• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Vox Ánima denuncia a agresión a un voluntario do colectivo animalista

Mai 19 Escrito por 
RIBEIRA> Un voluntario da asociación animalista Vox Ánima sufriu unha agresión cando viña de repartir material informativo nun colexio. Denuncia que os ocupantes dun vehículo lle tiraron unha botella con lixivia que impactou sobre el e o seu can.
A tensión vivida nas últimas semanas na comarca do Barbanza pola oposición dos colectivos animalistas á presenza dun circo que utiliza animais no seu espectáculo materializouse onte coa agresión sufrida por un voluntario de Vox Ánima. Afortunadamente, nin o home nin o seu can sufriron danos polo que non chegaron a presentar denuncia. Non teñen tampouco claro a autoría da agresión e se ten relación ou non coas protestas en contra da instalación do circo en Ribeira. Sen embargo, lonxe de amedrentarse por estes feitos, os voluntarios das distintas asociacións seguirán adiante coa súa campaña de concienciación en contra dos espectáculos con animais. Ademais do reparto de material informativo nos centros educativos, teñen convocada unha mobilización para este sábado ó carón das instalacións do circo en Ribeira.
Etiquetado como Ribeira    Barbanza    sucesos    vox anima    Animáis    Circo   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAVox Ánima denuncia a agresión a un voluntario do colectivo animalista Top of Page

Síguenos en facebook