• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Tres empresas radicadas en Ribeira sancionadas con multas millonarias por pesca ilegal

Abr 21 Escrito por 
RIBEIRA> As investigacións iniciáronse xa no verán de 2015 no marco da denominada ‘Operación Sparrow 2’.
O Goberno Español vén de sancionar con preto dos dous millóns e medio de euros a tres empresas radicadas en Ribeira e outras tres en Vigo no marco da denominada ‘Operación Sparrow 2’ contra a pesca ilegal. A multa vese ademais incrementada noutros 2’8 millóns máis a seis persoas encargadas desras firmas, supostamente propietarias de dous buques que se dedicaban á pesca pirata en augas do océano Antártico: o Viking e o Seabull 22, os dous xa fóra de servizo. As investigacións remóntanse xa a xullo de 2015, con rexistros realizados nas sedes destas empresas, nas que se atopou abundante documentación que descubríu o entramado empresarial dirixido principalmente a ocultar ás autoridades a propiedade e a xestión destes dous barcos. Algunhas destas firmas xa estaban relacionadas entre sí e mesmo entre os propietarios dos barcos, que ó longo dos anos foron pasando por diferentes empresas, nomes e bandeiras, existiu conexión con Vidal Armadores, empresa ribeirense que xa fora sancionada anteriormente por estas prácticas ilegais cunha multa de preto dos 18 millóns de euros polo ministerio de Agricultura e Pesca. Tanto o Viking como o Seabull 22 foron sorprendidos mentras pescaban en aguas reguladas pola Convención sobre a Conservación de Recursos Vivos Mariños Antárticos merluza negra, de gran valor comercial.
Etiquetado como Barbanza    Ribeira    pesca ilegal    multas millonarias    operacion sparrow 2   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIATres empresas radicadas en Ribeira sancionadas con multas millonarias por pesca ilegal Top of Page

Síguenos en facebook