• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A ameixa e o percebe substitúen ó ourizo en Aguiño

Abr 25 Escrito por 
RIBEIRA> Tralo espectacular peche da campaña do ourizo nas confrarías de Aguiño e Ribeira, cunha facturación superior ós novecentos mil euros, o sector busca agora novas saídas. Á apertura de varios bancos de ameixa súmase a ampliación da zona do traballo do percebe.
O remate da campaña do ourizo, que nos últimos meses, converteuse nun dos recursos principais dos mariscadores de Aguiño, fai que a confraría busque diversificar a actividade a través da apertura de novas zonas. É o caso do percebe. Actualmente, os profesionais de Aguiño traballan por terra entre Espiñeirido e Xuño, unha zona na que non abundan as capturas. De cara ó verán, a confraría abrirá as inmediacións das Illas Atlánticas onde se atopa o percebe de mellor calidade.
Etiquetado como Aguiño    Ribeira    ourizo    Percebe    Marítima Pesca Marisqueo   
Modificado por última vez no Mércores, 26 Abril 2017 10:18

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O proxecto de remodelación do mirador da Pedra da Rá opta a outro premio
    RIBEIRA> A obra de remodelación do mirador da Pedra da Rá en Ribeira volve a optar a un novo galardón, despois de facerse cos Premios FAD de Arquitectura e COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta vez opta ós VII Premios de Arquitectura Ascensores Enor. A obra deseñada por Carlos Seoane atópase entre as 21 obras finalistas a este certame cuxo fallo darase a coñecer no mes de novembro. Xunto ó miradoiro de Pedra da Rá, optan ó galardón o Museo das Coleccións Reais de Madrid, a Escola de Arquitectura do Antigo Hospital Militar de Granada ou o Auditorio de Lugo, entre outras.
  • Os cativos de Ribeira descobren a súa vocación na Semana dos Oficios
    RIBEIRA> A escola infantil municipal ‘Cativos’ de Ribeira celebra a Semana dos Oficios. Os pequenos reciben a visita dalgúns pais de alumnos que lles desvelan os segredos das súas respectivas profesións.
  • Deteñen a un mariñeiro polaco por causar destrozos na residencia de Ribeira
    RIBEIRA> Susto na residencia do maior de Ribeira que esta fin de semana foi vítima dun acto vandálico.
  • Comezan as obras do novo vial no Hospital da Barbanza
    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio das obras de rectificación do vial situado a carón da área de Urxencias do Hospital da Barbanza. A actuación, cun orzamento de máis de 45 mil euros, permitirá unha vez concluída poder iniciar as obras de ampliación do complexo hospitalario, ó incorporarse nela a zona cuberta pola que actualmente entraban as ambulancias. As obras Terán un prazo de execución dun mes e a seu custe será asumido polas propias arcas municipais.
  • Vox Ánima denuncia a agresión a un voluntario do colectivo animalista
    RIBEIRA> Un voluntario da asociación animalista Vox Ánima sufriu unha agresión cando viña de repartir material informativo nun colexio. Denuncia que os ocupantes dun vehículo lle tiraron unha botella con lixivia que impactou sobre el e o seu can.
  • A confraría de Noia retira catrocentos quilos de depredadores diariamente
    A confraría de Noia traballa dende o mes pasado na limpeza dos bancos marisqueiros. Retiran unha media de catrocentos quilos diarios de depredadores para protexer a abundante cría nas súas concesións. Ante as boas perspectivas, a intención do pósito é adiantar a apertura da campaña a principios de setembro.
HomeBARBANZA - NOIAA ameixa e o percebe substitúen ó ourizo en Aguiño Top of Page

Síguenos en facebook