• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A confraría de Noia retira catrocentos quilos de depredadores diariamente

Mai 19 Escrito por 
A confraría de Noia traballa dende o mes pasado na limpeza dos bancos marisqueiros. Retiran unha media de catrocentos quilos diarios de depredadores para protexer a abundante cría nas súas concesións. Ante as boas perspectivas, a intención do pósito é adiantar a apertura da campaña a principios de setembro.
Principalmente cangrexo, estrela de mar e corneta. Esta son as especies depredadoras que afectan ó marisco polo que a confraría se afana na súa retirada. Dous operarios traballan a reo para retirar unha media de catrocentos quilos diarios e garantir así a presenza de abundante marisco de talla comercial para a próxima campaña que previsiblemente abrirá en setembro. A intención da confraría, de cara ós meses de verán, é aumentar os controis nos areais incorporando dous vixilantes máis para evitar tamén a acción dos furtivos.
Etiquetado como Noia    MurosNoia    Confrarías    Marítima Pesca Marisqueo   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Noia converterase en Agosto na sede internacional da Arpa
    NOIA> Noia acollerá entre o dous e o catro de agosto o Festival Internacional de Arpa. Nesta cuarta edición destaca a alta participación de artistas locais que compartirán escenario coas máis grandes figuras internacionais nesta disciplina.
  • Os pantaláns de Cabo de Cruz estarán rematados en setembro
    BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar .
  • Oposición ó peche do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes
    OUTES> A comunidade educativa anuncia que non parará ata conseguir a anulación da medida por parte de Educación. Con berros coma este....a comunidade educativa do CEIP Emilio de Navasqüés de Outes oponse á decisión da consellería de Educación de pechar o centro para o vindeiro curso escolar. Unha decisión que ninguén agardaba e que mesmo os colleu por sorpresa, na véspera do inicio das vacacións. Visiblemente emocionada a directora do colexio, Mercedes Cereijo, relatáballe ó resto de profesores, pais, familiares e veciños en xeral, que esta mañá acudiron en masa ó colexio atendendo a chamada realizada pola ANPA, como foi o anuncio desa drástica decisión da Xefatura Territorial, abrindo as portas á fusión co outro colexio do Concello, o CEIP da Serra de Outes. Dende a ANPA non entenden as razóns que levan a Consellería a tomar esta decisión sen previo aviso, máxime cando hai prevista unha matricula duns 72 nenos para o curso que vén. Tampouco entenden que dende o Concello se mire para outro lado e non se respalden as súas reivindicacións. A súa idea é seguir mobilizándose ata conseguir que se anule esta medida que consideran inxusta. Ademais dos escritos remitidos á Consellería demandando un cambio de postura na súa decisión, unha das primeiras accións a realizar foi a recollida de sinaturas de xeito presencial e tamén a través da plataforma change.org.
  • A Garda Civil intervén preto dos mil litros de Coca-Cola en Noia
    NOIA> A Patrulla Fiscal da Garda Civil de Noia procedeu á realización de varias inspeccións administrativas en distintos establecementos de Porto do Son e Noia. Netes locais interviron máis de 2.600 botellas de vidro e máis de 1.300 botes de Coca Cola por carecer da correspondente información ó consumidor en lingua oficial, sendo a súa posible orixe danesa ou francesa. Durante as inspeccións os axentes tamén se fixeron con 192 paquetes de tabaco de contrabando. Todo o material incautado foi precintado nos propios establecementos quedando a disposición da propia autoridade sancionadora.
  • Sardiñas aptas para tódolos petos na véspera da noite de San Xoán
    BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente.
  • Leiceaga pide maior implicación da Xunta no deseño dun Plan de Xestión Marisqueira
    RIANXO> O voceiro do PSdeG-PSOE fixo esta mañá unha visita ós Lombos do Ulla, a onde acudiu en compaña de varios patróns maiores e representantes de Confrarías arousás para analizar a caída da produción nesta zona de libre marisqueo. No encontro mantido en Rianxo, Fernández Leiceaga aludiu tamén á necesidade de que se estremen os controis de contaminación na Ría e que se actualicen os estudos sobre a produtividade marisqueira na zona, xa que os últimos foron realizados hai xa quince anos. Máis duro se mostrou o patrón maior rianxeiro, Miguel Ángel Iglesias, quen xunto as patroas maiores de Vilanova e Cabo de Cruz, María José Vales e Raquel Soto, respectivamente, acompañou ó voceiro socialista na súa visita ós Lombos do Ulla. Iglesias reclamou actuacións urxentes para mellorar a produtividade dos Lombos e por extensión a de toda a Ría, da que viven moitas familias. O patrón maior rianxeiro lamentou tamén que a campaña do ano que vén vai estar condicionada pola escasa produtividade, polo que, segundo el, será novamente un ano perdido.
HomeBARBANZA - NOIAA confraría de Noia retira catrocentos quilos de depredadores diariamente Top of Page

Síguenos en facebook