09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Ramiro Carregal promove dúas das regatas máis destacadas do calendario galego

Mai 18 Escrito por 
SANTIAGO> Como cada ano, Santiago de Compostela foi o lugar escollido para presentar as dúas regatas promovidas polo empresario ribeirense, Ramiro Carregal. O 27 e 28 de maio desputarase o Gran Trofeo Faro de Corrubedo entre Portosín e Ribeira mentres que o día tres de xuño é a data escollida para a Regata Frinsa.
Os amantes da vela teñen unha cita ineludible o 27 e o 28 de maio. Esa fin de semana desputarase o Gran Trofeo Faro de Corrubedo – Regata Ramiro Carregal Rey, unha das competicións náuticas máis importantes de Galicia. A xornada do sábado desputarase a regata costeira, con saída este ano dende o Club Náutico de Portosín e navegación libre. O domingo terán lugar dúas probas técnicas barlovento – sotavento nas inmediacións do Náutico de Ribeira. A regata Frinsa, antigamente coñecida como Illa de Sávora, terá lugar un fin de semana despois. O día tres de xuño, ás doce do mediodía partirán do Náutico de Ribeira as embarcacións participantes. A directiva do Club agarda superar os corenta barcos que competiron na anterior edición. A organización estableceu tres recorridos alternativos de entre os que se escollerá o definitivo en función das condicións meteorolóxicas. Seguindo a Regata, o presidente de Frinsa disporá dous catamaráns para os convidados que desexen participar nesta tradicional cita náutica que se remonta xa hai dezasete anos cando unha casualidade converteuse na orixe desta proba deportiva.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    Deporte    Regata Ramiro CarregalTrofeo Faro de Corrubedo    frinsa   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Boiro Novo lamenta a perda de subvencións para a rehabilitación de espazos públicos
    BOIRO> Dende a formación sinalan que, ó contrario que Rianxo, o equipo de goberno deixou pasar a convocatoria beneficiarse das subvencións para a rehabilitación das escolas unitarias de Praia Xardín e destinalas a vivendas sociais. Por outra banda Boiro Novo tamén se referiu a dous acordos plenarios aprobados por unanimidade hai dous anos que buscaban a rehabilitación integral da rúa Principal e que a día de hoxe seguen no esquecemento pola incapacidade do equipo de goberno de xestionalos.
  • Rianxo destinará as vivendas dos mestres a situacións de emerxencia social
    RIANXO> O concello de Rianxo rehabilitará o primeiro bloque das antigas vivendas dos mestres para o seu uso social. Destinaranse a persoas en situación de emerxencia ou en risco de exclusión que poderán habitalas de xeito puntual, á espera doutro recurso para garantir o seu benestar.
  • O RC Deportivo asina un convenio coas escolas de fútbol de Boiro
    BOIRO> A escola de fútbol municipal de Boiro vén de asinar un acordo de colaboración co Deportivo da Coruña. No marco deste acordo, desenvolveranse accións formativas, competicións, campus e mesmo saídas para asistir ós partidos do primeiro equipo.
  • Ribeira acollerá este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo
    RIBEIRA> Na proba tomarán parte os mellores taekwondistas galegos que agardan poder obter praza para o Nacional. O pavillón municipal da Fieiteira converterase este sábado pola mañá no centro de tódalas miradas para os afeccionados ó taekwondo coa disputa do Campionato Galego Absoluto. A cita está organizada polo club anfitrión, o Natural Sport e a Federación Galega de Taekwondo, e conta coa colaboración do propio Concello. No campionato tomarán parte un total de 25 clubs, ó redor de cento vinte loitadores, que competirán en distintos pesos e categorías. Del sairán ademais os representantes galegos que acudirán ó nacional. O club anfitrión participará neste torneo con varios loitadores, agardando facer un bo papel e repetir os éxitos acadados en anos anteriores, aínda que nesta ocasión non van de favoritos. Dende o executivo local destacaron a importancia que ten para a localidade o feito de poder acoller este tipo de probas, animando ós veciños a acudir ese día ó pavillón municipal. Aproveitarase este campionato para dedicalo tamén ó rexeitamento da violencia de xénero.
  • O PP pide explicacións sobre os usos da antiga escola do Camiño Ancho
    POBRA> Os populares denuncian que está a ser empregada coma vivenda social sen aprobarse aínda un regulamento municipal sobre os seus usos. Despois de presentar a correspondente denuncia na Policía Local, na que se constata a veracidade dos feitos. O PP decidiu presentar no Concello un escrito no que lle solicita ó goberno municipal a autorización outorgada a esa persoa para o uso desa dependencia municipal ou se as instalacións cumpren cos requisitos legais para o seu uso coma vivenda. Dende o Concello quixeron aclarar esta situación. O alcalde confirmou de que non é a primeira vez que se dá, e en anteriores ocasións xa se acolleu a outros veciños sen recursos ou que estaban pasando por dificultades.
  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
HomeBARBANZA - NOIARamiro Carregal promove dúas das regatas máis destacadas do calendario galego Top of Page

Síguenos en facebook