• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Malestar en Noia ante a falla de información polo inicio das obras de rexeneración da Ría

Abr 25 Escrito por 
NOIA> Os tres grupos da oposición: BNG, PSOE e Marea veñen de esixirlle ó equipo de goberno a convocatoria urxente da Comisión de Mar onde tratar este asunto.
O inicio esta semana das obras de rexeneración da Ría está a suscitar un enorme malestar en Noia, principalmente nos tres grupos que conforman a oposición neste Concello. BNG, PSOE e Marea critican ó equipo de goberno pola falla de información ó respecto. Os tres grupos esixen a convocatoria urxente da Comisión de Mar, aludindo a un compromiso adquirido polo propio executivo de convocar a este órgano con carácter previo ó comezo de calquera actuación. Nun comunicado feito público polas tres forzas falan tamén do acordo acadado en pleno por unanimidade de tódolos grupos para que se que se realizaran as xuntanzas informativas necesarias e se estableceran tódalas medidas de seguridade posibles para evitar picos de contaminación na Ría que puidesen afectar ós bancos marisqueiros. Segundo eles, este acordo está sendo incumprido, o que está a xerar unha enorme preocupación, non só entre os grupos da oposición, senón tamén entre o propio sector do mar. Precisamente a Plataforma en Defensa da Ría de Muros e Noia vén de mostrar tamén o seu malestar polo inicio desta actuación, criticando o feito de que non os tiveran informado con anterioridade sobre o que se tiña pensado facer e as medidas de seguridade medioambiental que se van a levar a cabo. Por esta razón dende Plademar piden tamén a paralización das obras de dragado ata que se cumpra co acordo plenario e se informe ós veciños sobre o proxecto que se vai a levar a cabo.
Etiquetado como MurosNoia    Noia    Obras    Rexeneración    ria    falla informacion    Malestar    Oposición    plademar   
Modificado por última vez no Martes, 25 Abril 2017 21:51

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • 72 traballos e un investimento de 41 millóns de euros conforman o mapa de obras do concello
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra e o concelleiro de Obras mantiveron esta tarde unha reunión coas tres Federacións das Asociacións de veciños do concello. O obxectivo deste encontro é o de informarlles sobre o plan de obras municipais que están en execución, en tramitación ou en redacción. Son un total de 72 traballos que suman un investimento de 41 millóns de euros.
  • O edifico xudicial da Parda estará listo para finais do 2018
    Pontevedra> Para finais do 2018 estará listo o novo edificio xudicial da Parda. Unha instalación que entrará en funcionamento, tal e como confirmou o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, a comezos do 2019. Esta mañá tocou visita oficial para coñecer de primeira man o estado das obras, levan certo retraso, pero dende a empresa construtora comprometéronse a cumprir os prazos.
  • O PSOE sonense denuncia a obstrución ó seu labor de oposición
    PORTO DO SON> Os socialistas quéixanse de que, no que vai de ano, non se incluiron na orde do día dos plenos as súas iniciativas, a pesar de telas rexistradas en tempo e forma. Para o grupo municipal socialista esta situación é un exemplo máis da censura que está a levar a cabo o grupo de goberno cos grupos da oposición. Segundo eles no que vai de ano na orde do día dos plenos non se incluíu ningunha das súas mocións, presentadas en tempo e forma. Poñen como exemplo a situación vivida na última sesión plenaria na que faltaron as súas tres propostas, unha para dar viabilidade á piscina municipal, outra solicitando un plan municipal de educación e outra na que pedían mais medios materiais e formación para a loita contra a praga da vespa velutina. Despois de pedirlle as correspondentes explicacións ó equipo de goberno por esta situación, non descartan acudir ó Valedor, ante o que consideran un continuo entorpecemento ó seu labor coma concelleiros.
  • A mostra de curtas de 'Vila de Noia' recibe máis de 1.200 traballos
    NOIA> Esta pasada fin de semana remataba o prazo de presentación de traballos para a próxima edición do festival. Máis de 1.200 traballos. A maioría deles na sección de ficción. Unha cifra importante e que vén a demostrar o enorme interese que levanta este certame audiovisual. A súa procedencia do máis dispar. En total uns 42 países diferentes, entre os que se atopan a India, Hong Kong, Taiwan, Australia ou mesmo Canadá. Todos competirán por facerse coa estatuilla da Mostra de Curtas "Vila de Noia", que servirá como pasaporte para os próximos premios Goya, xa que este ano é festival volverá a ser colaborador. As curtametraxes seleccionadas serán anunciadas o próximo 9 de outubro e serán proxectadas durante a semana do festival, que terá lugar do 1 ó 11 de novembro.
  • Máis produtores arousáns traballarán este ano na campaña marisqueira de Noia
    NOIA> A razón que explica este éxodo é a merma de ingresos que padecen nas súas concesións. Algo chamativo pero totalmente legal. Nos últimos anos, e cada vez máis, as confrarías arousás están a notar unha baixa importante no número dos seus socios. Estas baixas coinciden ademais coa apertura da campaña extractiva en Noia prevista para este próximo luns. Os produtores arousáns alugan ou compran a armadores noieses a súa embarcación co permiso correspondente para poderen traballar nas súas concesións. O éxodo vén provocado fundamentalmente pola merma de ingresos no libre marisqueo. Algo totalmente legal. Trátase fundamentalmente de mariscadores de Rianxo, Cabo de Cruz, Cambados ou a Illa. As boas expectativas para o inicio da campaña en Noia provoca que cada vez sexan máis os que deciden cambiar de aires e buscarse a vida pagando importantes cantidades de diñeiro. E aínda así compénsalles.
  • O PP tumba calquera posibilidade de construír un centro de día en Rianxo
    RIANXO> Os populares opuxéronse onte á proposición de lei presentada por En Marea na que se solicitaba a creación deste servizo para o municipio. E hoxe facían o propio tamén cunha pregunta formulada polo BNG sobre este mesmo asunto. Con certa tristura os membros da plataforma procentro de día de Rianxo recollían a nova. Por segunda vez, a primeira a proposta do grupo socialista, o Partido Popular opúñase no Parlamento á construción do centro de día da localidade. Neste caso a solicitude partía de En Marea que presentou unha proposición non de Lei na que instaba á consellería de Política Social a escoitar as demandas dos veciños e orzamentar para o vindeiro ano 2018 a construción deste servizo tan importante para o municipio. O PP votou en contra xustificando a súa postura novamente en que hai prazas de sobra na comarca, concretamente tres, que suman unhas 125 prazas libres, e que tamén está previsto que se amplien as horas de axuda no fogar en Rianxo asegurando que o 100 por cen da poboación que o precise poderá dispoñer deste servizo.
HomeBARBANZA - NOIAMalestar en Noia ante a falla de información polo inicio das obras de rexeneración da Ría Top of Page

Síguenos en facebook