• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os escolares do Barbanza coñecen o labor das unidades especiais da Garda Civil

Mai 05 Escrito por 
NOIA> Dous mil cincocentos escolares dunha vintena de centros educativos de toda a comarca do Barbanza asistiron á segunda exhibición solidaria da Garda Civil desenvolvida no porto de Testal en Noia.
O gran despregamento de unidades da Garda Civil no porto de Testal facía pensar nun amplo operativo de seguridade. Nada máis lonxa da realidade posto que se trataba dunha exhibición solidaria coa que o Instituto Armado, ademais de dar a coñecer as súas unidades especiais, colabora Cáritas e Cruz Vermella na recadación de alimentos e material escolar. Os máis de dous mil cincocentos escolares que participaron na exhibición tiveron ocasión de ver como traballan os TEDAX axudados por un robot grúa e pola inestimable colaboración dun can adestrado para detectar explosivos. Asistiron tamén a un simulacro de rescate e localización de persoas atrapadas. Labores que realizan os axentes da Garda Civil aínda que non adoitamos velos. Os pequenos seguiron con expectación as numerosas actividades desenvolvidas ó longo da xornada que espertaron curiosidade e admiración a partes iguais. Tanta que máis de unxa se plantexou o seu futuro como Garda Civil.
Etiquetado como Noia    MurosNoia    Garda Civil    Exhibicións   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAOs escolares do Barbanza coñecen o labor das unidades especiais da Garda Civil Top of Page

Síguenos en facebook