• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O BNG sonense denuncia un novo vertido de augas residuais ó mar

Abr 24 Escrito por 
PORTO DO SON> Segundo os nacionalistas é un problema que se dá con bastante frecuencia no municipio, polo que instan ó equipo de goberno a dirixir maior investimento a mellorar o a rede municipal de saneamento.
Para os nacionalistas trátase dun exemplo máis da política medioambiental que está a desenvolver o equipo de goberno nos máis de seis anos á fronte da alcaldía. Neste caso o punto de vertido de augas fecais directamente ó mar producíase no cruce da rúa da Igrexa coa rúa Monte do Sino, entre as praias do Cruceiro e Subigrexa. Por esta razón, dende o BNG sonense esíxenlle ó goberno municipal que nos orzamentos deste ano sexan contempladas diversas partidas económicas para arranxar estes problemas existentes na rede xeral de saneamento. Para os nacionalistas é moi importante realizar investimentos en novas actuacións pero consideran que é tamén importante o mantemento e a boa conservación das obras que xa están realizadas, poñendo como exemplo a situación na que se atopa actualmente o ximnasio do Pavillón de Santa Irene, o colexio de Caamaño, o Centro de Interpretación das Lagoas de Xuño e e San Pedro de Muro ou a pésima limpeza da rede de sumidoiros do casco urbano do Son, entre outros.
Etiquetado como Barbanza    MurosNoia    Porto do Son    Vertido    cruceiro    subigrexa    augas residuais   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAO BNG sonense denuncia un novo vertido de augas residuais ó mar Top of Page

Síguenos en facebook