• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Triatlón solidario contra o cancro

Mai 05 Escrito por 
BOIRO> Boiro acollerá en xuño o Primeiro Triatlón Solidario organizado pola empresa Ecosport en colaboración coa Fundación contra a leucemia Josep Carreras e a Asociación Española contra o cancro.
Esta proba solidaria celebrarase en Boiro o domingo 18 de xuño. A Praia de Barraña acollerá o circuito de natación, de aproximadamente oitocentos metros. De aí partirá a proba en bicicleta que percorrerá máis de vinte quilómetros polo casco urbano de Boiro seguida da carreira de cinco quilómetros polo paseo marítimo. Aínda que queda máis dun mes xa está aberto o prazo de inscrición. Tódolos fondos recadados irán destinados á xunta local da asociación española contra o cancro de Boiro e á Fundación Josep Carreras. Toda axuda é pouca para o gran labor que desenvolven estas entidades tanto no eido da investigación como da concienciación e apoio ós enfermos e as familias. O concello colabora coa loxística da competición e unha achega económica de cinco mil euros. Os interesados en coñecer os detalles técnicos da proba poden facelo a través da web ecosportbarbanza.com.
Etiquetado como Boiro    Barbanza    Deporte    Triatlon    cancro   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIATriatlón solidario contra o cancro Top of Page

Síguenos en facebook