade das lapas ás vivendas. Un dos primeiros focos producíase na zona da Figueira. Ó mediodía, a columna de fume e lapas, avanzaba a velocidade de vertixe pola serra do Barbanza, axudada polas altas temperaturas e a forza do aire. Os medios terrestres apenas podían facer nada nesa zona de difícil acceso, e os aéreos, tampouco, debido ás condicións de vento existente. Ás nove da noite a situación empeorou. Nese tempo e segundo as primeiras estimacións de Medio Rural levaban ardidas xa máis de noventa hectáreas. Xa era, sen dúbida, o maior incendio dos que se levan rexistrado na comarca no que vai de ano. O lume estaba totalmente incontrolado e a situación facíase, cada vez, máis complicada xa que as lapas aproximábanse a varios núcleos de vivendas como é o caso de Balteiro e Lidón. Foi nese momento, entrada xa a noite cando se decretou o nivel de alerta dous debido á proximidade do lume a casa. Para os veciños deste último núcleo boirense foron momentos de gran tensión e medo, xa que as lapas avanzaban cara as súas casas. A pesar do medo vivido, non houbo que lamentar danos persoais, e tampouco tiveron que desaloxar as súas vivendas, grazas ó traballo dos equipos de emerxencias, que pasaron toda a noite na zona. O incendio de Cures non foi o único que se rexistraba esta pasada fin de semana no Barbanza. En Ribeira producíanse tamén varios lumes, aínda que a menor escala, que afectaron á zona de salmón, en Oleiros, e tamén a Palmeira, obrigando a mobilizar a estas dúas zonas a varios equipos de extinción.
  • O Arousa lévase ó derbi ante o Boiro
    BOIRO> Os vilagarciáns impúñanse ó Boiro en Barraña por cero goles a dous. Os tantos dos de Jorge Otero foron obra de Yerai e Javi Pazos. Cunha ampla presenza de afeccionados nas bancadas do municipal de Barraña, onte domingo disputouse o derbi comarcal entre o Boiro e o Arousa, que rematou co resultado final de cero a dous. Aínda así, e a pesar da diferenza no marcador, resultou un partido vibrante, no que os boirenses non foron inferiores ó seu rival. No inicio os de Jorge Otero sairon máis enchufados ó partido, levando o dominio no xogo. Foi nestes primeiros minutos de xogo cando se producía ademais a nota tráxica, coa lesión de Taboada, despois de recibir un testarazo de Sidibé na disputa dun balón aéreo. O xogador boirense tivo que abandonar o partido e foi trasladado a un centro hospitalario onde en observacións pasou a noite, aínda que á mañá xa foi dado de alta. O lance obrigou a suspender o choque uns minutos. O parón favoreceu ó Boiro que a partir de aí iniciou o seu dominio. A pouco para o remate da primeira parte producíase tamén unha das xogadas claves, que puido cambiar o signo do partido. O brasileiro Igor caía dentro da área tras un choque, aínda que o colexiado non interpretou nada. A xogada foi moi protestada polos locais e tamén na bancada. Eran os mellores momentos do Boiro. Co resultado de cero a cero chegaríase ó descanso. Xa na segunda parte máis do mesmo. Os dous equipos intentaban facerse co dominio do xogo pero sen apenas perigo na área rival. A falta de quince minutos para o final do partido, o Arousa conseguiría adiantarse. Unha xogada por banda de Suso, Javi Pazos e Yerai, acabou co balón nos pés deste último que de tiro cruzado enviaba o balón ó fondo das mallas. Era o cero a un. O tanto deixou noqueado ó Boiro que tres minutos máis tarde vería de novo perforada a súa portería. Esta vez Javi Pazos, que recibía só no segundo pau, enviaba o balón a dentro da portería. Sen tempo para a recuperación, o Boiro vía como se lle escapaba o partido. Os tres puntos sitúan ó Arousa na novena praza con catorce puntos, os mesmos que ten o Boiro, que agora se ve superado polos vilagarciáns na clasificación. Na próxima xornada, o Arousa recibirá na Lomba ó Barbadás, mentres que o Boiro enfrontarase ó Alondras.
