• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O executivo pobrense remodelará o salón de actos do ISM para convertelo nunha sala de estudo

Abr 21 Escrito por 
POBRA> O novo espazo complementará as necesidades dos usuarios no horario no que a biblioteca estea pechada.
O executivo pobrense estuda reconverter o salón de actos do ISM en sala de lectura. Actualmente está en negociacións coa Tesourería da Seguridade Social propietaria do edificio co fin de chegar a un acordo que permita acometer esta actuación. Dende o Concello apuntan a que o proxecto viría a dar resposta ás necesidades dos propios veciños que demandaban un espazo destas características. O espazo viría ademais a complementar as necesidades dos usuarios naqueles momentos nos que a biblioteca permaneza pechada. Para acometer esta actuación, que non tería un custe moi elevado, o Concello empregaría parte do remanente de tesourería previsto para esta anualidade.
Etiquetado como Barbanza    Pobra do Caramiñal    Obras    ISM    sala de lectura   
Modificado por última vez no Venres, 21 Abril 2017 16:34

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • AMICOS aposta pola contaminación cero
    RIBEIRA> A asociación AMICOS converterase na primeira entidade de España en medir a súa pegada de carbono. Ó longo deste ano medirán as súas emisións de CO2 que compensarán ambientalmente coa prantación de árbores.
  • O sorteo da Primitiva de onte deixou un premio de 82 mil euros en Rianxo
    RIANXO> O boleto premiado con cinco acertos máis o complementario foi selado na administración ‘O Mexillón de Ouro’. Durante toda a mañá, nada máis ter coñecemento da nova, foron moitos os clientes desta administración de lotarías ‘O Mexillón de Ouro’, situada na rúa de Arriba, os que se achegaron a comprobar se o seu boleto era o que resultara agraciado no sorteo de onte da Primitiva. En total 82 mil euros. Cinco números máis o complementario. Polo de agora descoñecese a identidade do afortunado ou afortunados, aínda que todo apunta a que se trate de alguén da vila.
  • A alta mortaldade do berberecho compromete a súa recuperación en Arousa
    POBRA> Malas novas para os mariscadores de Arousa que confiaban na recuperación do berberecho de cara á presente campaña. Sen embargo, nas últimas semanas detectouse unha alta mortaldade da especie que fai pensar novamente na marteilia.
  • O proxecto de remodelación do mirador da Pedra da Rá opta a outro premio
    RIBEIRA> A obra de remodelación do mirador da Pedra da Rá en Ribeira volve a optar a un novo galardón, despois de facerse cos Premios FAD de Arquitectura e COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta vez opta ós VII Premios de Arquitectura Ascensores Enor. A obra deseñada por Carlos Seoane atópase entre as 21 obras finalistas a este certame cuxo fallo darase a coñecer no mes de novembro. Xunto ó miradoiro de Pedra da Rá, optan ó galardón o Museo das Coleccións Reais de Madrid, a Escola de Arquitectura do Antigo Hospital Militar de Granada ou o Auditorio de Lugo, entre outras.
  • Rianxo en Común critica o retraso na presentación dos orzamentos municipais
    RIANXO> Dende a formación acusan ó executivo de estar a incumprir a legalidade que obriga a telos presentados antes do 31 de decembro do ano anterior.
  • Os cativos de Ribeira descobren a súa vocación na Semana dos Oficios
    RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións.
HomeBARBANZA - NOIAO executivo pobrense remodelará o salón de actos do ISM para convertelo nunha sala de estudo Top of Page

Síguenos en facebook