• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Deteñen ó 'Nigeria' tras permanecer varias horas atrincheirado nunha vivenda

Mai 09 Escrito por 
POBRA> A Garda Civil procedeu á detención do Nigeria, un delincuente habitual da Pobra. O home permaneceu atrincheirado durante catro horas nunha vivenda no centro da vila, rodeada por efectivos da Garda Civil e a Policía Local. Finalmente, entregouse de xeito voluntario.
A detención do Nigeria, un delincuente habitual da Pobra, causou unha grande expectación no centro da vila. Ó decatarse da presenza da Garda Civil, o home con iniciais R. S. G. agachouse na vivenda dun amigo situada nos xardíns Valle-Inclán. Alí permaneceu atrincheirado durante varias horas ata que acabou por entregarse voluntariamente. Un amigo do detido chamouno por teléfono e convenceuno para que falara cos axentes que finalmente lograron que depuxera a súa actitude. A detención produciuse pasada a unha do mediodía cando as numerosas terrazas da praza estaban ateigadas de persoas que seguiron atentamente o operativo policial. Entre eles, numerosos veciños da zona, coñecedores do amplo historial delictivo do detido, polo que non dubidaron en increpalo á súa saída da vivenda. A Garda Civil atribúelle a autoría dos numerosos roubos rexistrado nas últimas semanas en varios establecementos comerciais da vila.
Etiquetado como Pobra do Caramiñal    Barbanza    sucesos   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Presentada a XX Carreira Popular de Ribeira
    RIBEIRA> Entre as novidades da proba, que terá lugar o próximo sábado 30 de setembro, figura o seu cambio de percorrido. Varias serán as novidades este ano na carreira popular de Santa Uxía. Unha delas será o cambio de percorrido para evitar así que se produzan as problemáticas restricións de tráfico no casco urbano da cidade. A proba, que este ano chega a súa vinte edición, forma parte do Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña e do Circuíto de Carreiras Arousa Norte. Nela tomarán parte tódalas categorías, dende o máis pequenos ós veteranos, prevéndose unha participación próxima o milleiro de corredores. As inscricións poderán realizarse ata o xoves 28 de setembro a través da web municipal www.riveira.gal ou en www.emesports.es.
  • Concello e ARE promoven a campaña 'En Rianxo, ao noso xeito'
    RIANXO> A inicitiva busca a dinamización do comercio e a hostalería local, ó tempo que fomentar o uso do galego. Marchamo de calidade e promoción do galego. As áreas de Promoción Económica e o Servizo de Normalización Lingüística de Rianxo xunto coa Asociación Rianxeira de Empresarios son os promotores desta novidosa campaña baixo o lema ‘En Rianxo, ao noso xeito’. Trátase dunha iniciativa que ten unha dobre finalidade. Por unha banda a dinamización do comercio e a hostalería da vila, e por outra fomentar o uso do galego. A campaña terá varias fases ó longo do ano. A primeira delas levarase a cabo de inmediato e consistirá no reparto dunhas pegatinas identificativas co lema da campaña, así como tamén outros produtos. Na iniciativa tomarán parte non só aqueles locais hostaleiros e comercios integrados na ARE, senón que estará aberta a tódolos establecementos que o desexen.
  • Os fogos do Nazareno foron aprazados para o sábado por mor do tempo
    POBRA> A Pobra despediu onte pola noite as festas do Nazareno despois de catro días de celebracións. Polo día, como vén sendo tradición, a xornada estivo dedicada especialmente ós máis pequenos. Aínda así boa parte das actividades previstas no programa víronse condicionadas por mor do tempo. Xa pola noite a chuvia, que caeu por momentos a mesta néboa, obrigaron tamén á suspensión da gran tirada de fogos artificiais no paseo do Areal, que pon o broche final ós festexos. A comisión de festas do Divino Nazareno decidiu a última hora aprazar o espectáculo pirotécnico para a noite do sábado. Si se mantivo a verbena, a cargo da orquestra Olympus que reuniu na Praza Maior a multitude de persoas.
  • Hostaleiros de Ribeira recadan 650 euros en favor de SOGAPS
    RIBEIRA> Na iniciativa colaboraron oito establecementos da localidade que destinaron o 10% da caixa feita o pasado sábado 2 de setembro a partir das once da noite. Este é o momento no que Antonio Lijó, en nome dos hostaleiros dos oito establecementos que participaron nesta iniciativa lle facía entrega do cheque á presidenta da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla. A axuda, que ascendeu a uns 635 euros, foi recadada durante a noite do pasado sábado 2 de setembro e corresponde co 10% da caixa feita neses locais despois das once da noite. A iniciativa tivo tamén unha gran acollida entre os clientes. Dende SOGAPS agradeceuse a iniciativa e a colaboración por parte deste grupo de hostaleiros de Ribeira. A axuda será destinada a un proxecto deportivo máis ambicioso que ten previsto poñer en marcha a entidade. Os oitos locais que participaron nesta campaña foron o Bar Plaza, A Recoveira, Ventos Vellos, O Niño do Cuco, Oliver & Stanley, Chiringuito Pedra Pateira, A Galeguiña e O Noite Lounge.
  • Detido un veciño de Escarabote por cultivo de marihuana
    BOIRO> A Garda Civil localizou unhas once plantas de marihuana nunha finca da súa propiedade no lugar de Vistaverde. No marco da denominada operación ‘Vistaverde’, axentes da Garda Civil de Boiro procederon á detención dun veciño da localidade, con iniciais J.L.O.I., de 40 anos coma presunto autor dun delito de cultivo e elaboración de droga. As investigacións realizadas deron como resultado o comiso dunhas once plantas de marihuana que o prendido cultivaba nunha finca da súa propiedade situada no lugar de Vistaverde, en Escarabote. No operativo tamén se lle incautou dunha caixa que contiña ó redor de cincocentos gramos de brotes desta planta. Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado o valor da marihuana incautada podería acadar os 6.200 euros. Os feitos xa foron postos a disposición do Xulgado Número 1 de Ribeira que é o que instrúe as dilixencias.
  • Rianxo acollerá unha proba do Open de Andainas de Media Distancia
    RIANXO> A cita, organizada polo Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, terá lugar o domingo primeiro de outubro. Os afeccionados ó mundo do sendeirismo terán unha cita o próximo domingo 1 de outubro en Rianxo. Organizada polo Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés desenvolverase unha camiñada de 25 quilómetros de percorrido. A proba, incluída no cuarto open de andainas de media distancia da Federación Galega de Montañismo, partirá ás nove da mañá dende a zona de Campo Maneiro. Tamén haberá un percorrido alternativo de quince quilómetros para aqueles participantes que non desexen realizar a proba completa. Dende o Concello, que colabora co Club na organización da andaia, animaron a participar nesta proba que discorrerá por espazos de gran beleza paisaxística como poden ser a Muralla, ou o mirador de castro Barbudo. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse ou obter máis información na dirección andaina25barbanza.blogspot.com ou no teléfono 609 071 273.
HomeBARBANZA - NOIADeteñen ó 'Nigeria' tras permanecer varias horas atrincheirado nunha vivenda Top of Page

Síguenos en facebook