09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Aberto o prazo de inscrición na III Carreira Popular de Lousame

Mai 03 Escrito por 
LOUSAME> A proba terá lugar o próximo 21 de maio, podéndose realizar as inscricións ata o día 18 a través da páxina www.emesports.es.
O salón de actos do Concello acollía a presentación oficial da carreira, que chega este ano á súa terceira edición. O acto contou coa presenza de destacados atletas locais, entre eles a propia Pilar Barreiro Senra, que dá nome á proba, e que xa anunciou que participará ese día na carreira. A carreira de dez quilómetros na súa categoría absoluta terá un percorrido similar ó de edicións anteriores, con trazados alternativos para as categorías base. Como novidade este anos, ademais doutros servizos ó corredor, e que se disporá de gardería, para que os pais que o desexen poidan participar con total tranquilidade. Dende o Concello agardan unha alta participación ese día, superando as cifras de edicións anteriores, tratando de converter a proba nunha festa do deporte. O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 18 de maio, a través da páxina web www.emesports.es. Os prezos mantéñense con respecto ó ano anterior, seis euros para a proba absoluta, e gratis para os menores de dezasete anos.
Etiquetado como Barbanza    MurosNoia    Lousame    Deportes    iii carreira popular    pilar barreiro senra   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A campaña marisqueira de Noia bate récords de facturación ás portas do Nadal
    NOIA> A campaña marisqueira de Noia preséntase como unha das melloras dos últimos anos. Polo momento, a facturación xa supera ó total do exercicio anterior. Todo iso, a pesar do peche pola toxina que se prolongou case un mes e á espera de contabilizar os beneficios que deixará a campaña de Nadal.
  • O paso de 'Ana' deixa un regueiro de incidencias menores no Barbanza
    BOIRO> O temporal tamén deixou esta pasada noite un regueiro de incidencias no Barbanza, aínda que a maioría delas sen consideración. As rachas de vento, que nalgún caso chegaron a superar os cen quilómetros por hora, provocaron a caídas de árbores en numerosos puntos da comarca.
  • Cáritas axudará a máis dun cento de familias a pasar un bo Nadal
    NOIA> Cáritas de Noia atenderá a máis de trescentas persoas durante esta Nadal. A campaña de recadación de fondos e de recollida de alimentos destas datas supón un reforzo da actividade que desenvolven durante todo o ano. Neste 2017 levan repartidas trinta toneladas de alimentos e catro de roupa.
  • Os nenos serán os principais protagonistas das actividades de Nadal en Noia
    NOIA> O concello dará mañá venres o pistoletazo de saída ás actividades de Nadal co acendido do alumeado. A concellería de Cultura noiesa deseñou un amplo e variado programa de actividades para estas datas de Nadal. A maioría delas estarán dirixidas ós máis pequenos da casa, tratando de conciliar a vida familiar e laboral Obradoiros, teatro, cine ou música terán tamén o seu protagonismo, destacando o Festival Benéfico de Cáritas e Cruz Vermella previsto para o sábado 16, ou os concertos do Coro Infantil e Xuvenil ‘Cantabile’ da Coruña o domingo 17 e da Banda de Música Municipal acompañada do Coro IES Virxe do Mar do venres 22. Apartado especial terá tamén a Cabalgata que sairá este ano ás seis da tarde. Dende o Concello anímase ós veciños a participar na comitiva.
  • Patrimonio autoriza as obras de ampliación do Museo do Mar
    NOIA> Patrimonio vén de dar luz verde ó concello de Noia para que se retomen as obras do novo Museo do Mar. O alcalde, Santiago Freire, informou de que a Administración Autonómica resolveu de xeito favorable, polo que se poderá seguir coa construción. Iso si, na actuación deberá manterse un especial coidado cos restos arqueolóxicos atopados.
  • A aldea de Taramancos acolle un belén do máis especial
    NOIA> Desprazámonos agora ata a aldea de Taramancos, en Noia, onde os veciños veñen de montar un orixinal belén. Animais vivos e vistosas figuran compoñen este nacemento, instalada nun alpendre do lugar.
HomeBARBANZA - NOIAAberto o prazo de inscrición na III Carreira Popular de Lousame Top of Page

Síguenos en facebook