• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Goiáns volverá converterse no epicentro comarcal das Letras Galegas

Mai 10 Escrito por 
BOIRO> A asociación Cultural Barbantia e o concello de Boiro volven colaborar na organización da Romaría das Letras que se celebrará o día 17 no pazo de Goiáns. Concertos, recitais, obradoiros, presentacións de libros ou exposición sucederanse durante toda a xornada festiva.
A Romaría das Letras, que alcanza este ano a súa sétima edición, consolídase xa como un referente comarcal na celebración do Día das Letras Galegas. Dende as once da mañá, a finca de Goiáns acollerá todo tipo de actividades tentando recuperar o carácter de romaría tradicional nun encontro dirixido a tódolos públicos. Os nenos disfrutarán dos xogos tradicionais e dos espectáculos infantís. Haberá tamén exhibicións de música e baile tradicional. A partir das catro da tarde terá lugar a presentación de dous libros e unha exposición fotográfica sobre Carlos Casares, escritor homenaxeado nesta data. O peche da romaría correrá a cargo de Davide Salvado que ofrecerá un concerto a partir das oito e media da tarde e a banda de música de Boiro. O concello volve colaborar economicamente coa organización desta cita cultural promovida por Barbantia. A achega municipal ascende ós trece mil euros que se suman á loxística para o desenvolvemento do evento que cada ano atrae a centos de visitantes de toda a comarca.
Etiquetado como Boiro    Barbanza    Cultura    Letras Galegas   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Boiro Novo pide mellorar os problemas de climatización da escola infantil do Saltiño
    BOIRO> Boiro Novo levará ó Parlamento, a través do grupo de En Marea, os problemas de climatización na Escola Infantil do Saltiño. Segundo apuntan dende a súa posta en funcionamento, no curso 2015-2016, as instalacións presentan este problema debido ás altas temperaturas que se rexistran no edificio, especialmente nos días de moito sol, provocando situacións incómodas nos nenos que poden mesmo ocasionar problemas de saúde. Por esta razón pídenlle á Xunta a instalación dun sistema de climatización que dea solución a estes problemas.
  • Calidade e excelencia resumen a xestión da Marina Cabo de Cruz
    BOIRO> O presidente de Portos de Galicia participou no izado das bandeiras azuis e Q de calidade no Náutico de Cabo de Cruz. O porto deportivo recibe estes distintivos por quinto ano consecutivo, en recoñecemento á excelencia na xestión e na calidade ambiental.
  • Ribeira quenta motores para a concentración tunning desta fin de semana
    RIBEIRA> Entre cincuenta e sesenta coches participarán na oitava concentración tunning Riveira. Terá lugar o un e o dous de xullo na explanada de Coroso, onde se entregarán ó redor de oitenta trofeos entre os participantes.
  • O ciclo 'Chanzas na Rúa' levará a Ribeira a catro dos mellores monologuistas galegos
    RIBEIRA> Este venres arranca en Ribeira o novo ciclo de monólogos Chanzas na Rúa. Catro humoristas levarán ó seu espectáculo a diferentes prazas da vila ó longo de todo o mes.
  • O condutor dunha motocicleta resulta ferido en Frións
    RIBEIRA> No accidente, que tiña lugar na estrada DP-7301 que une Xarás con Carreira, víronse implicados un turismo e unha motocileta. O suceso producíase ó redor das once e media desta mañá, na estrada DP-7301 que une Xarás con Carreira, no lugar de Frións, a escasos metros do Instituto Leliadoura. No accidente víronse implicados unha motocicleta de gran cilindrada e un turismo. Por causas polo de agora descoñecidas, que están a ser investigadas polo grupo de Atestados da Garda Civil de Tráfico, a moto colidiu lateralmente contra o vehículo. Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos da Policía Local e do Grupo Municipal de Emerxencias, así como unha ambulancia do 061, que se encargou de trasladar ó condutor da motocicleta ata o hospital, aparantemente en bo estado. A condutora do outro vehículo resultou ilesa. Durante varias horas, mentres se procedeu á realización dos traballos de retirada dos vehículos implicados no choque e tamén a limpeza da vía, a estrada estivo regulada polos axentes da Garda Civil de Tráfico.
  • O BNG interesarase no Parlamento polas deficiencias do peirao de Corrubedo
    RIBEIRA> Os nacionalistas reclamarán diversas actuacións no porto como é o caso da construción de chabolas para os mariñeiros. O BNG de Ribeira trasladoulle ó seu grupo parlamentario as queixas dos mariñeiros de Corrubedo en relación ás deficiencias que presenta actualmente o porto da localidade, esixíndolle á Xunta de Galicia que dé expliacións sobre o seu estado de abandono e que se habiliten partidas orzamentarias para o seu arranxo e mellora. Entre outras actuacións reclaman a construción de chabolas para poderen traballar baixo cuberto e non baixo as inclemencias do tempo. Ademais solicitarán tamén a reparación das escaleiras, a sinalización viaria para evitar que os vehículos aparquen diante da rampla ou a mellora da iluminación na zona portuaria.
HomeBARBANZA - NOIAGoiáns volverá converterse no epicentro comarcal das Letras Galegas Top of Page

Síguenos en facebook