• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Constituída oficialmente a Xunta Local de Seguridade de Noia

Mai 11 Escrito por 
NOIA> Este xoves constituíuse oficialmente a Xunta Local de Seguridade de Noia. Representantes da Garda Civil e da Policía Local e Autonómica mantiveron unha xuntanza co alcalde e co subdelegado do goberno en Galicia para mellorar a coordinación entre os distintos corpos.
A consititución da Xunta Local de Seguridade facilitará a coordinación entre as distintas forzas de seguridade no deseño de eventos e actividades previstas ó longo de todo o exercicio. Tamén se analizarán os índices de criminalidade no municipio e se avaliarán as medidas máis efectivas para garantir a seguridade cidadá. Tras esta xuntanza constituínte, a xunta reunirase de xeito semestral para facer un seguimento da situación no concello.
Etiquetado como Noia    MurosNoia    Xunta Local Seguridade   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PSOE sonense denuncia a obstrución ó seu labor de oposición
    PORTO DO SON> Os socialistas quéixanse de que, no que vai de ano, non se incluiron na orde do día dos plenos as súas iniciativas, a pesar de telas rexistradas en tempo e forma. Para o grupo municipal socialista esta situación é un exemplo máis da censura que está a levar a cabo o grupo de goberno cos grupos da oposición. Segundo eles no que vai de ano na orde do día dos plenos non se incluíu ningunha das súas mocións, presentadas en tempo e forma. Poñen como exemplo a situación vivida na última sesión plenaria na que faltaron as súas tres propostas, unha para dar viabilidade á piscina municipal, outra solicitando un plan municipal de educación e outra na que pedían mais medios materiais e formación para a loita contra a praga da vespa velutina. Despois de pedirlle as correspondentes explicacións ó equipo de goberno por esta situación, non descartan acudir ó Valedor, ante o que consideran un continuo entorpecemento ó seu labor coma concelleiros.
  • A mostra de curtas de 'Vila de Noia' recibe máis de 1.200 traballos
    NOIA> Esta pasada fin de semana remataba o prazo de presentación de traballos para a próxima edición do festival. Máis de 1.200 traballos. A maioría deles na sección de ficción. Unha cifra importante e que vén a demostrar o enorme interese que levanta este certame audiovisual. A súa procedencia do máis dispar. En total uns 42 países diferentes, entre os que se atopan a India, Hong Kong, Taiwan, Australia ou mesmo Canadá. Todos competirán por facerse coa estatuilla da Mostra de Curtas "Vila de Noia", que servirá como pasaporte para os próximos premios Goya, xa que este ano é festival volverá a ser colaborador. As curtametraxes seleccionadas serán anunciadas o próximo 9 de outubro e serán proxectadas durante a semana do festival, que terá lugar do 1 ó 11 de novembro.
  • Máis produtores arousáns traballarán este ano na campaña marisqueira de Noia
    NOIA> A razón que explica este éxodo é a merma de ingresos que padecen nas súas concesións. Algo chamativo pero totalmente legal. Nos últimos anos, e cada vez máis, as confrarías arousás están a notar unha baixa importante no número dos seus socios. Estas baixas coinciden ademais coa apertura da campaña extractiva en Noia prevista para este próximo luns. Os produtores arousáns alugan ou compran a armadores noieses a súa embarcación co permiso correspondente para poderen traballar nas súas concesións. O éxodo vén provocado fundamentalmente pola merma de ingresos no libre marisqueo. Algo totalmente legal. Trátase fundamentalmente de mariscadores de Rianxo, Cabo de Cruz, Cambados ou a Illa. As boas expectativas para o inicio da campaña en Noia provoca que cada vez sexan máis os que deciden cambiar de aires e buscarse a vida pagando importantes cantidades de diñeiro. E aínda así compénsalles.
  • As festas do Nazareno terán un operativo especial de seguridade
    POBRA> O Subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiu a reunión da xunta local de seguridade. Na reunión da xunta local de seguridade, na que ademais do Subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, e do alcalde, Xosé Lois Pîñeiro, tomaron parte representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado, así como tamén Policía Local e Protección Civil, tiña coma principal finalidade abordar o dispositivo especial de seguridade previsto para esta vindeira fin de semana co gallo da celebración das festas do Nazareno na que se prevé unha participación dunhas corenta mil persoas. Precisamente debido a esa aglomeración de xente que virá a tomar parte na procesión das mortallas, dende a Subdelegación do Goberno e tamén dende o propio Concello, creuse convinte aumentar o número de controis ese día, para evitar, na medida do posible, calquera incidente. Neste sentido impedirase o acceso de vehículos á zona pola que discorrerá a procesión. No transcurso da xuntanza analizouse tamén a evolución da seguridade cidadá a nivel municipal que se mantén en liñas xerais nuns niveis baixos. Aínda así no último ano notouse un lixeiro aumento no número de delitos, na maioría dos casos pequenos roubos, en concreto de móbiles, polo que se fai un chamamento especial á poboación para que estreme as precaucións durante estas datas festivas. Tamén se incrementou o número de denuncias neste último ano na Pobra por delitos cibernéticos.
  • O BNG aposta pola xestión directa da planta de compostaxe de Servia
    NOIA> Os nacionalistas fan esta solicitude a cinco anos vista para o remate da concesión que a Mancomunidade Serra do Barbanza mantén coa firma FCC. Para o BNG nestes anos da man de FCC vivíronse situacións esperpénticas, na que os máximos prexudicados polo servizo de recollida do lixo foron os propios veciños, queixándose do trato que a empresa dá ós concellos que integran Serra do Barbanza. Para os nacionalistas unha das mellores opcións sería a xestión directa do complexo. Ademais avogan por unha mellora do servizo que se presta a través da ampliación e renovación da planta de Servia, hoxe totalmente obsoleta, así como que se estude a viabilidade da entrada doutros concellos da zona á entidade como poden ser Rianxo, que xa mostrou interese, ou Outes.
  • O alcalde de Noia recibe a unha delegación do proxecto 'Climántica'
    NOIA> A delegación estaba conformada por 120 alumnos e profesores de distintos institutos europeos e tamén de México participantes no campus xuvenil de carácter internacional integrado no proxecto Climántica, liderado polo instituto Virxe do Mar da localidade. A recepción no Concello, era unha máis das citas da ampla axenda que a delegación de participantes no campus xuvenil de carácter internacional Educocean que pretende dar respostas educativas ó problema do cambio climático, no marco do proxecto europeo Climántica que lidera ende hai uns dez anos o IES Virxe do Mar. Son en total unhas 120 persoas, entre profesores e alumnos, de países tan dispares como México, Polonia ou Portugal, e no que participan tamén centros educativos de diversas comunidades españolas, incluíndo Galicia. A delegación acaba de chegar da localidade lusa de Aveiro, onde se desenvolveu a primeira fase do proxecto. O alcalde, Santiago Freire, destacou a importancia deste proxecto, ó tempo que agardou que que experiencia sexa proveitosa para todos. Esta tarde tiñan previsto realizar diversas actividades na zona de Testal, unha visita ó casco histórico da vila e coñecer tamén os traballos do marisqueo. A xornada rematará mañá coa proxección das curtas seleccionadas no marco do proxecto e unha festa final.
HomeBARBANZA - NOIAConstituída oficialmente a Xunta Local de Seguridade de Noia Top of Page

Síguenos en facebook