• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Costas acometerá este ano o arranxo do paseo marítimo de Esteiro

Xun 08 Escrito por 
MUROS> Na actuación investirase ó redor dun millón de euros. Despois de numerosas solicitudes e tempos de agarda, que mesmo levou ó Concello a pechar a zona debido ó seu estado de deterioro, coa conseguinte perigo para os usuarios, a reforma do paseo marítimo de Esteiro será logo unha realidade. Segundo informou a voceira do grupo municipal do Partido Popular, Inés Monteagudo, a actuación iniciarase xa este ano, ou iso é o compromiso adquirido por parte do Goberno Central. Monteagudo, acompañada pola deputada no Congreso, Marta González, mantivo unha reunión en Madrid coa Directora Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, Raquel Orts, e co Subdirector Xeral para a Protección da Costa, Ángel Muñoz Cubillo, na que se comprometeron a acometer a dita mellora este mesmo ano, destinando a tal fin un orzamento duns 980 mil euros. A actuación permitirá a reposición do pavimento, mediante un material non perecedoiro e seguro para os viandantes.

Medios

Etiquetado como MurosNoia    Muros    Obras    arranxo    paseo maritimo esteiro    PP    Inés Monteagudo    demarcacion costas do estado    Mal Estado   
Modificado por última vez no Venres, 09 Xuño 2017 10:11

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Muros súmase á campaña 'En Negro' contra a violencia de xénero
    MUROS> O concello de Muros acollerá este venres unha concentración en contra da violencia de xénero enmarcada no programa dos Concellos en Negro.
  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • Chicote abrirá as II Xornadas do Berberecho de Noia
    NOIA> Alberto Chicote será o encargado de abrir as Xornadas de Exaltación do Berberecho que arrancan en Noia o próximo xoves. Ademais de visitar os bancos marisqueiros e a lonxa de Testal, o televisivo cociñeiro ofrecerá unha clase maxistral.
  • Serra do Barbanza penalizará a FCC polos incrupimentos na recollida do lixo
    MUROS> Os concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza contan cunha nova pá cargadora para a recollida de lixo. A adquisición deste vehículo, xunto ó alugueiro de tres camións, contribuirá a normalizar o servizos. Mentres tanto, a entidade acordou impoñer unha nova penalidade á empresa adxudicataria por unha serie de incumprimentos.
  • A mellora do paseo de Esteiro comezará esta semana
    MUROS> O Ministerio de Medio Ambiente iniciará esta semana as obras do paseo marítimo de Esteiro. A actuación, que supera os oitocentos mil euros, contempla a substitución de todo o pavimento e mobiliario urbano.
  • PSOE e PP cuestiona o plan de compostaxe do Goberno Local
    Pontevedra> Dende a oposición piden “sentidiño” ao Goberno Local á hora de realizar o seu plan de compostaxe no concello. Dende o PSOE din que hai moitas dúbidas sobre a mesa en relación a este plan. E pola súa banda, dende o PP, din que os composteiros non contan co permiso de residuos e polo tanto non compren a lexislación.
HomeBARBANZA - NOIACostas acometerá este ano o arranxo do paseo marítimo de Esteiro Top of Page

Síguenos en facebook