• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O sector propón unha veda de corenta e cinco días para o polbo

Mai 03 Escrito por 
PORTO DO SON> As confrarías galegas traballan conxuntamente coa Consellería do Mar no deseño do plan do polbo para o presente ano. As federacións de Coruña e Pontevedra proponen unha veda de corenta e cinco días e a unificación dos topes en cincuenta quilos durante toda a campaña.
Na reunión da comisión de seguimento para o plan de explotación do polbo, as federacións provincias da Coruña e Pontevedra propuxeron unha veda de corenta e cinco días que se iniciaría o dezanove de maio. Durante a xuntanza abordáronse un total de catorce puntos relacionados co réxime de calamento ou os topes para os que proponen un fixo de cincuenta quilos. Con respecto ó marcado das nasas, a maior parte do sector aposta por eliminar a obriga de identificalas unha a unha considerando suficiente a implantación do chip na cabeceira. Dende a Federación Galega puxeron sobre a mesa as conclusións derivadas dun seminario celebrado o pasado ano para implicar ó sector no deseño dunha pesqueiría tan importante para a pesca galega na que participan ó redor de seiscentas embarcacións, con capturas que roldan as mil toneladas de polbo e unha facturación de dez millóns de euros.
Etiquetado como Porto do Son    MurosNoia    Marítima Pesca Marisqueo    Polbo    Confrarías   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Noia acollerá do 3 ó 7 de xullo unha nova edición do Campus José Ángel Antelo
    NOIA> A actividade, organizada polo Club Baloncesto Noia en colaboración co Concello, está dirixidas a rapaces dos seis ós dezaseis anos. O próximo luns arrancará unha nova edición, e xa van doce do Campus de Baloncesto José Ángel Antelo. A actividade estará dirixida a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os seis e os dezaseis anos, que se inicien na práctica deste deporte ou desexen perfeccionar os seus coñecementos. José Ángel Antelo, xogador local, que lle dá nome ó Campus, participou tamén na presentación, anunciando que será parte importante da actividade. Dende o concello noiés, que colabora tamén na organización do campus, destacaron a importancia desta actividade, como o feito de poder contar cunha figura destacada no mundo do baloncesto a nivel nacional.
  • Máis dun cento de exemplares participarán no XVII Concurso Nacional Canino de Porto do Son
    PORTO DO SON> Os mellores cans de toda Galicia daranse cita este domingo en Porto do Son, onde se celebra a décimo sétima edición do Concurso Nacional Canino. A xornada previo terá lugar un monográfico sobre o dogo alemán con máis de cincuenta participantes.
  • O PSOE de Lousame pide que os inmobles con usos agropecuarios non paguen o IBI
    LOUSAME> O PSOE de Lousame está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para conseguir a redución completa do IBI para aquelas propiedades destinadas a usos agropecuarios. Instan ó goberno municipal a establecer a máxima bonificación para este tipo de infraestruturas nun concello eminentemente rural.
  • Noia converterase en Agosto na sede internacional da Arpa
    NOIA> Noia acollerá entre o dous e o catro de agosto o Festival Internacional de Arpa. Nesta cuarta edición destaca a alta participación de artistas locais que compartirán escenario coas máis grandes figuras internacionais nesta disciplina.
  • Os pantaláns de Cabo de Cruz estarán rematados en setembro
    BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar .
  • Oposición ó peche do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes
    OUTES> A comunidade educativa anuncia que non parará ata conseguir a anulación da medida por parte de Educación. Con berros coma este....a comunidade educativa do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes oponse á decisión da consellería de Educación de pechar o centro para o vindeiro curso escolar. Unha decisión que ninguén agardaba e que mesmo os colleu por sorpresa, na véspera do inicio das vacacións. Visiblemente emocionada a directora do colexio, Mercedes Cereijo, relatáballe ó resto de profesores, pais, familiares e veciños en xeral, que esta mañá acudiron en masa ó colexio atendendo a chamada realizada pola ANPA, como foi o anuncio desa drástica decisión da Xefatura Territorial, abrindo as portas á fusión co outro colexio do Concello, o CEIP da Serra de Outes. Dende a ANPA non entenden as razóns que levan a Consellería a tomar esta decisión sen previo aviso, máxime cando hai prevista unha matricula duns 72 nenos para o curso que vén. Tampouco entenden que dende o Concello se mire para outro lado e non se respalden as súas reivindicacións. A súa idea é seguir mobilizándose ata conseguir que se anule esta medida que consideran inxusta. Ademais dos escritos remitidos á Consellería demandando un cambio de postura na súa decisión, unha das primeiras accións a realizar foi a recollida de sinaturas de xeito presencial e tamén a través da plataforma change.org.
HomeBARBANZA - NOIAO sector propón unha veda de corenta e cinco días para o polbo Top of Page

Síguenos en facebook