• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Boiro Novo critica a xestión do goberno local en materia mediambiental

Mai 10 Escrito por 
BOIRO> Poñen como exemplo a perda das axudas do Plan de Impulso ó Medio Ambiente que promove o Goberno Central que lle permitirían ó Concello poder acceder ó financiamento de proxectos vinculados á reciclaxe de residuos dentro do ámbito local.
Para Boiro Novo o impulso de accións en favor da mellora do medio ambiente e da integración de políticas de calidade ambiental debería ser unha das máximas de calquera Concello, de aí que decidirán presentar unha iniciativa plenaria a través da cal solicitaban a participación do municipio no Plan de Impulso ó Medio Ambiente do ministerio de Medio Ambiente. Pero a súa sorpresa foi maíscula ó comprobar como o goberno municipal deixara transcorrer o prazo da convocatoria e así perder a posibilidade de beneficiarse desta liña de axudas que incluía, entre outras, medidas para o fomento da compostaxe. Dentro desta convocatoria, as entidades locais, podían acceder tamén ó financiamento de proxectos vinculados á reciclaxe de residuos dentro do ámbito local como é o caso da recollida de aceite de cociña usado para destinalo á producción de biocombustible.

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os fogos do Nazareno foron aprazados para o sábado por mor do tempo
    POBRA> A Pobra despediu onte pola noite as festas do Nazareno despois de catro días de celebracións. Polo día, como vén sendo tradición, a xornada estivo dedicada especialmente ós máis pequenos. Aínda así boa parte das actividades previstas no programa víronse condicionadas por mor do tempo. Xa pola noite a chuvia, que caeu por momentos a mesta néboa, obrigaron tamén á suspensión da gran tirada de fogos artificiais no paseo do Areal, que pon o broche final ós festexos. A comisión de festas do Divino Nazareno decidiu a última hora aprazar o espectáculo pirotécnico para a noite do sábado. Si se mantivo a verbena, a cargo da orquestra Olympus que reuniu na Praza Maior a multitude de persoas.
  • Hostaleiros de Ribeira recadan 650 euros en favor de SOGAPS
    RIBEIRA> Na iniciativa colaboraron oito establecementos da localidade que destinaron o 10% da caixa feita o pasado sábado 2 de setembro a partir das once da noite. Este é o momento no que Antonio Lijó, en nome dos hostaleiros dos oito establecementos que participaron nesta iniciativa lle facía entrega do cheque á presidenta da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla. A axuda, que ascendeu a uns 635 euros, foi recadada durante a noite do pasado sábado 2 de setembro e corresponde co 10% da caixa feita neses locais despois das once da noite. A iniciativa tivo tamén unha gran acollida entre os clientes. Dende SOGAPS agradeceuse a iniciativa e a colaboración por parte deste grupo de hostaleiros de Ribeira. A axuda será destinada a un proxecto deportivo máis ambicioso que ten previsto poñer en marcha a entidade. Os oitos locais que participaron nesta campaña foron o Bar Plaza, A Recoveira, Ventos Vellos, O Niño do Cuco, Oliver & Stanley, Chiringuito Pedra Pateira, A Galeguiña e O Noite Lounge.
  • Detido un veciño de Escarabote por cultivo de marihuana
    BOIRO> A Garda Civil localizou unhas once plantas de marihuana nunha finca da súa propiedade no lugar de Vistaverde. No marco da denominada operación ‘Vistaverde’, axentes da Garda Civil de Boiro procederon á detención dun veciño da localidade, con iniciais J.L.O.I., de 40 anos coma presunto autor dun delito de cultivo e elaboración de droga. As investigacións realizadas deron como resultado o comiso dunhas once plantas de marihuana que o prendido cultivaba nunha finca da súa propiedade situada no lugar de Vistaverde, en Escarabote. No operativo tamén se lle incautou dunha caixa que contiña ó redor de cincocentos gramos de brotes desta planta. Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado o valor da marihuana incautada podería acadar os 6.200 euros. Os feitos xa foron postos a disposición do Xulgado Número 1 de Ribeira que é o que instrúe as dilixencias.
  • Rianxo acollerá unha proba do Open de Andainas de Media Distancia
    RIANXO> A cita, organizada polo Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, terá lugar o domingo primeiro de outubro. Os afeccionados ó mundo do sendeirismo terán unha cita o próximo domingo 1 de outubro en Rianxo. Organizada polo Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés desenvolverase unha camiñada de 25 quilómetros de percorrido. A proba, incluída no cuarto open de andainas de media distancia da Federación Galega de Montañismo, partirá ás nove da mañá dende a zona de Campo Maneiro. Tamén haberá un percorrido alternativo de quince quilómetros para aqueles participantes que non desexen realizar a proba completa. Dende o Concello, que colabora co Club na organización da andaia, animaron a participar nesta proba que discorrerá por espazos de gran beleza paisaxística como poden ser a Muralla, ou o mirador de castro Barbudo. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse ou obter máis información na dirección andaina25barbanza.blogspot.com ou no teléfono 609 071 273.
  • O alcalde de Ribeira intenta acelerar a posta en marcha do cuarto xulgado
    RIBEIRA> Os datos presentados na memoria anual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deixaron patente a sobrecarga de traballo que se dá nos xulgados ribeirenses. Hai varios meses durante a visita que realizaba ó xulgado ribeirense o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, este mesmo se pronunciaba ó respecto da necesidade dun cuarto xulgado. Segundo el todo dependería do grao de traballo no momento en que se coñecese o número de novas sedes xudiciais correspondentes a Galicia. Unha posibilidade que agora, ó coñecerse a memoria anual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, volve a cobrar forza. É máis o rexedor ribeirense xa se puxo mans á obra para intentar acelerar a súa posta en marcha.
  • O BNG pide que o Concello asuma a xestión directa da piscina da Cachada
    BOIRO> A solicitude dos nacionalistas prodúcese despois do vencemento do contrato coa empresa encargada do servizo e antes de que se saque novamente a licitación. Atendendo ás demandas dos propios usuarios das instalacións que dende hai tempo veñen manifestando as súas queixas polo mal funcionamento da piscina, o BNG solicitará no vindeiro pleno que o Concello asuma a xestión directa do complexo deportivo da Cachada. Para os nacionalistas esta sería a mellor maneira de garantir a calidade do servizo á veciñanza, xa que as empresas privadas só pensan no seu beneficio económico. Fano precisamente agora unha vez concluído o contrato coa empresa e cando o equipo de goberno ten previsto sacar a concurso unha nova licitación. Dende a formación frentista sinalan que as críticas polo mal funcionamento das instalacións non van contra o seu persoal, que si cumpre co seu cometido, que mesmo coa municipalización do servizo vería mellorado tamén as súas condicións de traballo.
HomeBARBANZA - NOIABoiro Novo critica a xestión do goberno local en materia mediambiental Top of Page

Síguenos en facebook