  • O executivo boirense proxecta a renovación integral da rúa Francisco del Río
    BOIRO> A obra, que será executada en dúas fases, ascende a uns 142 mil euros, que irán con cargo ó remanente de tesourería do pasado exercicio 2016. Trátase dunha das rúas do casco urbano boirense máis degradadas, e que a día de hoxe presenta un peor estado, de aí que o executivo decidira realizar unha actuación importante que supoña a renovación non só estética, senón tamén de mellora de servizos, co separativo de auga e saneamento e a instalación de novas canalizacións. A reforma virá a poñer fin definitivo tamén ós os fallos existentes na rede de sumidoiros e ás continuas roturas nas tubaxes da rede de abastecemento de auga. A actuación enmárcase no plan deseñado polo Concello de cara a ir humanizando, na medida do posible, o casco urbano, como se fixo anteriormente coas rúas Norberto Pizjuan e Pablo Iglesias, na rúa Bao, na Estatuto de Galicia ou na Fernández Mato entre outras. O inicio das obras será inmediato, xa que a actuación deberá estar rematada a finais deste mesmo ano.
  • Novo acto vandálico nos muíños de Amendo
    RIBEIRA> Nesta ocasión os destrozos afectaron ó tellado, ás portas e ó interior dun dos muíños alí emprazados. Nesta ocasión foi unha veciña que transitaba polo lugar a que deu a voz de alarma, informando á propietaria do acontecido. Unha vez alí, a dona do muíño comprobou cos seus propios ollos o estado no que se atopaban as instalacións, restauradas hai algúns anos da man da consellería de Medio Ambiente. A varanda de madeira existente na zona de acceso ós muíños fora arrancada, como tamén o foron varias das portas que dan acceso ó seu interior. Aínda así os danos máis graves producíanse na cuberta, onde os vándalos deixaron un gran buraco despois de romper e destrozar numerosas tellas. Á espera dunha valoración máis pormenorizada por parte de técnicos especialistas en restauración, para determinar con exactitude o alcance dos danos, e se puideron mesmo afectar a partes importantes do muíño, a propietaria xa formalizou esta mañá a correspondente denuncia na comisaría da Policía Nacional cuxos axentes xa iniciaron unha investigación para tratar de esclarecer todo o acontecido e dar co posible ou posibles autores destes feitos.
  • Todo a punto para a celebración do XVII Campionato internacional de Taekwondo Cidade de Ribeira
    RIBEIRA> A cita, organizada polo club Natural Sport, reunirá na localidade a máis dun milleiro de taekwondistas chegados dende diferentes clubs de Galicia, España e tamén Portugal. Máis dun milleiro de taekwondistas chegados dende diferentes clubs de ámbito autonómico, nacional e mesmo internacional, coa presenza de clubs portugueses, daranse cita esta próxima fin de semana no pavillón polideportivo da Fieiteira para tomar parte na décimo sétima edición do Campionato Internacional Cidade de Riveira. A cita, que será puntuable a nivel galego e nacional, aglutinará a diversas modalidades como é o combate, a técnica, o freestyle ou mesmo as exhibicións. Dende a organización destacaron o alto nivel participativo neste torneo, así como tamén as novidades dos sistemas electrónicos a empregar na competición. Dende o Concello animaron a acudir durante a fin de semana á Fieiteira a presenzar un espectáculo deportivo do máis alto nivel. Dende a organización destacaron a colaboración do Concello, así como tamén das distintas empresas patrocinadoras que fan posible este campeonato. Dende o Natural tamén anunciaron que a Federación lle outorgou a eles a organización do próximo Campionato Galego Absoluto a celebrar o 16 de decembro.
HomeBARBANZA - NOIAO Boiro inicia co Celta B o seu particular vía crucis cara a permanencia Top of Page

Síguenos en facebook