09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

EVASA e E-Monte premiadas como mellores iniciativas empresarias da provincia

Mai 15 Escrito por 
A CORUÑA> O certame, promovido pola Deputación da Coruña, pretende fomentar o emprendemento e potenciar as empresas coruñesas.
Representantes da vida política e empresarial de toda a provincia déronse cita este pasado venres na Finca Montesqueiro, en Oleiros, no acto de entrega de galardóns da I Edición dos Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais que promove a Deputación da Coruña. No certame, ó que se presentaron un total de 70 firmas, resultaron gañadoras a EVASA e E-Monte que recibiron cada unha delas un premio de 25 mil euros. A primeira delas, asentada no concello de As Pontes, foi galardoada coma a Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada. A outra empresa premiada foi a compostelá E-Monte, gañadora na categoría de empresas novas de menos dun ano de antigüidade. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a importancia destes premios, enmarcados no Plan de Emprego Local, que buscan fomentar o traballo e o esforzo emprendedor. O presidente do organismo provincial fixo alusión tamén á importancia de seguir apostando por este tipo de iniciativas que agarda poida medrar en recursos no exercicio presupostario do do ano que vén, mellorando as capacidades do sector empresarial de toda a provincia, tanto da empresa consolidada como tamén daquela de recente creación.

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O BNG presenta alegacións á suba do prezo da auga
    POBRA> O BNG da Pobra vén de presentar alegacións á suba da taxa do abastecemento da auga proposta pola empresa concesionaria. Os nacionalistas animan ós veciños que se opoñan a estes incrementos a que presenten tamén as súas emendas a título particular.
  • O alto prezo da volandeira está a salvar a campaña do bou de vara
    RIANXO> Aínda así as máis de trinta embarcacións que se dedican a esta arte no porto rianxeiro auguran que será unha campaña curta, debido á escasa presenza deste produto. Como en todo, cúmprese coa lei da oferta e da demanda. Ou isto é o que deben pensar os mariñeiros de Rianxo que se dedican ó ou bou de vara. A campaña desta arte, iniciada hai varias semanas está a resultar regular, debido ás escasas capturas, especialmente de peixe. A unica especie que está a manter un pouco o tirón é a volandeira, que acada en rula unha cotización máxima duns dez euros. Un prezo maior ó de anos anteriores. En Rianxo son ó redor dunhas 40 as embarcacións con permiso para dedicarse a esta arte, aínda que non todas elas deciden traballar nesta pescaría que ten na volandeira a principal especie de captura, seguido do choco e da nécora. Trátase dunha arte complicada, moi condicionada tamén polo tempo no mar. A maior parte do peixe e do marisco capturado do bou vai para o consumo en fresco, mentres que a maioría da volandeira vai destinada á conserva.
  • Mar defende o protocolo de resposta da Xunta ante a contaminación mariña
  • O Poboado da Igualdade fomenta a corresponsabilidade entre os escolares de Ribeira
    RIBEIRA> Ribeira conmemorará o Día contra a Violencia de Xénero cunha serie de actividades que buscan fomentar a igualdade dende a base. A maior parte das iniciativas están dirixidas a nenos aínda que tamén se oferta un curso de autodefensa para adultos.
  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • O BNG pide a retirada das especies invasoras na praia do Castro
    RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha moción solicitando a retirada das especies invasoras na praia do Castro, en Castiñeiras. Trátase dun ecosistema de gran valor pola súa biodiversidade, onde aniña a píllara papuda. A presenza de especies alóctonas vai en aumento no sistema dunar da praia do Castro en Castiñeiras. Chama a atención a proliferación de plantas invarosas como a unlla de gato ou o plumacho da pampa nunha contorna especialmente sensible onde aniña unha especie protexida como a píllara papuda. Os nacionalistas instan á concellería de Medio Ambiente a promover a retirada destas especies favorencendo ademais a implicación da cidadanía a través de campañas de sensibilización e actividades de voluntariado. Dende o BNG critican que se leven a cabo estas accións tan só na illa de Sálvora e no parque natural de Corrubedo polo que piden que se estendan ó resto do termo municipal.
HomeBARBANZA - NOIAEVASA e E-Monte premiadas como mellores iniciativas empresarias da provincia Top of Page

Síguenos en facebook