09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os mariscadores de Ribeira paran todo o mes de maio para recuperar os prezos

Mai 10 Escrito por 
RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira permanecerán parados durante todo o mes de maio para dar descanso ó banco dos Miñoteiros onde retomaran a actividade. A caída dos prezos motivou este peche temporal no que agardan que a ameixa acade o tamaño comercial.
Non é unha medida excepcional senón que tódolos anos, a agrupación de mariscadores de Ribeira deixa descansar as concesións durante un mes. Nesta ocasión permanecerán parados todo maio á espera de que a ameixa medre uns milímetros ata acadar o tamaño comercial. Agardan tamén que tras este parón se recuperen os prezos, en caída libre durante o mes pasado. En xuño volverán ó traballo na mesma zona onde viñan traballando, nas inmediacións de Coroso. As expectativas son moi optimistas dado que a alta demanda de marisco durante o verán tradúcese nunha suba da cotización. Aínda así, a campaña máis rendible, a da ameixa babosa, é a que se iniciará en outubro coa vista posta xa no Nadal con preto de dosucentos cincuenta mariscadores.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    Marítima Pesca Marisqueo    Ameixa   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Chicote convértese no mellor embaixador do berberecho de Noia
    NOIA> Inauguradas as segundas Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia que nesta edición tiveron como convidado ó cociñeiro Alberto Chicote. Durante toda a fin de semana seguirán a desenvolverse conferencias e actos paralelos que culminarán coa degustación popular prevista para o domingo.
  • O BNG presenta alegacións á suba do prezo da auga
    POBRA> O BNG da Pobra vén de presentar alegacións á suba da taxa do abastecemento da auga proposta pola empresa concesionaria. Os nacionalistas animan ós veciños que se opoñan a estes incrementos a que presenten tamén as súas emendas a título particular.
  • Xa á venda o calendario 2018 de Amicos
    BARBANZA> As fotografías que aparecen nel volven a estar protagonizadas polos propios usuarios da entidade. Por quinto ano consecutivo, e debido tamén ó éxito de edicións anteriores, Amicos volverá a sacar á rúa o seu calendario solidario. Faino coa finalidade de recadar fondos para os programas que desenvolve a entidade ó longo do ano pero tamén para ensalzar a capacidade de integración laboral das persoas con discapacidade intelectual. Precisamente as fotografías que aparecen no calendario están protagonizadas polos propios usuarios da entidade e foron realizadas nunha ducia de negocios da comarca que quixeron colaborar coa iniciativa. Trátase de Construcciones Serdeco, Mar de Aguiño, Conxelados Piloño, Industria Química Río Blanco, Hispania Protección y Seguridad, Ferretería Casais, Talleres Susavila, Seguros Bilbao de Boiro, Digar Construcciones Metálicas, grupo JB CAO, Pinturas Isaval e Combustibles Puebla, ademais da propia Asociación de Empresarios de Boiro, en cuxa sede se realizou esta presentación. Os calendarios xa están a venda en dúas versións, tanto para parede como para mesa, a un prezo de tres e dous euros respectivamente. Para adquirilos, as persoas interesadas poden achegarse a algún dos centros de Amicos, tanto noo Centro de Atención Integral de Amicos en Comoxo coma no Centro de Educación Especial en Oleiros, así como tamén nas propias empresas que colaboran coa iniciativa.
  • O alto prezo da volandeira está a salvar a campaña do bou de vara
    RIANXO> Aínda así as máis de trinta embarcacións que se dedican a esta arte no porto rianxeiro auguran que será unha campaña curta, debido á escasa presenza deste produto. Como en todo, cúmprese coa lei da oferta e da demanda. Ou isto é o que deben pensar os mariñeiros de Rianxo que se dedican ó ou bou de vara. A campaña desta arte, iniciada hai varias semanas está a resultar regular, debido ás escasas capturas, especialmente de peixe. A unica especie que está a manter un pouco o tirón é a volandeira, que acada en rula unha cotización máxima duns dez euros. Un prezo maior ó de anos anteriores. En Rianxo son ó redor dunhas 40 as embarcacións con permiso para dedicarse a esta arte, aínda que non todas elas deciden traballar nesta pescaría que ten na volandeira a principal especie de captura, seguido do choco e da nécora. Trátase dunha arte complicada, moi condicionada tamén polo tempo no mar. A maior parte do peixe e do marisco capturado do bou vai para o consumo en fresco, mentres que a maioría da volandeira vai destinada á conserva.
  • Mar defende o protocolo de resposta da Xunta ante a contaminación mariña
  • O Poboado da Igualdade fomenta a corresponsabilidade entre os escolares de Ribeira
    RIBEIRA> Ribeira conmemorará o Día contra a Violencia de Xénero cunha serie de actividades que buscan fomentar a igualdade dende a base. A maior parte das iniciativas están dirixidas a nenos aínda que tamén se oferta un curso de autodefensa para adultos.
HomeBARBANZA - NOIAOs mariscadores de Ribeira paran todo o mes de maio para recuperar os prezos Top of Page

Síguenos en facebook