09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Constituída a Mesa Local de Coordinación fronte á Violencia de Xénero en Lousame

Mai 05 Escrito por 
LOUSAME> A primeira xuntanza deste órgano estivo presidida pola alcaldesa, Teresa Villaverde, e a subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, María Belén Liste Lázara.
A subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, María Belén Liste Lázara, e a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, presidiron esta mañá o acto de constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame. Trátase dun instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero co obxectivo de procurar unha maior eficiencia na resposta contra esta lacra social. Un aspecto este, o da coordinación que tamén foi resaltado na súa intervención pola subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero. A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame reunirase de xeito ordinario semestralmente, se ben cabe a posibilidade de convocatorias extraordinarias ante situacións de emerxencia.

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAConstituída a Mesa Local de Coordinación fronte á Violencia de Xénero en Lousame Top of Page

Síguenos en facebook