• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O trunfo ante o Racing de Ferrol achega ó Boiro á permanencia

Mai 08 Escrito por 
BOIRO> na derradeira xornada da competición os boirenses recibirán en Barraña ó Burgos.
Este tanto de Rubén Rivera ó pouco do inicio da segunda parte deulle os tres puntos ó Club Deportivo Boiro no derbi de onte na Malata ante o Racing de Ferrol. Os goles do dianteiro boirense nas últimas xornadas están a dar folgos a un Boiro que necesitaba imperiosamente a vitoria para seguir soñando coa permanencia. Unha meta agora máis próxima, que deberá refrendar no derradeiro partido da tempada, o vindeiro domingo en Barraña, onde recibirá ó Burgos. Un trunfo dos de Fredi o próximo domingo, xunto cun resultado adverso do Caudal, que xogará fronte ó Pontevedra, mesmo lle permitiría amarrar a salvación de xeito directo sen ter que xogar o playoff de descenso, posto que ocupa actualmente. Os de Fredi son décimo sextos con 42 puntos, os mesmos que o Caudal. O resto de resultados dos equipos galegos nesta categoría deixa as vitorias por dous goles a un do Celta B e do Pontevedra ante o Caudal Deportivo e a Arandina respectivamente, e as derrotas do Somozas, 3 a 1 co Lealtad e do Coruxo, tamén por 3-1 ante o Burgos.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    Deportes    Fútbol    CD Boiro    Racing de Ferrol    2ªb    permanencia   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAO trunfo ante o Racing de Ferrol achega ó Boiro á permanencia Top of Page

Síguenos en facebook