• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A confraría de Noia agarda poder cobrar a indemnización pola extración de marisco con toxina en 2013

Mai 12 Escrito por 
NOIA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga á Consellería do Mar a indemnizar á confraría de Noia polo episodio de toxina de principios da campaña de 2013. A sentenza non é firme e a Xunta xa presentou un recurso de casación por non compartir a resolución.
A sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia establece unha indemnización de máis de catrocentos mil euros. Esta contía correspóndese coas perdas ás que tivo que facer fronte o pósito na apertura da campaña de 2013 cando venderon ó redor de cen mil quilos de marisco afectado pola toxina sen que a Xunta decretase a paralización cautelar da actividade. A maior parte das empresas devolveron o marisco afectado, que tivo que ser aboado pola confraría. O patrón maior entende que houbo certa deixadez por parte do Intecmar ó non realizar os controis coa regularidade habitual. Malia que respectan a resolución xudicial, dende a Consellería do Mar xa presentaron un recurso de casación posto que existían outras tres denuncias similares, promovidas por outros pósitos, que foron desestimadas. Argumentan dende a administración que os pasos seguidos polo departamento autonómico foron os correctos xa que se tratou dun episodio excepcional no que o avance da toxina foi tan rápido que non se puido detectar a súa presenza cos sistemas de control habituais.
Etiquetado como Noia    MurosNoia    Marítima Pesca Marisqueo    Toxina   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PSOE de Lousame pide que os inmobles con usos agropecuarios non paguen o IBI
    LOUSAME> O PSOE de Lousame está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para conseguir a redución completa do IBI para aquelas propiedades destinadas a usos agropecuarios. Instan ó goberno municipal a establecer a máxima bonificación para este tipo de infraestruturas nun concello eminentemente rural.
  • Noia converterase en Agosto na sede internacional da Arpa
    NOIA> Noia acollerá entre o dous e o catro de agosto o Festival Internacional de Arpa. Nesta cuarta edición destaca a alta participación de artistas locais que compartirán escenario coas máis grandes figuras internacionais nesta disciplina.
  • Os pantaláns de Cabo de Cruz estarán rematados en setembro
    BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar .
  • Oposición ó peche do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes
    OUTES> A comunidade educativa anuncia que non parará ata conseguir a anulación da medida por parte de Educación. Con berros coma este....a comunidade educativa do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes oponse á decisión da consellería de Educación de pechar o centro para o vindeiro curso escolar. Unha decisión que ninguén agardaba e que mesmo os colleu por sorpresa, na véspera do inicio das vacacións. Visiblemente emocionada a directora do colexio, Mercedes Cereijo, relatáballe ó resto de profesores, pais, familiares e veciños en xeral, que esta mañá acudiron en masa ó colexio atendendo a chamada realizada pola ANPA, como foi o anuncio desa drástica decisión da Xefatura Territorial, abrindo as portas á fusión co outro colexio do Concello, o CEIP da Serra de Outes. Dende a ANPA non entenden as razóns que levan a Consellería a tomar esta decisión sen previo aviso, máxime cando hai prevista unha matricula duns 72 nenos para o curso que vén. Tampouco entenden que dende o Concello se mire para outro lado e non se respalden as súas reivindicacións. A súa idea é seguir mobilizándose ata conseguir que se anule esta medida que consideran inxusta. Ademais dos escritos remitidos á Consellería demandando un cambio de postura na súa decisión, unha das primeiras accións a realizar foi a recollida de sinaturas de xeito presencial e tamén a través da plataforma change.org.
  • A Garda Civil intervén preto dos mil litros de Coca-Cola en Noia
    NOIA> A Patrulla Fiscal da Garda Civil de Noia procedeu á realización de varias inspeccións administrativas en distintos establecementos de Porto do Son e Noia. Netes locais interviron máis de 2.600 botellas de vidro e máis de 1.300 botes de Coca Cola por carecer da correspondente información ó consumidor en lingua oficial, sendo a súa posible orixe danesa ou francesa. Durante as inspeccións os axentes tamén se fixeron con 192 paquetes de tabaco de contrabando. Todo o material incautado foi precintado nos propios establecementos quedando a disposición da propia autoridade sancionadora.
  • Sardiñas aptas para tódolos petos na véspera da noite de San Xoán
    BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente.
HomeBARBANZA - NOIAA confraría de Noia agarda poder cobrar a indemnización pola extración de marisco con toxina en 2013 Top of Page

Síguenos en facebook