09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O concello de Boiro adquire dúas piragüas para o Club Piragüismo Rías Baixas

Mai 09 Escrito por 
BOIRO> Unha das embarcacións será empregada este xoves en Asturias por Adrián Mosquera nas clasificatorias para o Campionato de Europa.
O alcalde de Boiro visitaba as instalacións do Club Piragüismo Rías Baixas en Escarabote para facerlle entrega dunha das dúas embarcacións que vén de adquirir o Concello para o Club. Unha delas xa poderá ser empregada por un dos deportistas do Club este próximo xoves no clasificatorio para o Campionato de Europa que terá lugar en Rumania o próximo mes de xullo coa que agardan axude a mellorar as marcas dos seus deportistas. Os dous piragüistas, tanto Adrián Mosquera como Andrea Vázquez teñen postas moitas esperanzas nesta proba. Esta non é a primeira vez que o Concello asume a compra de material para o Club, que neste caso ascendeu a uns catro mil euros. O alcalde, Xoán Xosé Dieste aludiu á necesidade de dotar ós deportistas boirenses dos medios necesarios para poder acadar boas marcas e chegar en igualdade de condicións que outros competidores doutros clubs.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    Deportes    Entrega    piraguas    club piraguismo rias baixas    adrian mosquera    andrea vazquez   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Medio Ambiente avanza en Ribeira o contido do PRUX das Illas Atlánticas
    RIBEIRA> O concello de Ribeira acolleu unha nova xuntanza sobre o Plan de Xestión e Usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio avanzou ós axentes implicados as principais liñas desta proposta que busca compatibilizar as actividades económicas coa conservación do parque.
  • Juan Antonio Gude e Rocío Alvite vencedores da Carreira Popular 'Mar de Boiro'
    BOIRO> Na proba celebrada este domingo participaron uns setecentos corredores, sumando tódalas categorías. Onte domingo disputouse a décimo terceira edición da carreira popular Mar de Boiro, undécimo memorial Pepe Buceta. A organización da proba, que correu a cargo do Departamento de Deportes boirense, destacou a alta participación, con máis de 700 inscritos, sumando tanto a categoría de adultos como as de escolares e mini. A saída producíase ás once da mañá coa presenza das distintas autoridades locais, entre as que se atopaban o alcalde, Xoán Xosé Dieste, quen destacou a importancia da carreira, que co paso dos anos está a adquirir un maior protagonismo. O bo tempo existente durante toda a mañá axudou ó bo desenvolvemento da mesma, sendo numerosos os afeccionados que seguiron a proba ó longo de todo o seu percorrido, que estivo dividida ademais en varios trazados segundo as idades e categorías. O vencedor da proba na categoría absoluta masculina foi Juan Antonio Gude do Club Montepenarubia que completou o percorrido cun tempo de 32 minutos e 5 segundos. En segundo lugar quedou Amador Pena do Club Atletismo O Pino cun tempo de 32 minutos y 53 segundos. E catro segundos máis tarde entraba o terceiro clasificado, José Lojo do san Miguel de Marín. En canto á categoría feminina absoluta a vencedora foi a esteirana Rocío Alvite do Atletismo Sar-Petroni cun tempo de 38 minutos e 41 segudos. En segundo lugar quedou Elena matalobos da Sociedade deportiva Barbantia Roda cun tempo de 41:42 e o terceiro posto foi para Teresa Carneiro do Club Atletismo Santiago cun tempo de 42:15. Ademais do seu aspecto puramente deportivo, a carreira converteuse nunha gran festa do deporte.
  • O BNG de Boiro demanda melloras no núcleo de Esteiro
    BOIRO> O BNG de Boiro levará a pleno tres mocións encamiñadas a melloras os servizos do lugar de Esteiro. Reclaman a construción do paseo marítimo, a dotación de beirarrúas ata o lugar de Cariño e a eliminación das molestias ocasionadas polo pozo de bombeo.
  • O BNG propón excluír á flota do xeito do reparto de cotas
    RIANXO> O BNG propón excluír ó xeito das restricións da política de cotas. Así o manifestou a voceira nacional, Ana Pontón, na xuntanza mantida cos responsables da confraría de Rianxo.
  • O presidente da Deputación anuncia novas melloras da seguridade viaria en Rianxo
    RIANXO> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Rianxo para anunciar dúas obras de seguridade viaria que veñen de ser aprobadas no último pleno da corporación provincial. Trátase dun treito de medio quilómetro no vial entre Rianxo e Bexo e o remate da senda peonil en Burés.
  • O consello da Xunta dá luz verde á ampliación de Jealsa-Rianxeira
    BOIRO> A firma ten intención de investir uns 20 millóns de euros na construción de dúas novas naves, o que permitirá a creación duns douscentos postos de traballo. A aprobación por parte do Consello da Xunta de Galicia do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira permitiralle á empresa poder desenvolver a ordenación do espazo contiguo ás actuais instalacións ubicadas no lugar do Bodión. As previsións da conserveira pasan fundamentalmente pola construción de dúas novas naves. Na ampliación a empresa ten previsto investir uns 20 millóns de euros que suporán a creación de 200 postos de traballo. Un feito destacado polo presidente do Goberno Autonómico, Alberto Núñez Feijoo. Segundo el posta en marcha deste proxecto volve a mostrar o compromiso da Xunta tanto co tecido industrial galego, apoiando ós empresarios que precisan expandir os seus negocios na Comunidade, como coas iniciativas que apostan pola mellora da empregabilidade en Galicia.
HomeBARBANZA - NOIAO concello de Boiro adquire dúas piragüas para o Club Piragüismo Rías Baixas Top of Page

Síguenos en facebook