• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Boiro fulmina ó Celta B

Abr 24 Escrito por 
BOIRO> Os de Fredi, que foron moi superiores ó seu rival durante todo o partido, continúan coa fe da permanencia.
Capaz do mellor e tamén do peor. Unha de cal e outra de area. O Boiro conseguía onte en Barreiro unha vitoria salvadora, que lle dá aínda esperanzas para a salvación á falla tan só de tres xornadas para o remate da competición. a permanencia está agora a un só punto. As cousas non pintaban ben de principio para os boirenses que chegaban a Vigo con sete xornadas sen coñecer a vitoria. Ante si un dos rivais máis fortes da categoría. Líder do grupo ata esta xornada, que acumulaba tamén oito trunfos consecutivos. Dende un primeiro momento os de Fredi sairon a polo partido, mostrándose moi superiores a un rival ó que acabaron vencendo por un claro cero a tres. O primeiro gol do Boiro chegaba no minuto 24 de partido, grazas a un tanto do seu dianteiro Rubén Rivera ó cabecear ó fondo das mallas un saque de esquina. A partir de aí o dominio pasou para os celestes, que se fixo dono do balón, pero sen xerar apenas perigo na área defendida por Pato. O Boiro ben pechado atrás si creaba perigo nas saídas. Xa na segunda metade, ó pouco da reanudación, chegaba o segundo tanto dos boirenses, obra nesta ocasión de Marcos Álvarez, que foi quen de resolver un contragolpe moi ben levado por Cano. O gol caeu coma un xarro de auga fría para o filial celeste que onte non encontrou en ningún momento o seu xogo e apenas inquietou a meta visitante. O terceiro tanto do Boiro, nesta ocasión de Romay, no 68, deixaba xa o definitivo cero a tres no marcador. Os boirenses seguen en postos de descenso directo, pero teñen a salvación a un punto. Na próxima xornada recibirán en Barraña ó sempre difícil Pontevedra. Equipo que esta fin de semana non pasaba do empate a uns co Coruxo, aínda que consegue manter acuarta praza con dereito a xogar o play off de ascenso. O outro derbi galego da xornada, o que enfrontou ó Racing de Ferrol e o Somozas saldouse tamén con empate, neste caso a ceros.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    Deportes    Fútbol    CD Boiro    celta b    2ªb    permanencia   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Boiro Novo pide mellorar os problemas de climatización da escola infantil do Saltiño
    BOIRO> Boiro Novo levará ó Parlamento, a través do grupo de En Marea, os problemas de climatización na Escola Infantil do Saltiño. Segundo apuntan dende a súa posta en funcionamento, no curso 2015-2016, as instalacións presentan este problema debido ás altas temperaturas que se rexistran no edificio, especialmente nos días de moito sol, provocando situacións incómodas nos nenos que poden mesmo ocasionar problemas de saúde. Por esta razón pídenlle á Xunta a instalación dun sistema de climatización que dea solución a estes problemas.
  • Calidade e excelencia resumen a xestión da Marina Cabo de Cruz
    BOIRO> O presidente de Portos de Galicia participou no izado das bandeiras azuis e Q de calidade no Náutico de Cabo de Cruz. O porto deportivo recibe estes distintivos por quinto ano consecutivo, en recoñecemento á excelencia na xestión e na calidade ambiental.
  • Ribeira quenta motores para a concentración tunning desta fin de semana
    RIBEIRA> Entre cincuenta e sesenta coches participarán na oitava concentración tunning Riveira. Terá lugar o un e o dous de xullo na explanada de Coroso, onde se entregarán ó redor de oitenta trofeos entre os participantes.
  • O ciclo 'Chanzas na Rúa' levará a Ribeira a catro dos mellores monologuistas galegos
    RIBEIRA> Este venres arranca en Ribeira o novo ciclo de monólogos Chanzas na Rúa. Catro humoristas levarán ó seu espectáculo a diferentes prazas da vila ó longo de todo o mes.
  • O condutor dunha motocicleta resulta ferido en Frións
    RIBEIRA> No accidente, que tiña lugar na estrada DP-7301 que une Xarás con Carreira, víronse implicados un turismo e unha motocileta. O suceso producíase ó redor das once e media desta mañá, na estrada DP-7301 que une Xarás con Carreira, no lugar de Frións, a escasos metros do Instituto Leliadoura. No accidente víronse implicados unha motocicleta de gran cilindrada e un turismo. Por causas polo de agora descoñecidas, que están a ser investigadas polo grupo de Atestados da Garda Civil de Tráfico, a moto colidiu lateralmente contra o vehículo. Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos da Policía Local e do Grupo Municipal de Emerxencias, así como unha ambulancia do 061, que se encargou de trasladar ó condutor da motocicleta ata o hospital, aparantemente en bo estado. A condutora do outro vehículo resultou ilesa. Durante varias horas, mentres se procedeu á realización dos traballos de retirada dos vehículos implicados no choque e tamén a limpeza da vía, a estrada estivo regulada polos axentes da Garda Civil de Tráfico.
  • O BNG interesarase no Parlamento polas deficiencias do peirao de Corrubedo
    RIBEIRA> Os nacionalistas reclamarán diversas actuacións no porto como é o caso da construción de chabolas para os mariñeiros. O BNG de Ribeira trasladoulle ó seu grupo parlamentario as queixas dos mariñeiros de Corrubedo en relación ás deficiencias que presenta actualmente o porto da localidade, esixíndolle á Xunta de Galicia que dé expliacións sobre o seu estado de abandono e que se habiliten partidas orzamentarias para o seu arranxo e mellora. Entre outras actuacións reclaman a construción de chabolas para poderen traballar baixo cuberto e non baixo as inclemencias do tempo. Ademais solicitarán tamén a reparación das escaleiras, a sinalización viaria para evitar que os vehículos aparquen diante da rampla ou a mellora da iluminación na zona portuaria.
HomeBARBANZA - NOIAO Boiro fulmina ó Celta B Top of Page

Síguenos en facebook