09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O CD Boiro estará un ano máis na 2ª B

Mai 15 Escrito por 
BOIRO> Os boirenses ertificaron onte domingo ante o Burgos a súa permanencia na categoría, vencendo con total claridade ó Burgos por cinco goles a un.
Nada máis asubiar o colexiado a fin do partido, xogadores e afección festexaron sobre o propio céspede de Barraña a permanencia na 2ª B. A ocasión non era para menos xa que, despois do gran esforzo realizado , fundamentalmente nas últimas xornadas , a salvación estaba garantida. O encontro de onte foi máis plácido do agardado, impoñéndose por un claro cinco a un ó seu rival, un Burgos que chegaba a Boiro tamén necesitado, pero que se diluíu coma un terrón de azucre ante a superioridade dos locais. A pesar do abultado do resultado final, o Boiro non conseguiría adiantarse no marcador ata o 47. Foi no tempo engadido da primeira metade, cando Rubén Rivera enviou ó fondo da portería burgalesa un lanzamento de falta lateral de Borja Yebra. Á volta dos vestiarios, o Boiro seguíu coa mesma dinámica de xogo, levando a iniciativa e buscando a presión alta na saída de balón do contrario. Nunha rápida transición ofensiva, no 55 chegaba o segundo tanto obra de Jorge García en propia meta. Dez minutos máis tarde, o Burgos metíase de novo no partido cun tanto de Chevi. O medo volvía a grada de Barraña que xa se cheiraba unha nova remontada visitante. Pero todo o contrario. Os de Fredi Álvarez seguiron apretando, aproveitándose dun novo tanto en propia meta do Burgos nun saque de esquina para facer o tres a un. O gol derrumbou ós casteláns-leones que viron como Cano en primeira instancia ó culminar unha contra, e posteriormente Pedro Beda, a centro de Marcos Álvarez, co tempo xa practicamente agotado, deixaban o marcador no 5-1 definitivo.
Etiquetado como Barbanza    Fútbol    Boiro    CD Boiro    2ªb    permanencia    burgos cf    campo municipal barrana   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O BNG presenta alegacións á suba do prezo da auga
    POBRA> O BNG da Pobra vén de presentar alegacións á suba da taxa do abastecemento da auga proposta pola empresa concesionaria. Os nacionalistas animan ós veciños que se opoñan a estes incrementos a que presenten tamén as súas emendas a título particular.
  • O alto prezo da volandeira está a salvar a campaña do bou de vara
    RIANXO> Aínda así as máis de trinta embarcacións que se dedican a esta arte no porto rianxeiro auguran que será unha campaña curta, debido á escasa presenza deste produto. Como en todo, cúmprese coa lei da oferta e da demanda. Ou isto é o que deben pensar os mariñeiros de Rianxo que se dedican ó ou bou de vara. A campaña desta arte, iniciada hai varias semanas está a resultar regular, debido ás escasas capturas, especialmente de peixe. A unica especie que está a manter un pouco o tirón é a volandeira, que acada en rula unha cotización máxima duns dez euros. Un prezo maior ó de anos anteriores. En Rianxo son ó redor dunhas 40 as embarcacións con permiso para dedicarse a esta arte, aínda que non todas elas deciden traballar nesta pescaría que ten na volandeira a principal especie de captura, seguido do choco e da nécora. Trátase dunha arte complicada, moi condicionada tamén polo tempo no mar. A maior parte do peixe e do marisco capturado do bou vai para o consumo en fresco, mentres que a maioría da volandeira vai destinada á conserva.
  • Mar defende o protocolo de resposta da Xunta ante a contaminación mariña
  • O Poboado da Igualdade fomenta a corresponsabilidade entre os escolares de Ribeira
    RIBEIRA> Ribeira conmemorará o Día contra a Violencia de Xénero cunha serie de actividades que buscan fomentar a igualdade dende a base. A maior parte das iniciativas están dirixidas a nenos aínda que tamén se oferta un curso de autodefensa para adultos.
  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • O BNG pide a retirada das especies invasoras na praia do Castro
    RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha moción solicitando a retirada das especies invasoras na praia do Castro, en Castiñeiras. Trátase dun ecosistema de gran valor pola súa biodiversidade, onde aniña a píllara papuda. A presenza de especies alóctonas vai en aumento no sistema dunar da praia do Castro en Castiñeiras. Chama a atención a proliferación de plantas invarosas como a unlla de gato ou o plumacho da pampa nunha contorna especialmente sensible onde aniña unha especie protexida como a píllara papuda. Os nacionalistas instan á concellería de Medio Ambiente a promover a retirada destas especies favorencendo ademais a implicación da cidadanía a través de campañas de sensibilización e actividades de voluntariado. Dende o BNG critican que se leven a cabo estas accións tan só na illa de Sálvora e no parque natural de Corrubedo polo que piden que se estendan ó resto do termo municipal.
HomeBARBANZA - NOIAO CD Boiro estará un ano máis na 2ª B Top of Page

Síguenos en facebook