09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A USC achega a formación universitaria ós maiores de cincuenta anos

Mai 11 Escrito por 
RIBEIRA> Ribeira acollerá a finais deste mes un curso da Universidade de Santaigo, enmarcado no programa de formación para maiores de cincuenta anos. Trátase dunha iniciativa pioneira que busca achegar ós coñecementos á cidadanía, relacionados co seu propio entorno.
‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’. Baixo este título desenvolverase o proxecto de democratización do coñecemento promovido pola Universidade de Santiago que elixiu Ribeira como punto de partida. A partir do vinte e dous de maio, profesores universitarios desprazaranse ata o centro cultural da vila para impartir clases teóricas sobre historia de Galicia e Medio Ambiente. Materias que se poñerán en relación co entorno no que se imparten polo que se realizarán tamén visitas guiadas a puntos de interes como o Dolmen de Axeitos ou o Centro Galego de Acuicultura. Este primeiro curso do programa oferta vinte e cinco prazas de carácter gratuíto. Os interesados xa poden inscribirse nas oficinas de Normalización Lingüística situadas no Centro Cultural Lustres Rivas. O obxectivo deste plan que se desenvolverá en sete comarcas galegas é brindar a oportunidade de acceder á formación universitaria a aquelas persoas que no seu día non puideron. A iniciativa da Universidade conta co apoio dos concellos participantes e a colaboración da Deputación da Coruña.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    Educación    Universidade de Santiago de Compostela   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Medio Ambiente avanza en Ribeira o contido do PRUX das Illas Atlánticas
    RIBEIRA> O concello de Ribeira acolleu unha nova xuntanza sobre o Plan de Xestión e Usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio avanzou ós axentes implicados as principais liñas desta proposta que busca compatibilizar as actividades económicas coa conservación do parque.
  • Juan Antonio Gude e Rocío Alvite vencedores da Carreira Popular 'Mar de Boiro'
    BOIRO> Na proba celebrada este domingo participaron uns setecentos corredores, sumando tódalas categorías. Onte domingo disputouse a décimo terceira edición da carreira popular Mar de Boiro, undécimo memorial Pepe Buceta. A organización da proba, que correu a cargo do Departamento de Deportes boirense, destacou a alta participación, con máis de 700 inscritos, sumando tanto a categoría de adultos como as de escolares e mini. A saída producíase ás once da mañá coa presenza das distintas autoridades locais, entre as que se atopaban o alcalde, Xoán Xosé Dieste, quen destacou a importancia da carreira, que co paso dos anos está a adquirir un maior protagonismo. O bo tempo existente durante toda a mañá axudou ó bo desenvolvemento da mesma, sendo numerosos os afeccionados que seguiron a proba ó longo de todo o seu percorrido, que estivo dividida ademais en varios trazados segundo as idades e categorías. O vencedor da proba na categoría absoluta masculina foi Juan Antonio Gude do Club Montepenarubia que completou o percorrido cun tempo de 32 minutos e 5 segundos. En segundo lugar quedou Amador Pena do Club Atletismo O Pino cun tempo de 32 minutos y 53 segundos. E catro segundos máis tarde entraba o terceiro clasificado, José Lojo do san Miguel de Marín. En canto á categoría feminina absoluta a vencedora foi a esteirana Rocío Alvite do Atletismo Sar-Petroni cun tempo de 38 minutos e 41 segudos. En segundo lugar quedou Elena matalobos da Sociedade deportiva Barbantia Roda cun tempo de 41:42 e o terceiro posto foi para Teresa Carneiro do Club Atletismo Santiago cun tempo de 42:15. Ademais do seu aspecto puramente deportivo, a carreira converteuse nunha gran festa do deporte.
  • O BNG de Boiro demanda melloras no núcleo de Esteiro
    BOIRO> O BNG de Boiro levará a pleno tres mocións encamiñadas a melloras os servizos do lugar de Esteiro. Reclaman a construción do paseo marítimo, a dotación de beirarrúas ata o lugar de Cariño e a eliminación das molestias ocasionadas polo pozo de bombeo.
  • O BNG propón excluír á flota do xeito do reparto de cotas
    RIANXO> O BNG propón excluír ó xeito das restricións da política de cotas. Así o manifestou a voceira nacional, Ana Pontón, na xuntanza mantida cos responsables da confraría de Rianxo.
  • Nenos de Vilagarcía aprenden a coidar a súa contorna con plantas
    Os nenos do colexio da Escardia de Vilagarcía tiveron hoxe unha misión moi especial: plantar ducias de plantas nun parque da vila. A actividade, promovida polo Concello, busca concienciar ós máis pequenos da necesidade de coidar e respecta-la contorna na que viven. Os alumnos de terceiro de primaria do CEIP da Escardia de Vilagarcia mudaron hoxe a súa aula polo parque de Miguel Hernández. Son pouco máis das DEZ da mañá, pero nin a hora, nin o frío os detén: Plantáronse na rúa para arranxa-los xardíns municipais. Acompañados dun grupo de alumnos do Centro de Educación Especial da vila e seguindo os consellos do persoal de xardíns do Concello, os rapaces encargáronse de plantar ducias de plantas ornamentais. Os mestres contan que, con actividades como esta, os rapaces toman conciencia da necesidade de respectar o medio ambiente e, sobre todo, coida-la contorna na que viven A inciativa “Plántate na rúa”, impulsada polo Concello, segue agora adiante, con novos grupos doutros centros escolares da localidade.
  • O presidente da Deputación anuncia novas melloras da seguridade viaria en Rianxo
    RIANXO> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Rianxo para anunciar dúas obras de seguridade viaria que veñen de ser aprobadas no último pleno da corporación provincial. Trátase dun treito de medio quilómetro no vial entre Rianxo e Bexo e o remate da senda peonil en Burés.
HomeBARBANZA - NOIAA USC achega a formación universitaria ós maiores de cincuenta anos Top of Page

Síguenos en facebook