• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O concello da Pobra estuda a revisión do contrato con Urbaser ante o incumprimento de condicións

Mai 04 Escrito por 
POBRA> O executivo pobrense estuda a revisión do contrato con Urbaser, empresa encargada do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria. Dende o Concello apuntan a unha serie de incumprimentos do contrato por parte da firma que son prexudiciais para os intereses municipais.
O contrato coa empresa Urbaser foi adxudicado en pleno no ano 2009. Daquela o anterior executivo decidiu outorgarlle o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria a esta firma polas importantes melloras introducidas con respecto ás outras empresas presentadas ó concurso. Oito anos máis tarde, e despois de detectarse unha serie de incumprimentos por parte de Urbaser nesta anos levaron ó equipo de goberno ó estudo das condicións dese contrato. A análise da documentación permitiu ademais descubrir un documento privado posterior á adxudicación asinado tamén polo anterior goberno local coa firma, no que se recollen outras condicións menos ventaxosas para o Concello ó contrato inicial e que consideran non tería validez. De aí que agora estuden a súa revisión. De non cumprirse os seus requerimentos, non descartarían a anulación da actual concesión coa f irma e volver a sacar a licitación un novo concurso.
Etiquetado como Pobra do Caramiñal    Barbanza    urbaser   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O novo libro de X.V. Domínguez bate record de vendas na Feira do Libro de Ribeira
    RIBEIRA> Con doce libros ás costas, José Vicente Domínguez segue a afrontar cada nova publicación coa mesma ilusión. A súa última novela ‘Por mucho que ahora me quieran’ vén de presentarse na Feira do Libro de Ribeira con gran éxito de vendas.
  • Os pantaláns de Cabo de Cruz estarán rematados en setembro
    BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar .
  • O BNG de Boiro defende a súa xestión na construción do aparcadoiro de Anegral
    BOIRO> O BNG de Boiro respostou ás críticas formuladas polo alcalde en relación ó mal estado en que deixou o anterior goberno a praza da Boqueira de ANegral. Acusan ademais ó actual goberno de querer darlle un uso privado a esta infraestrutura.
  • Sardiñas aptas para tódolos petos na véspera da noite de San Xoán
    BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente.
  • Nove expositores achegan as últimas novidades literarias a Ribeira na III Feira do Libro
    RIBEIRA> Inaugurada oficialmente a Feira do Libro de Ribeira. Nesta terceira edición conta con nove expositores que permanecerán na praza do concello ata o domingo. Tódolos libreiros ofrecerán un descontó do dez por cento nas compras e haberá actividades de animación.
  • Leiceaga pide maior implicación da Xunta no deseño dun Plan de Xestión Marisqueira
    RIANXO> O voceiro do PSdeG-PSOE fixo esta mañá unha visita ós Lombos do Ulla, a onde acudiu en compaña de varios patróns maiores e representantes de Confrarías arousás para analizar a caída da produción nesta zona de libre marisqueo. No encontro mantido en Rianxo, Fernández Leiceaga aludiu tamén á necesidade de que se estremen os controis de contaminación na Ría e que se actualicen os estudos sobre a produtividade marisqueira na zona, xa que os últimos foron realizados hai xa quince anos. Máis duro se mostrou o patrón maior rianxeiro, Miguel Ángel Iglesias, quen xunto as patroas maiores de Vilanova e Cabo de Cruz, María José Vales e Raquel Soto, respectivamente, acompañou ó voceiro socialista na súa visita ós Lombos do Ulla. Iglesias reclamou actuacións urxentes para mellorar a produtividade dos Lombos e por extensión a de toda a Ría, da que viven moitas familias. O patrón maior rianxeiro lamentou tamén que a campaña do ano que vén vai estar condicionada pola escasa produtividade, polo que, segundo el, será novamente un ano perdido.
HomeBARBANZA - NOIAO concello da Pobra estuda a revisión do contrato con Urbaser ante o incumprimento de condicións Top of Page

Síguenos en facebook