09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Acuaes acometerá obras complementarias de desodorización na EDAR de Ribeira

Mai 10 Escrito por 
RIBEIRA> Os afectados pola EDAR de Ribeira saíron razoablemente satisfeitos da xuntanza mantida a pasada tarde cos responsables da administración. Acuaes, a empresa que executou as obras, comprometeuse a realizar traballos de desodorización para eliminar por completo o problema de cheiros que sofren os veciños dos Areeiros.
Solución definitiva pero a longo prazo. Este é o compromiso que obtiveron os afectados pola depuradora de Ribeira por parte dos representantes de Acuaes, empresa pública responsable das obras da EDAR. No transcurso dunha xuntanza, á que tamén asistiron representantes de Agas de Galicia e da corporación municial, a empresa comprometeuse á realización de obras complementarias de desodorización en cada un dos bombeos para eliminar os problemas detectados nun exhaustivo estudo que se vén de elaborar. Os afectados confían na resolución definitiva do problema aínda que son conscientes de que haberá que agardar. Os prazos barallados sitúan o fin das obras en agosto de 2018. Durante a xuntanza informouse tamén as melloras que xa se teñen acometido no sistema de bombeo e que, tal e como recoñecen os propios veciños, teñen suposto algunhas melloras. Ademais analizáronse outras actuacións complementarias que quedan pendentes para o correcto funcionamento das instalacións. Os afectados quedaron emprazados a unha futura reunión en setembro.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    EDAR    Medio Ambiente   
Modificado por última vez no Xoves, 11 Mai 2017 10:24

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Medio Ambiente avanza en Ribeira o contido do PRUX das Illas Atlánticas
    RIBEIRA> O concello de Ribeira acolleu unha nova xuntanza sobre o Plan de Xestión e Usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio avanzou ós axentes implicados as principais liñas desta proposta que busca compatibilizar as actividades económicas coa conservación do parque.
  • Juan Antonio Gude e Rocío Alvite vencedores da Carreira Popular 'Mar de Boiro'
    BOIRO> Na proba celebrada este domingo participaron uns setecentos corredores, sumando tódalas categorías. Onte domingo disputouse a décimo terceira edición da carreira popular Mar de Boiro, undécimo memorial Pepe Buceta. A organización da proba, que correu a cargo do Departamento de Deportes boirense, destacou a alta participación, con máis de 700 inscritos, sumando tanto a categoría de adultos como as de escolares e mini. A saída producíase ás once da mañá coa presenza das distintas autoridades locais, entre as que se atopaban o alcalde, Xoán Xosé Dieste, quen destacou a importancia da carreira, que co paso dos anos está a adquirir un maior protagonismo. O bo tempo existente durante toda a mañá axudou ó bo desenvolvemento da mesma, sendo numerosos os afeccionados que seguiron a proba ó longo de todo o seu percorrido, que estivo dividida ademais en varios trazados segundo as idades e categorías. O vencedor da proba na categoría absoluta masculina foi Juan Antonio Gude do Club Montepenarubia que completou o percorrido cun tempo de 32 minutos e 5 segundos. En segundo lugar quedou Amador Pena do Club Atletismo O Pino cun tempo de 32 minutos y 53 segundos. E catro segundos máis tarde entraba o terceiro clasificado, José Lojo do san Miguel de Marín. En canto á categoría feminina absoluta a vencedora foi a esteirana Rocío Alvite do Atletismo Sar-Petroni cun tempo de 38 minutos e 41 segudos. En segundo lugar quedou Elena matalobos da Sociedade deportiva Barbantia Roda cun tempo de 41:42 e o terceiro posto foi para Teresa Carneiro do Club Atletismo Santiago cun tempo de 42:15. Ademais do seu aspecto puramente deportivo, a carreira converteuse nunha gran festa do deporte.
  • O BNG de Boiro demanda melloras no núcleo de Esteiro
    BOIRO> O BNG de Boiro levará a pleno tres mocións encamiñadas a melloras os servizos do lugar de Esteiro. Reclaman a construción do paseo marítimo, a dotación de beirarrúas ata o lugar de Cariño e a eliminación das molestias ocasionadas polo pozo de bombeo.
  • O BNG propón excluír á flota do xeito do reparto de cotas
    RIANXO> O BNG propón excluír ó xeito das restricións da política de cotas. Así o manifestou a voceira nacional, Ana Pontón, na xuntanza mantida cos responsables da confraría de Rianxo.
  • O Intecmar celebra o seu 25 aniversario con xornadas de portas abertas
    VILAGARCÍA > O Intecmar conmemora o seu 25 aniversario. Para celebralo, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño abre as súas portas a todo aquel que o desexe, coa intención de dar a coñecer a súa labor, centrada no control da calidade do medio mariño. Hoxe celebrouse a primeira dunha serie de visitas guiadas. Era o ano 1992 cando a Xunta poñía en marcha en Vilaxoán o INTECMAR, un organismo centrado na protección e mellora da calidade do medio mariño e no fomento da produción de moluscos baixo os limiares de máxima calidade. Daquela chamábase Centro para o Control da Calidade do Medio Mariño e a súa capacidade de resposta era limitada. 25 anos despois, e convertido xa nunha referencia mundial no sector, o INTECMAR decidiu abri-las súas portas para dar a coñecer os seus múltiples campos de actuación. O Instituto organizou catro xornadas de portas abertas, de calquera tipo de perfil. Hoxe celebrouse a primeira desas citas, cunha conferencia impartida polos propios expertos do centro na que se deron a coñecer os diversos quefaceres do Instituto en materia de seguridade alimentaria, sanidade animal e contaminación. A xornada completouse cun percorrido polas instalacións, permitindo afondar nas súas funcións e na historia do centro. No mes de xaneiro desenvolveranse as outras tres xornadas guiadas, para as que xa non quedan prazas. Ante a boa acollida da iniciativa, dende o Intecmar valoran xa a posibilidade de lanzar novas datas para o mes de febreiro.
  • Nenos de Vilagarcía aprenden a coidar a súa contorna con plantas
    Os nenos do colexio da Escardia de Vilagarcía tiveron hoxe unha misión moi especial: plantar ducias de plantas nun parque da vila. A actividade, promovida polo Concello, busca concienciar ós máis pequenos da necesidade de coidar e respecta-la contorna na que viven. Os alumnos de terceiro de primaria do CEIP da Escardia de Vilagarcia mudaron hoxe a súa aula polo parque de Miguel Hernández. Son pouco máis das DEZ da mañá, pero nin a hora, nin o frío os detén: Plantáronse na rúa para arranxa-los xardíns municipais. Acompañados dun grupo de alumnos do Centro de Educación Especial da vila e seguindo os consellos do persoal de xardíns do Concello, os rapaces encargáronse de plantar ducias de plantas ornamentais. Os mestres contan que, con actividades como esta, os rapaces toman conciencia da necesidade de respectar o medio ambiente e, sobre todo, coida-la contorna na que viven A inciativa “Plántate na rúa”, impulsada polo Concello, segue agora adiante, con novos grupos doutros centros escolares da localidade.
HomeBARBANZA - NOIAAcuaes acometerá obras complementarias de desodorización na EDAR de Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook