• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O BNG critica de novo o escaso peso do Barbanza nos orzamentos do Estado

Mai 05 Escrito por 
BARBANZA> Os nacionalistas botan en falla unha formación propia que defenda os intereses da nosa Comunidade, como acontece con Euskadi ou Canarias, que se viron moi beneficiadas no reparto de fondos.
O debate dos Orzamentos Xerais do Estado no Congreso volve evidenciar a xuízo dos nacionalistas o escaso peso político de Galicia e o desprezo que o goberno do PP en Madrid ten da nosa Comunidade e por extensión da comarca do Barbanza. Neste sentido aluden tamén á falla dunha formación propia, como foi o BNG nas anteriores lexislaturas, que defenda os nosos intereses, como si o fan outras comunidades como Euskadi e Canarias que si van a saír amplamente beneficiadas no reparto de fondos estatais. Dende o BNG bótanse en falla meses presupostos partidas vitais para o Barbanza como poden ser para o sanemaneto integral da Ría, a segunda fase da rexeneración das Xunqueiras ou para a rehabilitación do Pazo de Goiáns, entre outras.
Etiquetado como Barbanza    Bng    Orzamentos    estado    desprezo   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O sorteo da Lotaría Nacional deixa trescentos mil euros en Ribeira
    RIBEIRA> A administración Número de Ribeira entregou o primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional deste xoves. A totalidade da serie, premiada con trescentos mil euros, vendeuse no restaurante Praia do Vilar moi frecuentado por turistas.
  • A escaseza de polbo dispara os prezos no mes de maior demanda
    A escaseza de capturas de polbo no mercado galego provocou unha escalada dos prezos deste cefalópodo que chegou a alcanzar os quince euros. A pesar destas contías non aptas para moitos petos, o produto segue tendo moita saída neste mes de agosto cando se incrementa notablemente a demanda. Off A pesar do bo arranque nas dúas primeira semanas trala veda, a campaña do polbo está a atravesar peores momento dada a escaseza do recurso. Tanto é asi, que algunhas embarcacións optaron por cambiar de arte. Inserto Escasean as capturas nun mes no que aumenta a demanda, especialmente por parte do sector hostaleiro. Estes dous factores inflúen no prezo que nas últimas semana acadou unha media de quince euros. Aínda así, os profesionais agardan a que a situación mellore da cara ós próximos meses, ó igal que acontecera o pasado ano cando a aparición de abundante cefalópodo a partir do mes de outubro fixo que se pechara a campaña cun dos mellores resultados dos últimos anos.
  • Entrebateas contará cun día máis de festival na súa segunda edición
    POBRA> Por segundo ano, a Pobra acollerá o festival Entre Bateas, promovido pola asociación cultural Xente ás Leiras. Desenvolverase a última fin de semana de agosto e contará cun día máis que na primeira edición.
  • Os praceiros de Ribeira opóñense á suba da taxa por ocupación de postos
    RIBEIRA> Malestar no seo da asociación de praceiros de Ribeira ante a suba das taxas por posto en máis dun trinta por cento. O presidente da entidade mantivo este mediodía unha xuntanza con responsables do concello para solicitar que se manteñan os prezos, que xa experimentaran un incremento co traslado ó novo mercado.
  • Os vándalos volven causar danos nos Muíños de Amendo
    RIBEIRA> Novos actos vandálicos na contorna dos muíños do río Amendo, na parroquia ribeirense de Carreira. Ademais de arrancar unha porta, os autores destes feitos destrozaron diverso mobiliario urbano así como ferramentas e maquinaria dos muíños.
  • IC Boiro súmase ás críticas polo proxecto de saneamento no río Breiro
    BOIRO> Ó igual que fixeran outros grupos da oposición, Iniciativa Cidadá de Boiro oponse ó proxecto de saneamento que se está a levar a cabo no río Breiro. Cualifícano de despilfarro e de atentado ecolóxico posto que supuxo a tala de numerosas árbores autóctonas.
HomeBARBANZA - NOIAO BNG critica de novo o escaso peso do Barbanza nos orzamentos do Estado Top of Page

Síguenos en facebook