• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O BNG de Ribeira denuncia o mal estado das Avenida das Carolinas e o Malecón

Abr 25 Escrito por 
RIBEIRA> O BNG de Ribeira denuncia o mal estado de conservación da avenida das Carolinas e do Malecón, dúas das principais vías de acceso ó centro urbano. Xa que son titularidade de Portos de Galicia, esixen ó ente autonómico un maior esforzo no seu mantemento. No caso contrario, demandan a cesión ó concello.
O paseo das Carolinas e a Avenida do Malecón presentan na actualidade un avanzado estado de deterioro no firme con fochancas que supoñen un risco para a circulación. Tralas demandas formuladas polo BNG, Portos de Galicia ten proxectada unha actuación de mellora a acometer antes do verán. Sen embargo, os nacionalistas entenden que as vías deben contar cun mantemento regular e non agardar a que os grupos municipais teñan que reclamar unha intervención. Así, lembran a Portos de Galicia a necesidade de cumprir coas súas obrigas. De non ser así, propoñen a cesión da titularidade ó concello de Ribeira que actualmente xa asume os custos de alumeado e limpeza das zona por ser de interese xeral.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    Bng   
Modificado por última vez no Mércores, 26 Abril 2017 10:14

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O sorteo da Lotaría Nacional deixa trescentos mil euros en Ribeira
    RIBEIRA> A administración Número de Ribeira entregou o primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional deste xoves. A totalidade da serie, premiada con trescentos mil euros, vendeuse no restaurante Praia do Vilar moi frecuentado por turistas.
  • A escaseza de polbo dispara os prezos no mes de maior demanda
    A escaseza de capturas de polbo no mercado galego provocou unha escalada dos prezos deste cefalópodo que chegou a alcanzar os quince euros. A pesar destas contías non aptas para moitos petos, o produto segue tendo moita saída neste mes de agosto cando se incrementa notablemente a demanda. Off A pesar do bo arranque nas dúas primeira semanas trala veda, a campaña do polbo está a atravesar peores momento dada a escaseza do recurso. Tanto é asi, que algunhas embarcacións optaron por cambiar de arte. Inserto Escasean as capturas nun mes no que aumenta a demanda, especialmente por parte do sector hostaleiro. Estes dous factores inflúen no prezo que nas últimas semana acadou unha media de quince euros. Aínda así, os profesionais agardan a que a situación mellore da cara ós próximos meses, ó igal que acontecera o pasado ano cando a aparición de abundante cefalópodo a partir do mes de outubro fixo que se pechara a campaña cun dos mellores resultados dos últimos anos.
  • Entrebateas contará cun día máis de festival na súa segunda edición
    POBRA> Por segundo ano, a Pobra acollerá o festival Entre Bateas, promovido pola asociación cultural Xente ás Leiras. Desenvolverase a última fin de semana de agosto e contará cun día máis que na primeira edición.
  • Os praceiros de Ribeira opóñense á suba da taxa por ocupación de postos
    RIBEIRA> Malestar no seo da asociación de praceiros de Ribeira ante a suba das taxas por posto en máis dun trinta por cento. O presidente da entidade mantivo este mediodía unha xuntanza con responsables do concello para solicitar que se manteñan os prezos, que xa experimentaran un incremento co traslado ó novo mercado.
  • Os vándalos volven causar danos nos Muíños de Amendo
    RIBEIRA> Novos actos vandálicos na contorna dos muíños do río Amendo, na parroquia ribeirense de Carreira. Ademais de arrancar unha porta, os autores destes feitos destrozaron diverso mobiliario urbano así como ferramentas e maquinaria dos muíños.
  • IC Boiro súmase ás críticas polo proxecto de saneamento no río Breiro
    BOIRO> Ó igual que fixeran outros grupos da oposición, Iniciativa Cidadá de Boiro oponse ó proxecto de saneamento que se está a levar a cabo no río Breiro. Cualifícano de despilfarro e de atentado ecolóxico posto que supuxo a tala de numerosas árbores autóctonas.
HomeBARBANZA - NOIAO BNG de Ribeira denuncia o mal estado das Avenida das Carolinas e o Malecón Top of Page

Síguenos en facebook