• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O BNG demanda máis seguridade na contorna do novo parque de Castiñeiras

Mai 03 Escrito por 
RIBEIRA> O BNG de Ribeira solicita a adopción de medidas de seguridade na contorna do novo parque infantil da Punta do Castro. Ademais da instalación dunha beirarrúa para a mellora do acceso ás instalacións demandan o balado dun desnivel existente entre a zona recreativa e o edificio de usos portuarios.
A través dunha moción que veñen de rexistrar no concello, os nacionalistas de Ribeira demandan máis seguridade no recentemente construido parque de Castiñeiras. Botan en falta unha beirarrúa no acceso á área recreativa. Pero aínda máis grave é, segundo os nacionalistas, a existencia dun desnivel entre a explanada e a zona portuaria que supón un grave risco de caídas e accidentes. Demandan dende o BNG a instalación dun balado ou outro elemento de seguridade. Recollendo as demandas da oposición, o concello vén de informar que acometerá unha pasarela de madeira e unha beirarrúa no treito entre o porto e a área de lecer. Xa realizaron as xestións oportunas con Portos de Galicia, titular da zona obxecto da actuación, para poder acometer as obras antes do verán.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    Bng    Seguridade    parques infantis   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Boiro Novo pide mellorar os problemas de climatización da escola infantil do Saltiño
    BOIRO> Boiro Novo levará ó Parlamento, a través do grupo de En Marea, os problemas de climatización na Escola Infantil do Saltiño. Segundo apuntan dende a súa posta en funcionamento, no curso 2015-2016, as instalacións presentan este problema debido ás altas temperaturas que se rexistran no edificio, especialmente nos días de moito sol, provocando situacións incómodas nos nenos que poden mesmo ocasionar problemas de saúde. Por esta razón pídenlle á Xunta a instalación dun sistema de climatización que dea solución a estes problemas.
  • Calidade e excelencia resumen a xestión da Marina Cabo de Cruz
    BOIRO> O presidente de Portos de Galicia participou no izado das bandeiras azuis e Q de calidade no Náutico de Cabo de Cruz. O porto deportivo recibe estes distintivos por quinto ano consecutivo, en recoñecemento á excelencia na xestión e na calidade ambiental.
  • Ribeira quenta motores para a concentración tunning desta fin de semana
    RIBEIRA> Entre cincuenta e sesenta coches participarán na oitava concentración tunning Riveira. Terá lugar o un e o dous de xullo na explanada de Coroso, onde se entregarán ó redor de oitenta trofeos entre os participantes.
  • O ciclo 'Chanzas na Rúa' levará a Ribeira a catro dos mellores monologuistas galegos
    RIBEIRA> Este venres arranca en Ribeira o novo ciclo de monólogos Chanzas na Rúa. Catro humoristas levarán ó seu espectáculo a diferentes prazas da vila ó longo de todo o mes.
  • O condutor dunha motocicleta resulta ferido en Frións
    RIBEIRA> No accidente, que tiña lugar na estrada DP-7301 que une Xarás con Carreira, víronse implicados un turismo e unha motocileta. O suceso producíase ó redor das once e media desta mañá, na estrada DP-7301 que une Xarás con Carreira, no lugar de Frións, a escasos metros do Instituto Leliadoura. No accidente víronse implicados unha motocicleta de gran cilindrada e un turismo. Por causas polo de agora descoñecidas, que están a ser investigadas polo grupo de Atestados da Garda Civil de Tráfico, a moto colidiu lateralmente contra o vehículo. Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos da Policía Local e do Grupo Municipal de Emerxencias, así como unha ambulancia do 061, que se encargou de trasladar ó condutor da motocicleta ata o hospital, aparantemente en bo estado. A condutora do outro vehículo resultou ilesa. Durante varias horas, mentres se procedeu á realización dos traballos de retirada dos vehículos implicados no choque e tamén a limpeza da vía, a estrada estivo regulada polos axentes da Garda Civil de Tráfico.
  • O BNG interesarase no Parlamento polas deficiencias do peirao de Corrubedo
    RIBEIRA> Os nacionalistas reclamarán diversas actuacións no porto como é o caso da construción de chabolas para os mariñeiros. O BNG de Ribeira trasladoulle ó seu grupo parlamentario as queixas dos mariñeiros de Corrubedo en relación ás deficiencias que presenta actualmente o porto da localidade, esixíndolle á Xunta de Galicia que dé expliacións sobre o seu estado de abandono e que se habiliten partidas orzamentarias para o seu arranxo e mellora. Entre outras actuacións reclaman a construción de chabolas para poderen traballar baixo cuberto e non baixo as inclemencias do tempo. Ademais solicitarán tamén a reparación das escaleiras, a sinalización viaria para evitar que os vehículos aparquen diante da rampla ou a mellora da iluminación na zona portuaria.
HomeBARBANZA - NOIAO BNG demanda máis seguridade na contorna do novo parque de Castiñeiras Top of Page

Síguenos en facebook