09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Rianxo acolle en xullo unha nova edición do campus de fútbol do Deportivo

Mai 04 Escrito por 
RIANXO> Rianxo acollerá este verán a terceira edición do Deporcampus. Nenos de entre cinco e catorce anos poderán participar neste proxecto formativo da man de adestradores do Deportivo da Coruña. A iniciativa está promovida polo Club local Unión.
Tralo éxito das dúas anteriores edicións, o Club Deportivo Unión volverá organizar este verán o campos de fútbol en colaboración co Deportivo da Coruña. Será entre o dezasete e o vinte e un de xullo no campo municipal de Vilas onde os rapaces terán ocasión de aprender da man de adestradores de ámbolos dous clubs. O obxectivo principal do campus será o fomento da independencia dos cativos nun deporte onde prima o traballo en equipo. Este ano a inscrición realizarase de xeito telemático a través da web oficial do Deportivo. O custo é de 120 euros con descontos para segundo irmá, familia numerosa ou en paro e socios do Unión. Ademais das actividades de adestramento diario, o campus ofrecerá ós participantes a oportunidade de asistir en agosto ó Trofeo Teresa Herrera. O Deportivo cedeu cincuenta entradas a sortear entre tódolos nenos que participen. O prazo para formalizar a matrícula comeza a vindeira semana. Por cuestión de aforo, non poderán exceder de oitenta participantes.
Etiquetado como Rianxo    Barbanza    Deportes    Campus    Fútbol   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O paso de 'Ana' deixa un regueiro de incidencias menores no Barbanza
    BOIRO> O temporal tamén deixou esta pasada noite un regueiro de incidencias no Barbanza, aínda que a maioría delas sen consideración. As rachas de vento, que nalgún caso chegaron a superar os cen quilómetros por hora, provocaron a caídas de árbores en numerosos puntos da comarca.
  • Medio Ambiente avanza en Ribeira o contido do PRUX das Illas Atlánticas
    RIBEIRA> O concello de Ribeira acolleu unha nova xuntanza sobre o Plan de Xestión e Usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio avanzou ós axentes implicados as principais liñas desta proposta que busca compatibilizar as actividades económicas coa conservación do parque.
  • Juan Antonio Gude e Rocío Alvite vencedores da Carreira Popular 'Mar de Boiro'
    BOIRO> Na proba celebrada este domingo participaron uns setecentos corredores, sumando tódalas categorías. Onte domingo disputouse a décimo terceira edición da carreira popular Mar de Boiro, undécimo memorial Pepe Buceta. A organización da proba, que correu a cargo do Departamento de Deportes boirense, destacou a alta participación, con máis de 700 inscritos, sumando tanto a categoría de adultos como as de escolares e mini. A saída producíase ás once da mañá coa presenza das distintas autoridades locais, entre as que se atopaban o alcalde, Xoán Xosé Dieste, quen destacou a importancia da carreira, que co paso dos anos está a adquirir un maior protagonismo. O bo tempo existente durante toda a mañá axudou ó bo desenvolvemento da mesma, sendo numerosos os afeccionados que seguiron a proba ó longo de todo o seu percorrido, que estivo dividida ademais en varios trazados segundo as idades e categorías. O vencedor da proba na categoría absoluta masculina foi Juan Antonio Gude do Club Montepenarubia que completou o percorrido cun tempo de 32 minutos e 5 segundos. En segundo lugar quedou Amador Pena do Club Atletismo O Pino cun tempo de 32 minutos y 53 segundos. E catro segundos máis tarde entraba o terceiro clasificado, José Lojo do san Miguel de Marín. En canto á categoría feminina absoluta a vencedora foi a esteirana Rocío Alvite do Atletismo Sar-Petroni cun tempo de 38 minutos e 41 segudos. En segundo lugar quedou Elena matalobos da Sociedade deportiva Barbantia Roda cun tempo de 41:42 e o terceiro posto foi para Teresa Carneiro do Club Atletismo Santiago cun tempo de 42:15. Ademais do seu aspecto puramente deportivo, a carreira converteuse nunha gran festa do deporte.
  • O BNG de Boiro demanda melloras no núcleo de Esteiro
    BOIRO> O BNG de Boiro levará a pleno tres mocións encamiñadas a melloras os servizos do lugar de Esteiro. Reclaman a construción do paseo marítimo, a dotación de beirarrúas ata o lugar de Cariño e a eliminación das molestias ocasionadas polo pozo de bombeo.
  • O BNG propón excluír á flota do xeito do reparto de cotas
    RIANXO> O BNG propón excluír ó xeito das restricións da política de cotas. Así o manifestou a voceira nacional, Ana Pontón, na xuntanza mantida cos responsables da confraría de Rianxo.
  • O presidente da Deputación anuncia novas melloras da seguridade viaria en Rianxo
    RIANXO> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Rianxo para anunciar dúas obras de seguridade viaria que veñen de ser aprobadas no último pleno da corporación provincial. Trátase dun treito de medio quilómetro no vial entre Rianxo e Bexo e o remate da senda peonil en Burés.
HomeBARBANZA - NOIARianxo acolle en xullo unha nova edición do campus de fútbol do Deportivo Top of Page

Síguenos en facebook