• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Arranca a veda do polbo nunha campaña con excelente cotización

Mai 18 Escrito por 
RIBEIRA> Este venres iniciase a veda do polbo tras unha campaña máis que satisfactoria en capturas pero, sobre todo, en cotizacións. O prezo medio do quilo situouse en sete euros e medio acadando no que vai de ano unha facturación de máis dun millón de euros.
Este venres arranca a veda do polbo en augas galegas. As nasas deberán estar en terra a partir das catro da tarde, momento no que se poñerá punto e aparte a unha das mellores campañas dos últimos anos. O prezo medio situouse non sete euros e medio acandado unha facturación de máis dun millón cento setenta mil euros entre xaneiro e maio. Aínda que o número de quilos descargados foi menor que no mesmo periodo do ano anterior, o volume de vendas é practicamente o mesmo debido ás altas cotizacións acadadas na presente campaña. As expectativas de cara á reapetura trala veda, fixada para o día tres de xullo, son incluso mellores. Malia que a Federación Galega de Confrarías consensou con Mar unha veda de mes e medio no presente plan de explotación, o debate sobre a duración do paro segue a confrontar ás confrarías. Mentres en Ribeira son partidarios dunha veda curta, dun mes, noutros pósitos como Muros apostan por prolongar este periodo mesmo ata os tres meses para garantir a recuperación real do recurso. Á marxe destas discrepancias, o administrador da lonxa de Ribeira considera que xullo non é o mes máis acaído para a reapertura dado que o polbo non está no seu mellor momento.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    Marítima Pesca Marisqueo    Polbo   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAArranca a veda do polbo nunha campaña con excelente cotización Top of Page

Síguenos en facebook