• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A historia da Torre de Bermúdez centrará os actos do 30 aniversario do Museo Valle-Inclán

Mai 12 Escrito por 
POBRA> Este mes cúmprense trinta anos dende que o Museo Valle-Inclán da Pobra. Para celebralo, inaugurarase unha exposición coas láminas realizadas por Héitor Picallo sobre os gravados da Torre de Bermúdez. As obras están recollidas tamén nun ensaio sobre a historia deste emblemático elemento patrimonial.
O 18 de maio ás oito da tarde terá lugar a inauguración oficial da exposición para conmemorar o trinta aniversario do Museo Valle-Inclán da Pobra. Trátase dunha serie de cincuenta láminas en papel algodón que reproducen, a través da técnica augada de tinta, os detalles arquitectónicos da Torre de Bermúdez que acolle o museo. Permanecerá aberta ó público ata o trinta de setembro. As ilustracións inclúense nun libro editado especialmente para conmemorar esta efeméride. O director do museo fai un repaso polos cincocentos anos de historia deste inmoble que constitúe un dos últimos expoñentes da arquitectura civil renacentista en Galicia. Os asistentes ós distintos actos conmemorativos do trinta aniversario recibirán un exemplar da publicación, da que só se editaron cincocentos.
Etiquetado como Pobra do Caramiñal    Barbanza    Cultura    Museo ValleInclán   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O novo libro de X.V. Domínguez bate record de vendas na Feira do Libro de Ribeira
    RIBEIRA> Con doce libros ás costas, José Vicente Domínguez segue a afrontar cada nova publicación coa mesma ilusión. A súa última novela ‘Por mucho que ahora me quieran’ vén de presentarse na Feira do Libro de Ribeira con gran éxito de vendas.
  • Os pantaláns de Cabo de Cruz estarán rematados en setembro
    BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar .
  • O BNG de Boiro defende a súa xestión na construción do aparcadoiro de Anegral
    BOIRO> O BNG de Boiro respostou ás críticas formuladas polo alcalde en relación ó mal estado en que deixou o anterior goberno a praza da Boqueira de ANegral. Acusan ademais ó actual goberno de querer darlle un uso privado a esta infraestrutura.
  • Sardiñas aptas para tódolos petos na véspera da noite de San Xoán
    BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente.
  • Nove expositores achegan as últimas novidades literarias a Ribeira na III Feira do Libro
    RIBEIRA> Inaugurada oficialmente a Feira do Libro de Ribeira. Nesta terceira edición conta con nove expositores que permanecerán na praza do concello ata o domingo. Tódolos libreiros ofrecerán un descontó do dez por cento nas compras e haberá actividades de animación.
  • Leiceaga pide maior implicación da Xunta no deseño dun Plan de Xestión Marisqueira
    RIANXO> O voceiro do PSdeG-PSOE fixo esta mañá unha visita ós Lombos do Ulla, a onde acudiu en compaña de varios patróns maiores e representantes de Confrarías arousás para analizar a caída da produción nesta zona de libre marisqueo. No encontro mantido en Rianxo, Fernández Leiceaga aludiu tamén á necesidade de que se estremen os controis de contaminación na Ría e que se actualicen os estudos sobre a produtividade marisqueira na zona, xa que os últimos foron realizados hai xa quince anos. Máis duro se mostrou o patrón maior rianxeiro, Miguel Ángel Iglesias, quen xunto as patroas maiores de Vilanova e Cabo de Cruz, María José Vales e Raquel Soto, respectivamente, acompañou ó voceiro socialista na súa visita ós Lombos do Ulla. Iglesias reclamou actuacións urxentes para mellorar a produtividade dos Lombos e por extensión a de toda a Ría, da que viven moitas familias. O patrón maior rianxeiro lamentou tamén que a campaña do ano que vén vai estar condicionada pola escasa produtividade, polo que, segundo el, será novamente un ano perdido.
HomeBARBANZA - NOIAA historia da Torre de Bermúdez centrará os actos do 30 aniversario do Museo Valle-Inclán Top of Page

Síguenos en facebook