• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Deteñen a dúas mulleres romanesas tras unha espectacular persecución policial

Mai 12 Escrito por 
POBRA> Espectacular persecución a protagonizada este venres pola policía local de Ribeira. Unha patrulla seguiu ós autores dun roubo nunha vivenda en Aguiño ata a entrada da Pobra onde o vehículo dos presuntos delincuentes chocou contra outro coche. O condutor logrou fuxir a pé. As outras dúas ocupantes foron detidas.
Pasadas as dez da mañá rexistrábase un accidente no termo municipal da Pobra, na estrada provincial á altura do cruce cara Santa Cruz. Sen embargo, o que semellaba ser un choque entre dous vehículos resultou froito dunha espectacular persecución. A Policía Local de Ribeira seguía un turismo que circulaba a toda velocidade dende Aguiño, onde presuntamente os seus ocupantes acababan de cometer un roubo. Ía tan rápido que non puido dar a curva no punto indicado e bateu contra outro vehículo e posteriormente contra un muro. No medio da confusión causada polo accidente o condutor do vehículo logrou fuxir a pé. Non así as dúas mulleres que o acompañaban que acabaron sendo detidas, unha grazas á colaboración do condutor do outro vehículo implicado no accidente. As detidas, de nacionalidade romanesa, están presuntamente relacionadas con varios roubos cometidos nas últimas semanas na zona.
Etiquetado como Pobra do Caramiñal    Barbanza    sucesos    persecucion   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIADeteñen a dúas mulleres romanesas tras unha espectacular persecución policial Top of Page

Síguenos en facebook