09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

As explicacións do goberno sonense non convencen á oposición

Mai 09 Escrito por 
PORTO DO SON> A corporación sonense celebrou esta mañá o pleno extraordinario para tratar as reunións de concelleiros delegados.
Moitas eran as dúbidas, e a tenor das caras dos membros dos grupos da oposición nada máis acabar a sesión, poucas as respostas. Tanto Partido Socialista coma PortoDos e BNG criticaron a falla de transparencia co que o equipo de goberno está a tratar este asunto, a pesar das reiteradas solicitudes de información, algunha delas xa dende o inicio da actual lexislatura, así como o feito de ter que chegar á convocatoria dun pleno extraordinario para obter explicacións sobre este órgano, para eles de dubidosa legalidade e que, polo que se sabe ata o de agora, leva custado ó redor duns mil euros ás arcas municipais. O punto finalmente non saíu adiante, grazas ós votos en contra do PP, que dispón de maioría absoluta na corporación. Aínda así o alcalde, Luís Oujo, comprometeuse a encargar un informe ó secretario municipal para determinar a legalidade destas reunións que segundo sinalou o propio funcionario na sesión si se axusta á lei. Á espera dese informa, os tres grupos na oposición non descartan que o caso acabe na Fiscalía, e sexan os tribunais os que lle reclamen ó equipo de goberno toda a información oportuna ó respecto.
Etiquetado como Barbanza    MurosNoia    Porto do Son    Pleno Extraordinario    reunions    xuntas    concelleiros delegados    Irregularidades   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Muros súmase á campaña 'En Negro' contra a violencia de xénero
    MUROS> O concello de Muros acollerá este venres unha concentración en contra da violencia de xénero enmarcada no programa dos Concellos en Negro.
  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • O BNG pide a retirada das especies invasoras na praia do Castro
    RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha moción solicitando a retirada das especies invasoras na praia do Castro, en Castiñeiras. Trátase dun ecosistema de gran valor pola súa biodiversidade, onde aniña a píllara papuda. A presenza de especies alóctonas vai en aumento no sistema dunar da praia do Castro en Castiñeiras. Chama a atención a proliferación de plantas invarosas como a unlla de gato ou o plumacho da pampa nunha contorna especialmente sensible onde aniña unha especie protexida como a píllara papuda. Os nacionalistas instan á concellería de Medio Ambiente a promover a retirada destas especies favorencendo ademais a implicación da cidadanía a través de campañas de sensibilización e actividades de voluntariado. Dende o BNG critican que se leven a cabo estas accións tan só na illa de Sálvora e no parque natural de Corrubedo polo que piden que se estendan ó resto do termo municipal.
  • A carpintería de ribeira avanza cara a declaración de BIC
    RIANXO> A Conselleira do Mar participou no acto de clausura da xornada de construción naval en madeira celebrada en Rianxo.
  • Chicote abrirá as II Xornadas do Berberecho de Noia
    NOIA> Alberto Chicote será o encargado de abrir as Xornadas de Exaltación do Berberecho que arrancan en Noia o próximo xoves. Ademais de visitar os bancos marisqueiros e a lonxa de Testal, o televisivo cociñeiro ofrecerá unha clase maxistral.
  • Serra do Barbanza penalizará a FCC polos incrupimentos na recollida do lixo
    MUROS> Os concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza contan cunha nova pá cargadora para a recollida de lixo. A adquisición deste vehículo, xunto ó alugueiro de tres camións, contribuirá a normalizar o servizos. Mentres tanto, a entidade acordou impoñer unha nova penalidade á empresa adxudicataria por unha serie de incumprimentos.
HomeBARBANZA - NOIAAs explicacións do goberno sonense non convencen á oposición Top of Page

Síguenos en facebook