• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

En Marea levará ó Parlamento alternativas para a rehabilitación do Pazo de Goiáns

Mai 02 Escrito por 
BOIRO> En Marea levará ó Parlamento a necesidade de acometer unha actuación urxente no pazo de Goiáns. Ademais de consolidar a edificación principal para frear o seu deterioro propoñen a rehabilitación integral do conxunto para darlle un uso público.
O voceiro de En Marea no Parlamento, Luís Villares, e as deputadas de Cultura e Patrimonio, Luca Chao e Ánxeles Cuña desprazábanse esta tarde ata o pazo de Goiáns en Boiro para comprobar o estado de deterioro en que se atopa o conxunto histórico. Facíano convidados por Boiro Novo que denuncia a falla de interese do goberno municipal que leva seis anos sen acometer ningunha actuación. O anuncio dun estudo para determinar os posibles usos da finca fai sospeitar á formación boirense da intención do executivo de privatizala. Recollendo as demandas de Boiro Novo, En Marea levará varias iniciativas ó parlamento non só para saber que actuacións se teñen acometido nos últimos anos para evitar a ruína da edificación senón tamén para propoñer unha alternativa que permita a súa restauración. Neste sentido lembran que se trata dun elemento patrimonial de incalculable valor que está en proceso de declaración coma Ben de Interese Cultural.
Etiquetado como Boiro    Barbanza    boiro novo    en marea    Pazo Goiáns   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • En Marea considera imprescindible abrir un debate sobre o modelo de ordenación do territorio
    Pontevedra> Denuncias tamén dende o grupo En Marea. O voceiro deste partido estivo hoxe en Pontevedra, Luis Villares, considera que as axudas que anunciou a Xunta, ante a vaga de lumes, son imprescindibles e insuficientes. Villares cree que o Goberno Galego debe abrir un profundo debate sobre o modelo de ordenación do territorio na nosa comunidade.
  • Peor que o ano pasado
    RIANXO> Van alá algo máis de dúas semanas dende o arranque da actividade no libre marisqueo e apenas hai xa recurso nos Lombos do Ulla. Aínda que nun primeiro momento os informes dos propios biólogos da consellería do Mar falaban da presenza de berberecho nos Lombos do Ulla, a situación real é ben diferente, e as escasas capturas están a condicionar este inicio da campaña. Apenas hai berberecho e os profesionais tiran da ameixa xapónica para poder levantar un xornal digno. O peche das concesións marisqueiras en Noia por mor da toxina está a ser unha boa nova para os profesionais rianxeiros, que ben unha lixeira suba na cotización do bivalvo en lonxa. Pero é algo, por desgraza para eles, puntual... Segundo explicou o propio patrón maior, a escasa produtividade nos Lombos do Ulla, vén provocada pola gran cantidade de embarcacións que vén soportando dende hai anos o que dificulta a recuperación das especies.
  • A Plataforma reclama a recuperación dos dereitos dos traballadores da sanidade
    BARBANZA> Ademais das concentracións prepáranse varias xornadas de folga en tódolos servizos do Sergas para os días 2 e 3 de novembro. Esta mañá, ás portas do hospital, persoal do centro hospitalario do Barbanza, atendendo a unha convocatoria da plataforma sindical da Sanidade , conformada pola CIG, CC.OO, UXT, CSIF, SAE e Satse, concentrouse para reclamar un calendario de reunións na que negociar a recuperación progresiva de dereitos perdidos nestes últimos anos polos traballadores. A de hoxe era a primeira das dúas concentracións convocadas. A próxima terá lugar o vindeiro mércores 25. Ademais esta mañá informouse tamén da convocatoria de folga en tódolos servizos do Sergas para os próximos días 2 e 3 de novembro ante a negativa da Xunta a implementar a recuperación dos dereitos dos profesionais da sanidade. Os propios traballadores do hospital barbanzán aseguraron que a Xunta está a incumprir os acordos asinados a este respecto, demandando que nos presupostos de 2018 se inclúa unha partida específica para isto.
  • Un incendio calcina parte da nave de Maxi China en Xarás
    RIBEIRA> A Policía Nacional investiga as posibles causas do lume que se orixinaba esta pasada madrugada e que deixaba cuantiosos danos. Ó redor das tres e vinte desta pasada madrugada producíase un aviso ó servizo de Emerxencias do 112 por un posible incendio na nave de Max China en Xarás. Ata o lugar desprazáronse efectivos dos parques de bombeiros de Ribeira e Boiro, que iniciaron os labores de extinción das lapas. Esta mañá unha dotación de retén dos bombeiros cun vehículo nodriza continuaba na zona, realizando labores de control e refrixerado, para que o lume non volvera a reactivarse. Ata a zona tamén se achegaron membros da policía científica da Policía Nacional, que se encarga da investigación, co fin de esclarecer as posibles causas do incendio. As primeiras hipóteses apuntan a que puidera ser intencionado.
  • A Xunta investirá uns sete millóns de euros nos pantaláns para mexilloeiros en Cabo de Cruz
    BOIRO> O alcalde, Xoán Xosé Dieste, confirmou a existencia dunha partida reservada de 1’7 millóns de euros nos presupostos autonómicos do ano que vén para iniciar xa a súa construción. Sen dúbida tratábase dunha das maiores demandas dos diferentes gobernos municipais que durante estes anos pasaron pola alcaldía boirense, que por unha ou outra razón nunca chegaba a executarse. Segundo o alcalde, Xoán Xosé Dieste, a actuación verase finalmente cumprida o ano que vén grazas á aportación do Goberno Autonómico. Nos presupostos de 2018 inclúese unha partida inicial de 1,7 de millóns dos preto de sete nos que está presupostado o proxecto. Dieste destacou a importancia desta obra, dado o peso do sector bateeiro na localidade, e a importancia das mesmas de cara á reordenación dos espazos portuarios. A actuación sumarase a outras importantes melloras xa realizadas, ou que están a piques de rematar, como é o caso da instalación dos pantaláns para as embarcacións marisqueiras no que se investiron uns setecentos mil euros ou obras de conservación e mantemento na explanada portuaria por valor de máis de 40 mil euros.
  • O BNG esixe solucións ante unha nova vertedura no río Listres
    RIBEIRA> Para os nacionalistas a actitude do goberno local non está a ser a apropiada, acusándoo de actuar con pasividade ante esta problemática. Atendendo a unha denuncia dos propios veciños da zona, o BNG vén de facerse eco dun novo vertido de augas residuais no río Listres, nos Areeiros. Segundo os nacionalistas o foco do problema parece ser, unha vez máis, o aliviadoiro do tanque de tormenta existente no lugar. O BNG criticou a pasividade do Concello con este problema e as escasas solucións que se lles están a dar ós veciños afectados. A través dun escrito presentado no Concello, o BNG pídelle ó goberno local que solicite a Augas de Galicia o informe realizado sobre esta vertedura e se ten pensado esixir algunha responsabilidade a quen corresponda por este suceso.
HomeBARBANZA - NOIAEn Marea levará ó Parlamento alternativas para a rehabilitación do Pazo de Goiáns Top of Page

Síguenos en facebook